ATLETISMO ESCOLAR 2ª Clasificatoria 30abril de 2017

 

 

TRAS SUSPENDERSE O ATLETISMO DO DOMINGO 30 POLO MAL TEMPO

PRÉGASE CONFIRMAR ASISTENCIA O DOMINGO 7 DE MAIO

 

II PROBA CLASIFICATORIADE ATLETISMO EN PISTA 30 ABRIL DE 2017

 ESTADIO GREGORIO PÉREZ RIVERA (LUGO)

ALUMNADO PARTICIPANTE: aberto ao alumnado do CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba e quen queira participar.

CATEGORÍAS: Benxamín ( 2009-08), Alevín (2007-06), Infantil (2005-04) e Cadete (2003-02).

DATAS PROBAS: 2ª Clasificatoria ( domingo, 30 de abril) e Campionato Provincial (domingo 21 de maio).Clasificaranse para o Campionato Provincial as 18 mellores marcas das dúas probas clasificatorias. 

PROBAS POR CATEGORÍAS: Infantís e cadetes poden participar en 3 probas, resto en 2, non sendo dúas carreiras longas.

ROUPA:  pregamos que traiades equipación do cole e incluades na mochila  roupa para cambiarse  despois da competición e crema de protección solar  ou unha mantiña por se chove ou vai moito frío!!

TRANSPORTE:

  • Saída ás 9:25 am diante do cole, Insua Bermúdez, dun autobús pequeno. Pódese ir pola vosa conta pero pensade en chegar con tempo para coller o dorsal e presentarse 20 minutos antes de cada proba na cámara de chamadas.
  • Volta: Cando remate a derradeira proba do noso atleta David Franco (obstáculos cadete). Estimamos a saída de Lugo a partires das 7:45 pm, En Vilalba a partires das 08:15 pm.

COMIDA: cada atleta deberá levar a súa propia bebida e comida do almorzo e merenda: bocadillos, auga, froita... Non comades nada antes da proba para evitarmos hipoglucemias reactivas,

INSCRICIÓN de Participantes:Cada atleta debe buscar no horario a súa proba e contar 20 minutos antes para ir á cámara de chamadas. Os maiores axudade aos noviños.

  • BENX FEM Yara: 1000ml. Ariadna: Marcha, Verónica Ruíz: Marcha, Andrea Paz: Marcha. Aroa Debasa: Peso Pelota, Mariña: 50ml, 1000ml. Soraya: 50 ml.
  • ALEV FEM Noelia: Marcha, 60ml,  María Sand. peso, Naira:1000ml, Andrea Vivero: 60ml, 500ml. Sara Puentes:60 ml,
  • INF FEM Guada: Marcha, 80ml, Jabalina, Aitana: Peso, 80 ml. CAD FEMUxía Díaz: Jabalina, Peso, Disco. Mª Díaz: Peso, Jabalina.
  • BENX MASC Bruno Ferdez: Peso, Pelota. Pablo Iglesias:50ml 1000ml, Andrés Maceiras: pelota, 500ml, Iago Peteira 50ml, Xoel Pol: 50 ml, Aner: 50ml, Adrián Pérez: 500 ml, 50 ml, Santi Cancelas:1000ml, peso, Roi Fraga:1000ml, peso.
  • ALEV MASC Edu: 60 ml, marcha, Alexandru; Peso, Jabalina, Rubén&Diego: Marcha, Jabalina, Ángel: Jabalina, Jaime Lias&Iker&Jesús: Peso, Jabalina, Martín R: marcha, Diego Rego 60ml, Germán :Peso 
  • INF MASC Antonio;Jabalina, Vicente: 500ml
  • CAD MASC  David Franco Obstáculos, 500ml, Diego Díaz Peso, Manu Canto: Jabalina Peso.  

