Novas

INFORMACIÓN EDIXGAL FAMILIAS 5ºe 6º CURSO PRIMARIA 23-24 do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ.

INFORMACIÓN EDIXGAL CURSO 23-24 PARA FAMILIAS DO CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ.

Servizo de SOPORTE PREMIUM (24h/7 días semana):

  • Teléfono: 881 86 99 00
  • Email: soporte.premium@edu.xunta.gal
  • Enderezo Web xestionar ALTA ou RENOVACIÓN: https://coberturasir.plexus.es/user-computer-list

 

Teléfono Seguro PC: Cobertura SIR PLEXIUS  tlfno:881 505 136  ou no correo electrónico coberturasir@plexus.es

 

* Manual para darse de alta no seguro e ou renovar a cobertura  http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipantonioinsua/system/files/ManualCoberturaSIR_Familias_es_23-24.pdf

 

Ligazón Información Familias EDIXGAL :  https://espazoabalar.edu.xunta.gal/e-dixgal/informacion-para-familias

 

PROXECTO EDIXGAL 

Nace no 2010 como unha resposta á demanda de dixitalización da sociedade moderna e a fonte sociolóxica do curriculo trata de adaptarse a esta necesidade.

Este Proxecto porciona:

  • Equipamento e conectividade; Kit dixital de aulas , Canón, PDI, PC aula, Rede wifi co centro, servicio Premium de asesoramento
  • Contidos educativos dixitais. Varias editoriais, base de datos colaborativa de contidos didácticos por etapas e áreas de coñecemento. entorno Moodle de individualización e personalización do ensino
  • Accións de formación e difusión para docentes e familias. Formación para mestres a través de seminarios, grupos de traballo e Proxectos de Formación do Permanente do Profesorado.
  • Canles de participación a través de espazos web e apps. A través da Plataforma e app de Abalar móvil e a través da propia aula virtual coa que se pode seguir a formación dos nosos fillos.

 

 

Este curso en 5º de Primaria os vosos nenos e nenas estarán moi contentos con esos portátiles novos que están a espera de repartirse nestes 15 días de comezo de curso. Algún destes portátiles do Programa que inclúe pantalla táctil, lapis dixital, cargador e bolsa de transporte acolchada.

 

 

Vouvos deixar un folleto en PDF que explican varios aspectos do proxecto. LEDE CON ESPECIAL CALMA O FOLLETO DE INFORMACIÓN PARA FAMILIAS.

 Logo asistir á presentación nauala o primeiro día e ler con calma o Folleto de Información para Familias, podedes consultar calquera dúbida conmigo a través das canles que van na mensaxe ABALAR e tratarei de resolvelas o mellor que saiba.

  

 

ASPECTOS MÁIS IMPORTANTES A TER EN CONTA

Nesta semanas de setembro asignaremos os portátiles a cada neno e xerarase un DOCUMENTO CONTRATO PERSONALIZADO DE CESIÓN cun número de serie e alumno/a asignado, que deberá vir asinado pola familia que será a responsable. Sen documento non se entrega portátil.

Modelo xenérico non personalizado de Contrato de cesión.

O Portatil, cargador, lápis e bolsa CÉDENSE ao alumnado e as FAMILIAS responderán dos danos, perda ou rotura de calquera dos elementos en cesión, deberán devolverse no mesmo estado de funcionamento e aspecto que tiñan á entrega.

 Os nenos terán os libros libros de texto de tódalas áreas de coñecemento no portátil, serán accesibles para as familias e tódolos días o pc irá para casa e deberanse responsabilizar de traelo cargado ao día seguinte.

 

Terán acceso a unha plataforma dixital de contidos similar á AULA VIRTUAL, chamada EVA (Entorno Virtual de Aprendizaxe) moi completa, con contidos elaborados por varias editoriais: NETEX, EDEBÉ , AULA PLANETA, PEARSON...

 

O ordenador na Aula terá acceso a Internet automático, na casa pode traballarse con e sen wifi. vinculando á rede da casa e introducindo o contrasinal da vosa rede WIFI.

