Skip to Content

Ano Académico 2015/16

DÍA DO LIBRO 2016

    

Marcapáxinas pola solidariedade

Cambiamos historias de vida

Fomentar a lectura e facelo unido a unha educación en valores é posible. Este 23 de abril, Día do Libro, propuxémonos que a creatividade do noso alumnado decorando estes magníficos marcapáxinas e recaudando nada menos que 1325 euros coa súa venda, axudara a marcar o cambio de rumbo de miles de historias.

Esta actividade permitiunos coñecer de cerca a realidade doutros nenos e nenas que viven situacións de inxustiza e ofreceunos unha ferramenta para contribuir a cambiar un pouquiño o final desas historias.

A recaudación dos fondos conseguidos será destinada aos programas de desenvolvemento e emerxencias que Save the Children ten para combatir a desnutrición infantil.

Foi moi emocionante ver a toda a Comunidade Educativa unida por unha mesma causa, que é intentar mellorar as condicións de vida de todos os nenos e nenas do mundo. Moitas grazas.

Aquí vos deixamos una mostra do traballo realizado, agardamos que vos guste !!!

 
 
                            

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE AS ABELLAS DE 3º

Samaín, Halloween

Diaños, cabazas, vampiros no Ceip Antonio Palacios.

Samain no colexio

Campaña para animar a comer pescado ao noso alumnado

 O noso colexio acolleu a presentación en Galicia da II Campaña de Promoción de Consumo de Pescado entre Escolares, "Pesquecoles", e polo tanto fomos nova nos distintos medios de comunicación. Nos seguintes enlaces tendes acceso a información.


Presentación pesquecoles

Distribuir contido


by Dr. Radut