Montaje creado Bloggif

NORMAS NO ESTADIO:  lémbrannos dende Deportes e a FGA Lugo  que a pé de pista so poden estar os adestradores,  nin atletas fora de competición, nin delegados, nin pais, nin fotógrafos amateurs, que  nalgún momento hai máis pais que atletas nas pistas. Os nenos non deberán andar polas pistas cando non teñen probas, e o mediodía,que non utilicen os fosos de lonxitude, xa víchedes como estaba a pista manchada  de area pola tarde.

Se descubrides algunha errata avisádeme ao 616501003.  . Grazas pola vosa axuda.!

Descargade horarios e notas ou inscricións aquí abaixo en adxuntos.

 

VII PARTICIPACIÓN NA CARREIRA SOLIDARIA DO CPR CERVANTES 17 de MAIO DE 2017 (LUGO, A Milagrosa)

Montaje creado Bloggif

 REGULAMENTO DA CARREIRA                                                 INSCRICIÓN NA CARREIRA

No día das Letras Galegas podemos participar na proba deportiva de carácter solidario organizada polo CPR Cervantes en Lugo na Plaza Nova da Milagrosa, detrás do Eroski. Tendes o enlace aquí para inscrición  a través de Champion Chip. Existen categorías desde gatear ata os 120 anos. O prezo solidario e de 2, 3 euros. e leva incluída a camiseta da carreira e o aluguer do CHIP se é o caso.

SALIDAS, LLEGADAS, CONTROLES Y DUCHAS. El centro neurálgico de la "VII CARREIRA SOLIDARIA DO COLEXIO CERVANTES" (recogida de dorsales, control de carrera, línea de meta, entrega de premios,...) estará situada en la Plaza Nueva de la Milagrosa.

Los dorsales para las carreras de cada una de las categorías se recogerán en la recepción del gimnasio JUMP FITNES LUGO situado en la propia plaza. Las salidas de todas las carreras tendrán lugar en la Plaza nueva de la Milagrosa, excepto la categoría ADULTOS cuya salida tendrá lugar en la calle Manuel María (delante de la farmacia Labandeira). Las duchas del gimnasio JUMP FITNES LUGO, situado en la propia plaza, estarán habilitadas para los corredores/as que las quieran utilizar. 

Las inscripciones se realizarán a través de la página https://championchipnorte.com/evento/detalle/dp/7/id/1152/vii-carreira-solidaria-do-colexio-cervantes. Plazo máximo de inscripción: domingo 14 de mayo de 2017. Todos los corredores deberá poder identificarse en caso de requerirlo la organización. Así mismo, el propio día de la carrera se abrirá una mesa de inscripción para todas aquellas personas que deseen llevar el dorsal solidario. Estos participantes no llevarán chip y por tanto no podrán optar a premio en la carrera. No se admitirán anulaciones de inscripciones. los precios son de 2 y 3 euros solidarios.

La entrega de dorsales se hará el día de la carrera desde las 09:00 h hasta las 10:45 h en la recepción del gimnasio JUMP FITNES LUGO. Se recomienda ir con bastante tiempo de antelación para recogerlos. se estiman 900-1000 participantes, puede haber cola. A partir de esa hora no se entregarán más dorsales. Todos aquellos corredores que se inscriban el propio día de la carrera, lo harán en la carpa colocada en las inmediaciones del gimnasio JUMP FITNES LUGO, estos corredores portarán el dorsal solidario, no llevarán chip y por tanto no optarán a premio final ni a avituallamiento. A partir de esa hora no se entregarán más dorsales. 

 La finalidad principal de esta carrera es meramente solidaria por lo que no habrá premios, pero sí trofeos para los tres primeros clasificados, tanto en la categoría masculina como femenina, de cada una de las pruebas. También habrá trofeos por equipos, para ello contarán los premios de los ocho primeros en cruzar la meta de cada equipo. Al finalizar las carreras, habrá unos sorteos, entre los participantes en la categoría Adultos, de diferentes obsequios por gentileza de algunos de nuestros patrocinadores.