 

Deberiades pensar seriamente na posibilidade/necesidade de contratar un SEGURO voluntario de 49€, que protexa sobre accidentes que non entran na garantía normal do aparato. Pensade que a reparación dunha pantaia táctil rota pode supoñer sobre uns 400€. unha esquina da parte inferior supón uns 90 €... E sede conscientes ademais que o seguro da consellería non cubre: perda, roubo ou o lápis e a punta do mesmo. A CONSELLERÍA  cubre a oferta que as compañías de seguros evitan ao ser unha cesión, non sodes propietarios e non queren asegurar. Ofrece o servizo exclusivamente ao alumnado cunha póliza anual que se contrata a través do teléfono 881 505 136. e na plataforma coverturasir  Valorade vós a vosa mellor opción. Pagar 49€ e que non pase nada é unha perda de cartos, pero arranxar unha carcasa, unha pantaia táctil supera con moito esa inversión e este curso non temos o custo dos libros. O curso pasado xestionamos 8 roturas de pc´s por golpes ou accidentes e a maioría repuxéronse sen custo para as familias afectadas por estaren aseguradas.

 

Nos equipos non se pode modificar nin instalar ningún programa externo e os equipos non se poden compartir ou prestar a terceiras persoas.

 

Ao final de 6º curso , no momento que se trasladen a outro centro ou cando se lle pida polo coordinador EDIXGAL, estes ordenadores    devolveranse ao centro para revisión e actualización por técnicos de Edixgal, o alumnado en 6º curso cando remate a cesión debe responsabilizarse por contrato a devolver o pc. cargador, lápis e bolsa en igual estado que se lle entregou.  

  

SERVICIO DE ASISTENCIA INFORMÁTICA:  Existe un SERVICIO PREMIUM  EDIXGAL, 24 horas de luns a domingo, para resolver problemas informáticos por estas catro vías:   

  •  A través do teléfono     881 86 99 00.
  • O correo electrónico    soporte.premium@edu.xunta.gal
  • WhatsApp 604 06 78 56
  • Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal

 

IDE GARDANDO ESTES CONTACTOS NOS VOSOS CONTACTOS.

 

O Coordinador Edixgal do Insua Bermúdez: Jesús Manuel Fernández Abuín.

ELECCIÓNS RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DOS REPRESENTANTES DO CONSELLO ESCOLAR 

 

 

 

 

TRABALLAMOS OS OBXECTIVOS DESDE A CASA E O CENTRO.

Esta actividade para levar a cabo na casa e no centro educativo é moi útil para implementar hábitos. Por exemplo, se temos como obxectivo que o noso fillo/a recolla a súa habitación, faremos un seguimento diario (arrodeando a imaxe correspondente), cando xa se consiga durante o tempo considerado (unha semana, unha quincena) reforzaremos recordándolle que é capaz de conseguir o proposto con intención. Para descargalo, podes ir aos archivos adxuntos.

 

 

TRABALLAMOS OS OBXECTIVOS

INFORMACIÓN EDIXGAL FAMILIAS 5º CURSO PRIMARIA 21-22 do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

Ola, FAMILIAS do INSUA BERMÚDEZ no Curso Escolar 2021-22.

Son Suso, o coordinador de EDIXGAL no Insua Bermúdez. 

O COVID-19 provocou que este comunicado, igual que o do curso pasado, substitúa á tradicional reunión presencial de familias de 5º curso inmersas no proxecto EDIXGAL.

O primeiro que notáchedes foi que este curso en 5º de Primaria non vai haber libros  de texto en mochilas repletas. E ademaís seguro que os vosos nenos e nenas estarán moi contentos con esos portátiles novos que están a espera de repartirse nestes 15 días de comezo de curso.

Vouvos deixar uns videos e un folleto en PDF que explican varios aspectos do proxecto. LEDE CON ESPECIAL CALMA O FOLLETO DE INFORMACIÓN PARA FAMILIAS.

Logo de ver os videos e ler con calma o Folleto de Información para Familias, podedes consultar calquera dúbida conmigo a través das canles que van na mensaxe ABALAR e tratarei de resolvelas o mellor que saiba.

