Skip to Content

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro conmemoramos "O día da Paz e non violencia" e aínda que o traballamos todo o curso non está de máis continuar a insitir no tema.

Este ano o proxecto de centro ten o fío condutor das viaxes e o que fixemos foi facer unha "viaxe" ata Ágrica e poñernos na pel dos nenos e nenas que viven alí. Coñecemos a historia de Mireille e descubrimos que é ser un refuxiado por ter que fuxir por mor da guerra.

Sabemos que temos que estar agradecidos, temos moita sorte de vivir nun país en paz e para recordalo aprendemos a canción "Quero verte libre" e cantámola todos xuntos no patio

Tamén reflexionamos sobre o importante que é que todos tentemos manter a paz nas nosas aulas e sexamos bos compañeiros, por iso quixemos facer un recoñecemento aos noso compañeiros que colaboran con pequenos xestos, os nosos premiados con Nobel Palacios! Clicando na imaxe tendes acceso as fotos

 

 



page | by Dr. Radut