 

 

CORTOMETRAXE "EL PUENTE"

OS ALUMNOS/AS DE 1ºA CONTÁNNOS A SÚA EXPERIENCIA DO CORTO “EL PUENTE “:

O día 6 de Abril, os nenos e nenas de 1ºA fomos á biblioteca a ver un corto titulado “ El puente”.

Tratábase dun oso e un alce que querían atravesar unha ponte e ían en sentido contrario. Como a ponte era moi estreita e non cabían os dous xuntos, comezaron a discutir. Un coello e un mapache trataron de axudarlles a buscar unha solución. Non lles fixeron caso así que o coello e o mapache soltaron as cordas e caeu a ponte.

Aprendemos que temos que resolver os problemas para que non romperá a ponte.

 

RELACION PROVISIONAL ADMISIÓN ALUMNADO 2017-2018

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2017-2018

REUNIDO O CONSELLO ESCOLAR DESTE CENTRO PARA DECIDIR SOBRE A ADMISIÓN DO ALUMNADO QUE PRESENTOU SOLICITUDE NESTE COLEXIO PARA O CURSO ESCOLAR 2017-2018 E UNHA VEZ REVISADAS AS MESMAS E COMBROBADO, NO SEU CASO, O BAREMO CORRESPONDENTE, ACORDOU O SEGUINTE: (premer no seguinte enlace)

RELACIÓN PROVISIONAL DE ADMISIÓN 2017-2018

CAMPIONATO PROVINCIAL DE DUATLÓN (POLÍGONO INDUSTRIAL VILALBA) Sábado

SÁBADO 8 ABRIL DE 2017


 

POLÍGONO INDUSTRIAL DE VILALBA

 

Montaje creado Bloggif

Lugar da competición:  

Poligono Industrial Vilalba.

 

Data e horario da carreira:

Sábado 8 de abril de 2017 ás 3:15h pm

  • Saída categoría benxamín ás 16:00h
  • Saída categoría alevín ás 16:20h
  • Saída categoría infantil ás 16:50h
  • Saída categoría cadete ás 17:30h

Hora de remate das probas ás 18:15h

 

Clasificados

Están clasificados os atletas que participaron nunha clasificatoria previa.

Documento cos atletas clasificados

Distancias:

Categoría benxamín ( cursos 3º e 4º): 0,5 km de carreira a pé – 2 km en bicicleta – 250m de carreira a pé

Categoría alevín ( cursos 5º e 6º): 1 km de carreira a pé – 4 km en bicicleta – 500m de carreira a pé

Categoría infantil ( cursos 1º e 2º ESO): 1.5 km de carreira a pé – 6 km en bicicleta –750 m de carreira a pé

Categoría cadete ( 3º e 4º ESO): 2 km de carreira a pé – 8 km en bicicleta – 1 km de carreira a pé 

 

Recollida de dorsais:

Na carpa de organización, nas inmediacións da transición desde 03:15 h pm (45´ antes do comenzo) de cada proba ata 10´ antes da saída. Os dorsais recíclanse, é preciso devolvelos para tomar a auga e a froita que nos agasalla a organización.

 

Verificación de material:

10min antes da cada proba os xuíces verifican a bicicleta e o casco obligatorio no aparcamento de bicis ( verifican estado do debuxo das rodas, os freos e o casco posto que non se mova). Recoméndase bicicleta de marchas e casco, se alguén non dispón del, que acuda con tempo para que o clube lle poida prestar algunha, Preguntar por Juan( papá de María Morado ou por Adrián) se tedes algunha dúbida pedidelle axuda a algún neno do cole que vaia a triatlón. Queremos que participedes tódos! Probade o Duatlón, Correr e Andar en Bici!!!

 

Premios:

Medallas para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría. Os participantes clasifican para o Campionato Provincial de Duatlón.