 

ASPECTOS MÁIS IMPORTANTES A TER EN CONTA

  • Nesta semanas de setembro asignaremos os portátiles a cada neno e xerarase un DOCUMENTO PERSONALIZADO DE CESIÓN, que deberá vir asinado pola familia que será a responsable. Sen documento non se entrega portátil.
  • O Portatil, cargador, lápis e bolsa CÉDENSE ao alumnado e as FAMILIAS responderán dos danos, perda ou rotura de calquera dos elementos en cesión, deberán devolverse no mesmo estado de funcionamento e aspecto que tiñan á entrega.
  • Os nenos terán os libros libros de texto no portátil, tódolos días irá para casa e deberanse responsabilizar de traelo cargado ao día seguinte.
  • Terán acceso a unha plataforma dixital de contidos similar á AULA VIRTUAL, chamada EVA (Entorno Virtual de Aprendizaxe) moi completa, con contidos elaborados por varias editoriais: NETEX, EDEBÉ , AULA PLANETA, PEARSON...
  • O ordenador na Aula terá acceso a Internet automático, na casa pode traballarse con e sen wifi, co modo "off line" (sen internet), especial para sitios con problemas de conexión.
  • Deberiades pensar na posibilidade/necesidade de contratar un SEGURO, que protexa sobre accidentes que non entran na garantía normal do aparato. Ben sexa coa vosa compañía de seguros familiar ou coa que oferta a Consellaría.  Pensade que a reparación dunha pantaia rota pode supoñer sobre uns 400€. E sede conscientes ademais que o seguro da consellería non cubre : perda, roubo ou o lápis e a punta do mesmo.
    • A CONSELLERÍA  ofrece soamente ao alumnado unha póliza cun custe anual de 49 € (I.V.E. incluído), e a súa contratación pode realizarse a través do teléfono 881 505 136. no folleto tendes máis información e chamando ao servicio premium consultades as dúbidas sobre este tema. Valorade vós a vosa mellor opción xa sexa con EDIXGAL ou con outra aseguradora.
  • Nos equipos non se pode instalar ningún programa externo e os equipos non se poden compartir ou prestar a terceiras persoas.
  • Ao final de 5º e 6º curso os ordenadores devolveranse ao centro para revisión e actualización por técnicos de Edixgal, o alumnado en 6º curso voltará recoller o mesmo ordenador ata fin de sexto, momento no que rematará a cesión e a responsabilidade das familias sobre o portátil devolvendo pc. cargador, lápis e bosa. 

 

  • SERVICIO DE ASISTENCIA INFORMÁTICA:  Existe un SERVICIO PREMIUM  EDIXGAL, 24 horas de luns a domingo, para resolver problemas informáticos por estas catro vías:   
    1. A través do teléfono     881 86 99 00.
    2. O correo electrónico    soporte.premium@edu.xunta.es
    3. WhatsApp 604 06 78 56
    4. Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal

 IDE GARDANDO ESTES CONTACTOS NOS VOSOS CONTACTOS.

 

Deixovos nesta entrada da web uns VIDEOS EXPLICATIVOS sobre EDIXGAL e o FOLLETO INFORMATIVO edixgal para as FAMILIAS. (<= Clicade para descargar)

 

 

 

 

 

 

DARSE DE ALTA NA ANPA DO INSUA BERMÚDEZ

FICHA DE SOCIO DA ANPA DO CEIP A. INSUA BERMÚDEZ    Descargar o documento aquí en PDF.

Facerse socio supón unha soa cota ó ano que inclúe: 20 € por familia de cota mais 8 € de seguro de accidentes colectivo por cada neno  matriculado neste colexio.  Cubrir, en letras maiúsculas, unha soa ficha por familia. A cota de socio inclúe toda a familia polo tanto, as familias que son socios da ANPA CEIP A. Insua Bermúdez  e que teñen irmáns na Escola Infantil, poden anotar tamén eses nenos ás actividades que ofertamos neste colexio. Iso si, é imprescindible pagar a cota do seguro de accidente colectivo para eses nenos. Poderán participar en todas as actividades que se vaian ofertando ó longo do curso (actividades, festas, xornadas…)

Datos dos pais:

Apelidos pai/titor:___________________________________________Nome:_______________ D.N.I.:____________________

Apelidos nai/titora:__________________________________________Nome:_______________ D.N.I.:____________________

Enderezo:

Rúa:____________________________________________________Nº:___________           Piso:_________Porta:_______________

Cód. Postal:________ Concello:_____________ Tfno fixo:______________ Tlfno. móbil:_________________________________

Datos do alumno:

Apelidos e nome:______________________________________________________________ Curso:______ Grupo: __________

Apelidos e nome:______________________________________________________________ Curso:______ Grupo: __________

Apelidos e nome:______________________________________________________________ Curso:______ Grupo: __________

 

Sinatura do pai/nai/titor:________________________________

 

DOMICILIACIÓN BANCARIA                                                                           A.N.P.A  CEIP. “A. Insua Bermúdez” de  Vilalba.

