DO MAR A MESA.

 

A etapa de EDUCACIÓN INFANTIL xunto co 2ºCURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA, participan no programa ALIMENTATE BEN da Consellería de Educación en colaboración coa Consellería de medio rural e Consellería do mar.

A modalidade escollida en infantilI é “Ponlle as pilas ao teu bocata” e no 2º curso “O sabor da aventura está no mar”. Ambas modalidades teñen por obxectivo dar a coñecer as múltiples virtudes de consumir peixes nas súas diversas  variedades: fresco, conxelado ou en conserva.

 No primeiro trimestre fixemos as seguintes actividades:

  •    Mandamos un cuestionario ás familias e así obtivemos información cuxo obxectivo era coñecer o consumo de peixe e conservas do mar.
  •     Elaboráronse gráficas nas que se reflexan  os resultados das enquisas.
  •    Coa colaboración das familias fixemos una exposición de conservas do mar no corredor do colexio, indicando os diferentes tipos de” bocatas” que se podían preparar.
  •    Na campaña de Nadal fíxose unha doación a cáritas da totalidade das conservas. Comemos "ricos bocatas" de atún, sardiñas, mexillóns,...

·     

 
 
 
 
 

 Seguimos a traballar no proxecto  e durante este segundo trimestre fixemos moitas actividades que podedes ver no seguinte vídeo  Que sorte tivemos !! No comedor do colexio vimos uns polbos que tiñan unha pinta riquísima. Ó chegar á clase fixemos unha obra de arte... que bonito quedou octopus!!!!

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA O CURSO 2017/2018

 

Co fin de dar a coñocer as instalacións e servizos do noso centro e recibir a información que se precise respecto ao proceso de matriculación de cara ao curso 2017/ 2018, o martes día 21, as 16:00 horas celebraremos unha xornada de portas abertas.

XORNADA PORTAS ABERTAS

CÓXEGAS AO CORAZÓN

 Os nenos e nenas de infantil queremos facerlle" cóxegas ao corazón".

Escribimos palabras  e debuxamos cousas que fan que o noso corazón nunca deixe de sorir.

Tamén fixemos "MARMELADA DE FELICIDADE".

INGREDIENTES:educación, respeto, abrazos ,sorisos, beixos....

PREPARACIÓN:mesturar todo e" comer" tódolos días.

Bo proveito!

Desexamos que todos os días sexan o DÍA DA PAZ

 

GAÑADORES CONCURSO DEBUXO FUNDACIÓN CELTA

Parabéns para Gabriel Alves Martínez (3º B) e Eva Válcarcel Otero (6º B) que  resultaron gañadores do concurso de debuxos do Nadal convocado pola fundación do Celta de Vigo. Os seus debuxos foron tan orixinais que foron premiados cun abono anual.

Gañadores concurso Celta

Día Internacional da persoas con discapacidade

O alumnado participou nunha pequena andaina apoiando a iniciativa de ACEESCA conmemorando o día internacional das persoas con discapacidade.

CURSO ALFABETIZACIÓN DIXITAL

Durante o mes de Outubro estivemos celebrando no centro o curso de alfabetización dixital para as familias do nos alumnado e na que tratamos temas coma:Navegación na rede, plataforma edixgal e recursos para as familias e navegamos con seguridade na rede. Queremos dar as gracias a todas as familias pola súa participación e interese nesta actividade xa que foi moi enriquecedora para todos.

 

Distribuir contido