RELACION DEFINITIVA FONDO LIBROS 2017-2018 (3º-4º-5º-6º)

FONDO LIBROS 2017-2018

 

RELACIÓN DEFINITIVA DO FONDO LIBROS PARA O ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA

NO SEGUINTE ENLACE PÓDESE VER A RELACIÓN DEFINITIVA DO ALUMNADO DESTE CENTRO QUE SOLICITOU PARTICIPAR NO FONDO DE LIBROS CORRESPONDENTE AOS NIVEIS DE 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA, CO REPARTO DE LIBROS CORRESPONDENTE E O NOME DAS MATERIAS ASIGNADAS.

RELACIÓN DEFINITIVA FONDO SOLIDARIO 2017-2018

 


 

RELACIÓN LIBROS DE TEXTO CURSO ESCOLAR 2017-2018

No seguinte enlace, pódese ver a relación oficial de libros de texto deste Centro para o Curso Escolar 2017-2018.

RELACIÓN LIBROS TEXTO 2017-2018

 


 

FONDO LIBROS 2017-2018

RELACIÓN PROVISIONAL DO FONDO LIBROS PARA O ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA

NO SEGUINTE ENLACE PÓDESE VER A RELACIÓN DO ALUMNADO DESTE CENTRO QUE OBTIVO ALGÚN LIBRO DO FONDO CORRESPONDENTE AOS NIVEIS DE 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA.

ÁBRESE UN PRAZO DE DOUS DÍAS NATURAIS PARA POSIBLES RECLAMACIÓNS Á MESMA.

POSTERIORMENTE PUBLICARASE A RELACIÓN DEFINITIVA XA CO NOME DAS MATERIAS CORRESPONDENTES.  

 

RELACIÓN PROVISIONAL FONDO SOLIDARIO


 

 

ADQUISICIÓN NOVO MATERIAL LÚDICO PARA O PATIO DE INFANTIL

AGRADECEMENTO A PAIS/NAIS DO ALUMNADO DE INFANTIL QUE COLABOROU NA SÚA ADQUISICIÓN

 

O Consello Escolar do Centro, na última reunión do curso escolar 2016-2017, celebrada o venres, 30 de xuño, acordou, entre outros asuntos, expresar o seu profundo agradecemento a todos os pais e nais do alumnado de Infantil que colaboraron na adquisición do novo material lúdico para o patio de infantil e deste xeito repoñer o que no seu momento roubaran ou deterioraran. A idea incial era poder dispoñer deles antes de rematar o curso para que todo o alumnado de Infantil poidera disfrutar algúns días deles. Pero por causas alleas ao propio centro, o referido material non deu chegado a tempo. Agora estase recibindo, e de momento xa chegou unha CASIÑA. Agardamos completar o pedido nos vindeiros días. GRACIÑAS DE NOVO A TODOS OS PAIS E NAIS QUE COLABORÁSTEDES NA SÚA ADQUISICIÓN.

BO VERÁN E FELICES VACACIÓNS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ!!!

O PRIMEIRO DÍA LECTIVO SERÁ O LUNS, 11 DE SETEMBRO, ÁS 9:30 HORAS. 

 

AXUDAS PARA INFANTIL CONVOCADAS POLO CONCELLO DE VILLALBA

O Concello de Vilalba  a través do Departamento de Servizos Sociais, Familia, muller e Emprego, ven de publicar as bases reguladoras para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario destinadas ao alumnado empadroado no Concello de Vilalba e escolarizado para o curso 2017/2018 en Educación Infantil (3-6 anos) nos centros docentes públicos de Vilalba.

As bases reguladoras (documento adxunto)  e as solicitudes estarán a disposición dos interesados na páxina web do concello (www.vilalba.org) e no Departamento de Servizos Sociais, Familia, Muller e Emprego.

Os prazos de presentación de solicitudes será do 26 de xullo ao 8 de agosto, ambos dous inclusive.

