Skip to Content

Campo a través - 21 de xaneiro/1 febreiro 2020

 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS 1 DE FEBREIRO

 

Na mañá do sábado 1 de febreiro, celebråbase o Campionato Provincial de Campo a través, no parque de Castrelos, en Vigo.

O noso colexio, estivo moi ben representado por Paula, Antía, Ruth e Gabriel, que remataron moi ben as súas respectivas carreiras, competindo con grandes atletas da provincia. 

 

 

Agradecer ás familias a súa colaboración e moitos parabéns polo voso esforzo e resultado!

 

Clica no seguinte enlace para ver a estos auténticos deportistas

 

 

CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS 21 DE XANEIRO

Hoxe as nenas e nenos de 5°e 6° de primaria participaron no Campeonato zonal de Campo a través do programa XOGADE, celebrado en Vigo no Parque de Castrelos.

Xunto con outros colexios, os nosos atletas correron en diferentes probas: os de 5° percorreron unha distancia de 1000m e os de 6° completaron unha distancia de 1500m. 

Todos e todas remataron con éxito a proba e algúns incluso conseguiron clasificarse dentro do Top 10. Parabéns a tod@s e a seguir así de ben!

 

Clica neste enlace para ver as fotos do campeonato

 

 

 

 



page | by Dr. Radut