Skip to Content

Deportivas

Neste recuncho irémosvos informando de todas as actividades i eventos deportivos que se celebren no colexio ou nos que participen algúns dos nosos pequenos campións.

ACROSPORT 6º

No seguinte enlace podedes ver as figuras que fixo o alumnado de 6º dentro do traballo que fixemos en relación co acrosport

Campo a través - 21 de xaneiro/1 febreiro 2020

 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS 1 DE FEBREIRO

 

Na mañá do sábado 1 de febreiro, celebråbase o Campionato Provincial de Campo a través, no parque de Castrelos, en Vigo.

O noso colexio, estivo moi ben representado por Paula, Antía, Ruth e Gabriel, que remataron moi ben as súas respectivas carreiras, competindo con grandes atletas da provincia. 

 

 

Agradecer ás familias a súa colaboración e moitos parabéns polo voso esforzo e resultado!

 

Clica no seguinte enlace para ver a estos auténticos deportistas

 

 

CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS 21 DE XANEIRO

Hoxe as nenas e nenos de 5°e 6° de primaria participaron no Campeonato zonal de Campo a través do programa XOGADE, celebrado en Vigo no Parque de Castrelos.

Xunto con outros colexios, os nosos atletas correron en diferentes probas: os de 5° percorreron unha distancia de 1000m e os de 6° completaron unha distancia de 1500m. 

Todos e todas remataron con éxito a proba e algúns incluso conseguiron clasificarse dentro do Top 10. Parabéns a tod@s e a seguir así de ben!

 

Clica neste enlace para ver as fotos do campeonato

 

 

 

 

ioga cos nenos e nenas de 2º

Desde a área de Educación Física, os nenos e nenas de 2º de Primaria, estamos practicando algunhas posturas de Ioga que nos axuden a mellorar a nosa flexibilidade.

Mirade que sabemos facer! 

 

GAÑADORES CONCURSO DEBUXO FUNDACIÓN CELTA

Parabéns para Gabriel Alves Martínez (3º B) e Eva Válcarcel Otero (6º B) que  resultaron gañadores do concurso de debuxos do Nadal convocado pola fundación do Celta de Vigo. Os seus debuxos foron tan orixinais que foron premiados cun abono anual.

Gañadores concurso Celta

Visita do Vigo Rugby Club

Algúns xogadores do equipo de división de honra "Vigo Rugby Club", xunto co seu adestrador Norm Maxwell (ex-xogador profesional e internacional coa selección de Nova Zelanda), visitaron o noso colexio para charlar cos alumnos de 5º e 6º. Este é o primerio ano que o equipo da cidade viguesa compite na máxima categoría do Rugby nacional, así faláronnos sobre a traxectoria do clube, os valores e o esforzo requerido para acadar o éxito, e achegáronnos unhas nocións básicas do funcionamento deste deporte. Pola súa parte, Norm relatou a grandes rasgos o que significa chegar a élite do ruby mundial coa selección de Nova Zelanda e como foi a parar no equipo de Vigo xa como adestrador.

Distribuir contido


by Dr. Radut