Nome do titular da conta: ______________________________________________D.N.I.:__________________

Estimados señores:

Rógolles a vostedes se sirvan  atender con cargo á miña conta os recibos que bimestralmente lles sexan emitidos pola A.N.P.A. do  CEIP A. Insua Bermúdez facilitándolles ó efecto os datos necesarios para a correcta domiciliación bancaria.

NOME DA ENTIDADE  

 

IBAN

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vilalba, a ___ de setembro de2017.                              Sinatura do titular da conta:_________________________

_________________________________________________________________________________________________________

AUTORIZACIÓN DE IMAXE

Eu___________________________________________________ con DNI.:__________________ autorizo á ANPA CEIP A. Insua Bermúdez  a recoller imaxes de fotografía e vídeo dos meus fillos durante as diferentes actividades que se levan a cabo ó longo do curso. Estas poderán ser publicadas na prensa local, na páxina web do colexio e nas redes sociais da ANPA. Se nalgún momento quero retirar o meu consentimento fareillo saber a calquera membro da directiva. Correo: anpainsua@gmail.com Tlfnos.: 697 190 473 ou 630 311 027

 

Vilalba, a ___de setembro de 2017                                               Sinatura:__________________________

De acordo co establecido pola normativa vixente en materia de protección de datos, informámoslle de que o Responsable de Tratamento dos seus datos persoais é ANPA CEIP ANTONIO INSUA BERMUDEZ con dirección RÚA CUART DE POBLET S/N 27800 VILALBA (LUGO)

Os datos serán utilizados para prestarlle o servizo solicitado e a xestión administrativa derivada da prestación do servizo. Os datos non se cederán a terceiros, salvo por obriga legal.

Ten vostede dereito a acceder, rectificar ou suprimir os datos erróneos, solicitar a limitación do tratamento dos seus datos así como opoñerse ou retirar o consentimento en calquera momento e solicitar a portabilidade dos mesmos en calquera momento. Para iso,  ANPA CEIP ANTONIO INSUA BERMUDEZ  dispón de formularios específicos para facilitarlle o exercicio dos seus dereitos. Pode presentar a súa propia solicitude ou solicitar os nosos formularios, sempre acompañados dunha copia do seu DNI para acreditar a súa identidade.

 

Pode consultar a información adicional y detallada sobre Protección de Datos solicitándoa por correo electrónico: anpainsua@gmail.com.

 

 

DESCARGA A FICHA DE SOCIOS EN PDF

ACTIVIDADE DOS COXÍNS

COMO CALCAR O DEBUXO NA TELA DO COXÍN:

 

MATERIAIS NECESARIOS:

-         Papel calca

-         Fotocopia da portada do libro

-         Tela do coxín

-         Imperdibles

INSTRUCCIÓNS:

-         Collemos a fotocopia da portada do libro, colocamos o papel calca debaixo e despois a tea do coxín.

-         Colocamos uns imperdibles para que non se mova o debuxo.

-         Comezamos a calcar con lapis o debuxo da fotocopia para que quede no coxín debuxado.

-         ¡E xa está listo para pintar!

TRUCO: Non esquezas antes de pintar colocar un cartón pola parte interior do coxín, para que non traspase a pintura.

LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO DE LIBROS

FONDO SOLIDARIO 2015-2016

 

PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADXUDICACIÓN DE LOTES DE LIBROS DE TEXTO DE 3º E 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA O VINDEIRO CURSO 2015/16.

 

ACLARACIÓNS:

  • 1º.- Nesta listaxe non figuran adxudicados 33 libros de Matemáticas e 32 libros de C. do medio, polo que na relación definitiva deberán de figurar adxudicados aos alumnos/as deste curso (5º de Ed. primaria). 
  • 2º.- Para 5º curso non debería de haber ningún problema, pois temos no centro lotes suficientes.
  • 3º.- Para 3º curso temos oficialmente recollidos trece lotes de libros, pero a ANPA e os pais/nais a título particular coidamos poder entregar a cada neno/a o seu lote.
  • 4º.- O prazo de reclamacións a esta lista provisional, remata mañá día 10 de xullo.
  • 5º.- A listaxe provisional destes lotes adxudicados figuran na nosa páxina web.

 Prema na imaxe ou nas ligazóns para acceder ao documento pdf da listaxe provisional de lotes adxudicados.