COMUNICACIÓN ADMISION ALUMNADO 2017-2018

COMUNICADO SOBRE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2017-2018

 RELACIÓN DO ALUMNADO DE 4º DE INFANTIL (INF-3 ANOS), de 6º DE INFANTIL (INF-5 ANOS) e de 1º DE PRIMARIA QUE PRESENTOU SOLICITUDE NESTE CENTRO PARA O CURSO ESCOLAR 2017/2018

Infantil 3 anos (4º Infantil)

Vacantes ofertadas

Solicitudes Presentadas

Admitidas

Non admitidas

25

27

BAREMO

BAREMO

       

Infantil 5 anos (6º Infantil)

Vacantes ofertadas

Solicitudes Presentadas

Admitidas

Non admitidas

0

1

INSPECCIÓN

INSPECCIÓN


1º Primaria

Vacantes ofertadas

Solicitudes Presentadas

Admitidas

Non admitidas

21

20

20

0

       

No que atinxe a Infantil de 3 anos, por mor da realización do BAREMO, ábrese un prazo de 10 días hábiles (dende o 23 de marzo ata o 5 de abril, inclusive) para que quen o desexe poida presentar a documentación que estime oportuna dos criterios alegados. Posteriormente sairá publicada a relación provisional, antes do 25 de abril.

En todo caso, a formalización de matrícula será entre o 20 e o 30 de xuño.

Mannequin Challenge do DÍA DA MULLER

CONTRATOS-PROGRAMA

APROBADOS 3 CONTRATOS PROGRAMA PARA A MELLORA DO ÉXITO ESCOLAR.

No mes de xaneiro a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, dependente  da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, aprobou no noso Centro,  3 contratos programa dirixidos á mellora do éxito escolar.

Os programas aprobados no noso centro educativo son:

Reforzo, orientación e apoio ( PROA):

Este programa está dirixido á alumnado dos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º, comezou o pasado día 1 de Febreiro e rematará o 15 de Xuño. As clases impártense no noso centro os luns e mércores en horario de 15:30 a 17:30.

    Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros.

 Está implicada toda a comunidade educativa e levaranse actividades como:

  • Día da muller traballadora
  • Día Internacional das persoas con discapacidade
  • Día Internacional contra a violencia de xénero
  • Programas de educación en valores

 

Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia

Neste proxecto tamén está implicada toda a comunicade educativa.

 Algunhas das actividades que se levarán a cabo son: 

  • Visita ao Lugo Romano: muralla, MIHL, termas, Domus de Mitreo, casa dos mosaicos.
  • Confección dun mosaico de Carlos Casares
  • Dramatización de "As laranxas mais laranxas de tódalas laranxas" de Carlos Casares polo alumnado de 5º para todo o centro educativo...

   A través da páxina web iremos informando sobre as diferentes actividades.

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS EN VILALBA

ESTE SÁBADO 11 DE MARZO TEMOS UNHA CITA CO DEPORTE AUTONÓMICO NAS INSTALACIÓNS DA MAGDALENA 

8 DE MARZO DÍA DA MULLER

 

 

8 marzo dia muller ceip antonio insua bermudez vilalba endl biblioteca extraescolares

CLICA NA IMAXE OU NESTA LIGAZÓN PARA ACCEDER A RECURSOS DO DÍA DA MULLER Asunción García Álvarez

 

O día 8 de marzo celébrase o DÍA DA MULLER, dende o colexio queremos organizar un MANIQUI CHALLENGE, (consiste en gravar un video con tódolas persoas participantes inmóbiles, como en medio dunha escena conxelada, igual que nos maniquies. Todos os que queiran deben traer mañá martes: 

- Peluca(pelo corto ou longo, pinzas, diadema, cinta do pelo.

Precisamos que traiades cuberta a autorización:

Nome e Apelidos:__________________________________________________________

Participo:____________

Non participo:________

Distribuir contido