Skip to Content

2º Curso

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O día 5 de xuño conmemoramos o Día Mundial do Medio Ambiente, data establecida pola ONU para sensibilizar a poboación mundial en relación a temas ambientais.

Este ano Indía  é o país anfitrión e seu lema “Un planeta #SinContaminación por plásticos” e mediante diferentes propostas tentarán combatir a contaminación por plásticos dun so uso.

Os nenos e nenas de 1º e 2º non quixemos deixar de recordar esta data xa que levamos todo o curso traballando a educación ambiental.

A través de diferentes actividades aprendemos a reducir, reciclar e reutilizar o lixo ata converternos en auténticos Superheroes da Reciclaxe e coma merecido premio e aproveitando o Día Mundial do Medio Ambiente recibimos un diploma polo noso traballo.

 Se queredes ver un resumo das diferentes actividades que fixemos ao longo do curso clicade na imaxe.

VIAXE POLOS CASTELOS DE GALICIA

Os alumnos/as de 2º A no noso proxecto de  viaxes, facemos unha parada nos castelos de Galicia con creacións tan estupendas como o Super castelo que nos fixo Nico, e un gran traballo de todos os alumnos no que aprendimos moitísimas cousas.

APRENDEMOS XUNTOS

Para avanzar na súa viaxe de investigación ao espazo os nenos e nenas de 2º B pedíronlle axuda aos seus padriños de 6º B. Eles, sempre dispostos, explicáronlles o emprego de diferentes aplicacións de astronomía ao tempo que lles axudaban a entender a información máis complexa: galaxias, satélites, constelacións,... non nos quedou un recuncho por explorar, ata conectamos en vivo co Falcon Heavy para comprobar como ía a súa misión de transportar un coche ao espazo grazas a aportación dun dos alumnos de 6º

 

Pero o que queremos destacar desta actividade non son os coñecementos adquiridos, que tamén, senón o proceso de aprendizaxe que levaron a cabo, nenos ensinando a nenos, e nenos aprendendo de nenos, experiencias que de seguro serán as que lles permitirán progresar na vida e... chegar ata ao infinito e máis ala!

 

Grazas rapaces por unha clase tan estupenda na que os que máis aprendemos fomos os profes e disfrutade da vosa experiencia clicando na seguinte imaxe

OS NENOS E NENAS DE 2º PRIMARIA VIAXAN POLO MUNDO

Os nenos e nenas de 2º primaria están viaxando polo mundo e queren ensinarvos o que descubriron en Australia, na  India, África  en canto a linguas, culturas, .... Neste momento derón un salto e viaxaron polo espazo, non deixedes de ver as súas investigación no seguinte libro

 

Descubrindo o Sistema Solar

Traballando e disfrutando do Nadal

Receitas lambóns

 

Vídeo do Samaín do alumnado de 2º

Traballamos o Samaín

 Fotografía

 Aquí podedes ver a decoración que fixemos para recibir ao Samaííínn...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut