Skip to Content

Traballo alumnos/as

ENTREGA DE PREMIOS V CERTAME RELATOS CURTOS

 O alumnado de 4º e 5º participou no V concurso de relatos curtos organizado pola FANPA (Federación provincial de ANPA dos colexios públicos) en colaboración coa editorial Kalandraka. Tiñan que facer un relato orixinal escrito en galego que non superase as 300 palabras e ao cal se presentaron ao redor de 800 relatos. O día 30 tivo lugar a entrega dos premios: un libro co seu relato, un diploma, un libro e ademáis Sarai conseguiu o premio de participar nun taller de escritura organizado por escritores galegos. Na seguinte imaxe podedes ver a cara de: UxíaAlexSaraiNoeIrene e Paula de 5º e Rebeca de 4º

 

Enlace ao Faro de Vigo

 

TRABALLAMOS COS IPADS NAS AULAS

 

VÍDEOS ECOSISTEMAS
Despois de investigar e traballar os ecosistemas, cos  ipads e empregando a aplicación Puppet Edu crearon a súa propia lección onde explican os conceptos investigados.
 

FINALISTAS V CERTAME RELATO CURTO

 O alumnado de 4º e 5º participou no V concurso de relatos curtos organizado pola FANPA (Federación provincial de ANPA dos colexios públicos) en colaboración coa editorial Kalandraka. Tiñan que facer un relato orixinal escrito en galego que non superase as 300 palabras e ao cal se presentaron ao redor de 800 relatos. Queremos felicitar ao alumnado que conseguiu ser finalista e tamén aos outros xa que a calidade de todos os relatos foi extraordinaria. 

Os nenos e nenas finalistas son: Uxía, Alex, Sarai, Noe, Irene e Paula de 5º e Rebeca de 4º que deberán acudir ao acto de entrega de premios o 30 de maio no Auditorio do Pazo da Cultura en Pontevedra 

REPORTAXE TVGA SOBRE USO IPADS

Neste vídeo podemos ver un fragmento da reportaxe emitida no programa  ACTUALIZADOS emitido pola TVGA no que saen os nenos e nenas do noso colexio creando distintas historias coa aplicación Creatales que teñen instaladas nos ipads, os cales levamos integrando no centro dende hai varios anos. Podemos ver a creatividade do alumnado para realizar historias interactuando coa súa aprendizaxe por medio dos ipads

 

 

Presentacións sobre a MATERIA

 

 

Traballo materia    Marteria

Apadriñamentos lectores

O pasado Durante este ano os nenos e nenas de 1º A e 5º A participaron no apadriñamento lector, no que os maiores ensinaban a ler aos máis pequenos. A experiencia foi todo un éxito e houbo un clima de compañerismo fantástico e o resultado foi que moitos nenos aprenderon a ler e terminaron lendo aos maiores. De toda esta experiencia fixemos un vídeo con reflexións do traballo feito elaborados polo alumnado participante. 

 

Entrega premios III Certame Relato Curto

O pasado día 27 de maio tivo lugar a entrega de premios do III Certame de Relato Curto. As nosas alumnas Aroa Alonso González co seu relato O boneco máxico e Lucía Rodríguez Otero con relato As notas foron agasalladas co libro onde se publican os seus contos xunto cos outros 100 finalistas e os gañadores das distintas categorias. Ademáis contaron coa sorpresa de que o seu libro foi asinado pola escritora Fina Casalderrey que estivo moi cariñosa con todos os participantes. A continuación podedes ver unhas fotos do acto

 

 

Finalistas III CERTAME de relato curto

O outro día chegou ao centro a nova de que dúas rapazas de 5º son finalistas do III Certame de Relato Curto de 800 relatos presentados e optan a gañar o premio final. As afortunadas son: Aroa Alonso González co seu relato O boneco máxico e Lucía Rodríguez Otero con relato As notas.  Están convidadas, xunto coas súas familias ao acto o día 27 de maio en Pontevedra.

Certame relatos curtos

A continuación podedes ver relatos doutros nenos e nenas da clase que presentaron os seus traballos e como podedes comprobar son verdadeiros escritores

Noraboa para todos

 

 

Traballando co ipad: Puppet Edu

Nuestros relatos

 
Distribuir contido


by Dr. Radut