Skip to Content

Aquel vello cole de Torneiros...

Agora que as obras do novo cole están xa tan avanzadas, cómpre recoller para a nosa lembranza as imaxes do que durante corenta anos foron as instalacións do CEIP Antonio Palacios. O noso alumno de 4º de Primaria, Pablo Otero Sales, quixo inmortalizar a súa visión da nosa vella escola, neste magnífico debuxo. Apesares de agardar con degoiro o novo colexio, non podemos evitar que agrome en nós un pequeno sentimento de tristura ao saber que o vello cole pasará á historia, cando sexa derrubado para dar cabida aos novos patios.

 



blog | by Dr. Radut