 

 

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS DE 5º PRIMARIA DO PROXECTO EDIXGAL

Ola, FAMILIAS!

Son Suso, o coordinador de EDIXGAL no Insua Bermúdez. 

O COVID-19 provoca que este comunicado substitúa á tradicional reunión presencial de familias de 5º curso inmersas no proxecto EDIXGAL.

O primeiro que notáchedes foi que este curso en 5º de Primaria non vai haber libros  de texto en mochilas repletas. E ademaís seguro que os vosos nenos e nenas estarán moi contentos con esos portátiles novos que están a espera de repartirse nestes 15 días de comezo de curso.

Vouvos deixar uns videos e un folleto en PDF que explican varios aspectos do proxecto. LEDE CON ESPECIAL CALMA O FOLLETO DE INFORMACIÓN PARA FAMILIAS.

Logo de ver os videos e ler con calma o Folleto de Información para Familias, podedes consultar calquera dúbida conmigo a través das canles que van na mensaxe ABALAR e tratarei de resolvelas o mellor que saiba.

 

ASPECTOS MÁIS IMPORTANTES A TER EN CONTA

  • Nas últimas semanas de setembro asignarase un portátil a cada neno e xerarase un DOCUMENTO PERSONALIZADO DE CESIÓN, que deberá vir asinado pola familia que será a responsable. Sen documento non se entrega portátil.
  • Os nenos terán os libros libros de texto no portátil, tódolos días irá para casa e deberanse responsabilizar de traelo cargado ao día seguinte.
  • Terán acceso a unha plataforma dixital de contidos similar á AULA VIRTUAL pero máis completa e mellor deseñada, con contidos elaborados por varias editoriais: NETEX, EDEBÉ , AULA PLANETA, PEARSON...
  • O ordenador na Aula terá acceso a Internet automático, na casa pode traballarse con e sen wifi, co modo "off line", especial para sitios con problemas de conexión.
  • Deberiades pensar na posibilidade de contratar un SEGURO que protexa sobre accidentes que non entran na garantía normal do aparato. Pensade que a reparación dunha pantaia rota pode supoñer sobre uns 400€. O SERVICIO PREMIUM ofrece unha póliza (49 EUROS/ano), no folleto tendes máis información e chamando ao servicio premium consultades as dúbidas sobre este tema. Valorade vós a vosa mellor opción xa sexa con EDIXGAL ou con outra aseguradora.
  • Nos equipos non se pode instalar ningún programa externo e os equipos non se poden compartir ou prestar a terceiras persoas.
  • Ao final de 5ºcurso os ordenadores devolveranse ao centro para revisión e actualización por técnicos de Edixgal, o alumnado en 6º curso voltará a recoller o mesmo ordenador ata fin de sexto, momento no que rematará a cesión e a responsabilidade das familias sobre o portátil.
  • Existe un SERVICIO PREMIUM  EDIXGAL, 24 horas de luns a domingo, de asistencia para resolver problemas informáticos:   
    • A través do teléfono     881 86 99 00.
    • O correo electrónico    soporte.premium@edu.xunta.es
    • WhatsApp 604 06 78 56
    • Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal

 IDE GARDANDO ESTES CONTACTOS NOS VOSOS CONTACTOS.

Deixovos nesta entrada da web uns VIDEOS EXPLICATIVOS sobre EDIXGAL e o FOLLETO INFORMATIVO edixgal para as FAMILIAS. (<= Clicade para descargar)

 

 

 

 

 

 

NOTA INFORMATIVA DA ANPA DE CEIP INSUA BERMÚDEZ








Calendario provisional actividades extraescolares organizadas por ANPA:


LUNS 
15:30- Tecnicas de estudo
16:15 Futbol sala 1



16:15 – Manualidades creativas
17:00 Futbol sala 2


MARTES
15:30- Música
16:15 Zumba Kisd 1


16:15- Ajedrez
17.00 Zumba Kids 2


MIERCOLES


15.30- Informatica 2
16:15 Baile Moderno


16:15- Informatica 1
17:00 Baloncesto


JUEVES


15:30- Ingles 1
16:15 Patinaje


16:15- Ingles 2
17:00- Patinaxe


VIERNES


15:30- Francés
16.15


16:15- Tenis
17:00


POR MOTIVOS DE FALTA DE CUPO ANÚLANSE AS ACTIVIDADES DE SKATE E TEATRO. GRAZAS.
PARA CALQUERA DÚBIDA PODEDES CHAMAR AO TELÉFONO DE ANPA.


