Skip to Content

DO MAR A MESA.

 

A etapa de EDUCACIÓN INFANTIL xunto co 2ºCURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA, participan no programa ALIMENTATE BEN da Consellería de Educación en colaboración coa Consellería de medio rural e Consellería do mar.

A modalidade escollida en infantilI é “Ponlle as pilas ao teu bocata” e no 2º curso “O sabor da aventura está no mar”. Ambas modalidades teñen por obxectivo dar a coñecer as múltiples virtudes de consumir peixes nas súas diversas  variedades: fresco, conxelado ou en conserva.

 No primeiro trimestre fixemos as seguintes actividades:

  •    Mandamos un cuestionario ás familias e así obtivemos información cuxo obxectivo era coñecer o consumo de peixe e conservas do mar.
  •     Elaboráronse gráficas nas que se reflexan  os resultados das enquisas.
  •    Coa colaboración das familias fixemos una exposición de conservas do mar no corredor do colexio, indicando os diferentes tipos de” bocatas” que se podían preparar.
  •    Na campaña de Nadal fíxose unha doación a cáritas da totalidade das conservas. Comemos "ricos bocatas" de atún, sardiñas, mexillóns,...

·     

 
 
 
 
 

 Seguimos a traballar no proxecto  e durante este segundo trimestre fixemos moitas actividades que podedes ver no seguinte vídeo  Que sorte tivemos !! No comedor do colexio vimos uns polbos que tiñan unha pinta riquísima. Ó chegar á clase fixemos unha obra de arte... que bonito quedou octopus!!!!



page | by Dr. Radut