Skip to Content

AXUDA BOLSAS COMEDOR

Estimadas familias

         A Consellería de Educación publicou a orde do 27 de marzo de 2020 polo que se establecen axudas as familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar, durante a situación de suspensión dos servizo de comedor escolar como consecuencia do COVID-19

  •    TEMPO DA AXUDA
    • 9 días lectivos,  correspondente aos primeiros 14 días naturais de suspensión acordados polo Consello da Xunta
    • 5 días lectivos: correspondente aos 15 días de prórroga da suspensión
      •   2 días lectivos do mes de marzo
      • 3 días lectivos do mes de abril ata o comezo das vacacións de Semana Santa
  •   BENEFICIARIOS
    • Comensal gratuíto (o euros)
    • Comensal semigratuíto (1 euro)
  • CUANTÍA A ABONAR
    • 2,50 euros por día, no caso de gratuidade total
    •  1,50 euros por días, no caso de satisfacer 1 euro
  •    SOLICITUDES
    • Por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica  (acceso directo)
      •  (https://sede.xunta.gal) (certificado dixital, dni electrónico, chave 365,...Neste caso introducir código: ED601B
    • En caso de non poder facelo así, e acreditado , levaremos nós a cabo os trámites. Para iso enviade un correo ao centro, indicando AXUDAS COMEDOR, a esta direcciónceip.antonio.palacios@edu.xunta.es  cos seguintes datos:
      • Datos do representante: DNI, nome e apelidos do representante do alumno/a
      • Datos do alumno/a: Nome, apelidos e curso do alumno/a
      • Indicar si é gratuíto ou paga 1 euro
      • Número da conta bancaria na que quere recibir a axuda
    • A solicitude será única por familia e incluirá a totalidad das fillas e fillos que sexan comensais e reúnan os requisitos
  • PRAZO
    • Do 31 de marzo ao 6 de abril ambos incluídos
  • Acceso a orde      

        



page | by Dr. Radut