English

BLOGUE DE INGLÉS

A partires deste curso 2016-17 todos os contidos das clases de inglés e plástica poderedes atopalos no blogue de inglés do centro. Nel iremos engadindo actividades, xogos, vídeos e enlaces útiles relacionados coa aprendizaxe do inglés, así como fotos e información sobre as actividades que vaiamos levando a cabo.

 Aquí tedes o enlace ao mesmo: 

http://5littlepumpkinsblog.blogspot.com.es/

ACTIVIDADES NA CLASE DE INGLÉS

Como xa sabedes este ano contamos coa axuda de Clara, a nosa auxiliar de conversa americana, para as clases de inglés. Isto permite que ademáis de axudarnos a aprender a súa lingua tamén poidamos coñecer distintos aspectos do seu país e a súa cultura, algo que resulta moi enriquecedor. Así, neste segundo trimestre puidemos coñecer por exemplo información sobre algunhas das mulleres máis relevantes da historia dos Estados Unidos ou como se festexa a St Patrick's Day en Chicago. Tamén escribimos as nosas mensaxes para o Día da Paz e fixemos un mural no que contabamos a que se asemella o amor con motivo do Valentine's Day. Aquí tedes algunhas imaxes para ver o noso traballo:

 

Traballamos coa nosa auxiliar de conversa

Este curso, coma en anos anteriores, contamos no centro cunha auxiliar de conversa estadounidense. Neste caso chámase Clara e vén de Chicago. Durante o primeiro trimestre non só traballamos a comprensión e expresión en lingua inglesa, sobre todo de maneira oral, senón que tamén nos explicou moitas cousas sobre o seu país, como por exemplo como é a súa cidade ou en que consisten festividades coma Halloween, Thanksgiving Day, Christmas ou Hannukah. Aquí tedes algunhas imaxes do traballo que realizamos con ela. 

 

Distribuir contido