 

 NOTA INFORMATIVA SOBRE AS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR ANPA:




- A cuota de alta como socio é de 20 € por curso e familia, polo que a ficha de socio hai que cubrila cada curso.
- Só poden acudir ás actividades da A.P.A. os socios da A.P.A.
- O prezo de todas as actividades é de 10 € ao mes. Se o socio se matricula en máis de dúas actividade ou hai máis dun neno por familia e o total de actividades nas que se apuntan son máis de dúas, o prezo das actividades reducirase a un 50% da cuota inicial a partir da 3ª actividade. Por exemplo, unha familia socia con tres nenos que se apuntan a dúas actividades (en total son 6 actividades) tería que pagar 40 € ao mes. O horario das actividades é de 15:30 a 16:15 e de 16:15 a 17:00 e desenvólvense todas nas dependencias do centro.
- Todas as actividades comezarán o mércores 1 de outubro e rematarán o xoves 18 de xuño.
- Os recibos pásanse na primeira quincena dos meses de novembro, febreiro e maio. O 1º recibo comprende a cuota de alta e as actividades ata decembro. O 2º comprende os meses de xaneiro, febreiro e marzo. O 3º comprende os meses de abril, maio e xuño.
- Cando o recibo sexa devolto polo seu banco, os gastos de devolución corren a cargo do socio titular do recibo. Se algún socio ten que pagar ao contado deberá avisar con antelación para que non se pase o recibo polo banco e así non xenere gastos.
- So en casos excepcionais se algún socio non pode domiciliar o recibo deberá ingresar directamente a cuota na conta da asociación: 3070 0021 72 1138163629 (Caixa Rural Galega), ou ben faralla chegar a Elba Rouco (membro da directiva da A.P.A.).
- Os cobros serán sempre de trimestres completos, polo que as baixas das actividades teñen que comunicarse con anterioridade á data de cobro dos recibos (é dicir, na primeira quincena de outubro, xaneiro e abril). Se o recibo xa está cargado e non se comunicou a baixa nas actividades, os cartos non poderán ser devoltos, excepto por causa de forza maior.
- En todas as actividades hai que respectar as normas que dan os monitores, xa que non son caprichos ou manías deles, senón que responden a criterios de seguridade, hixiene, etc.
- A A.P.A. ten contratado un seguro de responsabilidade civil e de accidentes por se houbera calquera accidente nas actividades. Para a asistencia médica teñen que dirixirse exclusivamente ao sanatorio Virxe dos Ollos Grandes ou Polusa (Lugo).
- Para poñerse en contacto coa A.P.A. o correo-e é: anpainsua@gmail.com, e o teléfono é 697.190.473.
- Nas reunións que convoque a A.P.A. poderán resolver dúbidas e informarse acerca das actividades.





O PRAZO PARA ANOTARSE NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES QUE ORGANIZA A A.N.P.A. REMATA O VENRES 26 DE SETEMBRO. PARA ANOTARVOS TEDES QUE ENTREGAR A FICHA DE SOCIO CUBERTA NA SECRETARÍA DO CENTRO. SÓ SE LEVARÁN A CABO AQUELAS ACTIVIDADES NAS QUE SE MATRICULEN UN NÚMERO SUFICIENTE DE SOCIOS. PRÉGASE RESPETEDES OS PRAZOS PARA PODER COMEZAR CO DESENVOLVEMENTO DAS ACTIVIDADES O MÉRCORES 1 DE OUTUBRO. O PAGO DA CUOTA DE SOCIO E DO PRIMEIRO TRIMESTRE NON SE FARÁ EFECTIVO ATA O MES DE NOVEMBRO.

 


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2014/2015
A.P.A. do C.E.I.P. ANTONIO ÍNSUA BERMÚDEZ



  • Axedrez

  • Baile moderno 

  • Baloncesto 

  • Francés 

  • Fútbol-sala 

  • Iniciación á música 

  • Informática 

  • Inglés 

  • Manualidades creativas 

  • Patinaxe iniciación 

  • Patinaxe perfeccionamento 

  • Teatro 

  • Técnicas de estudo 

  • Tenis 

  • Skate 

  • Zumba kids

FICHA DE ALTA DE SOCIO

 
Distribuir contido