ENLACE PARA ACCEDER ÁS BASES

 


 

VIAXE AO MUNDO ROMANO

INAUGURACIÓN DO MERCADO NO CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ

TEATRO : AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS

INFORMACIÓNS DE INTERESE PARA AS FAMILIAS

RELACION DEFINITIVA FONDO LIBROS 2017-2018 (3º-4º-5º-6º)

 

FONDO LIBROS 2017-2018

 

RELACIÓN DEFINITIVA DO FONDO LIBROS PARA O ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA

NO SEGUINTE ENLACE PÓDESE VER A RELACIÓN DEFINITIVA DO ALUMNADO DESTE CENTRO QUE SOLICITOU PARTICIPAR NO FONDO DE LIBROS CORRESPONDENTE AOS NIVEIS DE 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA, CO REPARTO DE LIBROS CORRESPONDENTE E O NOME DAS MATERIAS ASIGNADAS.

RELACIÓN DEFINITIVA FONDO SOLIDARIO 2017-2018


 

 

RELACIÓN PROVISIONAL DO FONDO LIBROS PARA O ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA

NO SEGUINTE ENLACE PÓDESE VER A RELACIÓN DO ALUMNADO DESTE CENTRO QUE OBTIVO ALGÚN LIBRO DO FONDO CORRESPONDENTE AOS NIVEIS DE 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA.

ÁBRESE UN PRAZO DE DOUS DÍAS NATURAIS PARA POSIBLES RECLAMACIÓNS Á MESMA.

POSTERIORMENTE PUBLICARASE A RELACIÓN DEFINITIVA XA CO NOME DAS MATERIAS CORRESPONDENTES.  

 

RELACIÓN PROVISIONAL FONDO SOLIDARIO

 

 


 

DEVOLUCIÓN DOS LOTES DE LIBROS DO PRESENTE CURSO 2016-2017

Todas as familias do alumnado que dispuxo de libros de texto no presente curso escolar procedentes do fondo solidario (PRÉSTAMO) (3º, 4º, 5º e 6º de Primaria) que deberá facer entrega do seu respectivo lote de libros.

Para elo, como moito, ata o día 23 de xuño, último día lectivo, o alumnado antes mencionado deberá deixar o lote na súa aula. Unha vez comprobado que todo está en regla, por parte do Centro indicarase na aplicación correspondente que a devolución foi efectuada correctamente para que podan optar de novo no fondo do curso 2017-2018.

Se por calquera circunstancia, algún alumno/a non puidera facer efectiva a entrega o día 23, deberá poñelo en coñecemento do seu/súa titor/a. 

 

RECOLLIDA DO VALE DAS AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO 2017-2018 (1º-2º)

Informamos a todos os que presentaron solicitude de axudas para os libros de texto do alumnado que vai cursar 1º ou 2º de Primaria, así como todos os que solicitaron axudas para material escolar (1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria) que poderán pasar a recoller os vales correspondentes entre os días 3 e 7 de xullo en horario de mañá.

 

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO 2017-2018 (3º, 4º, 5º e 6º)

Informamos a todos os que presentaron solicitude para o fondo solidario dos libros de texto do alumnado que vai cursar 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, que previsiblemente entre o día 7 de xullo (provisional) e o día 10 de xullo (definitiva) será exposta no tablón de anuncios e na páxina web do Centro a relación coa lista ordenada do alumnado con dereito a que se lle asigne un lote. Este será entregado o día 11 de setembro (primeiro día de clase do vindeiro curso escolar).

Os libros que non figuren nos lotes deberán ser encargados polas familias nas librerías ou ben conseguilos por outros medios.

Os que aínda non presentaron a solicitude e queiran facelo, teñen de prazo ata o 23 de xuño.

 

SOLICITUDE DE PRAZA PARA USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR E ANEXO II DE AUTODECLARACIÓN (RENTA 2016)

As familias do alumnado que queira solicitar praza de usuario do comedor escolar para o vindeiro curso deberá facelo, preferentemente, ata o día 23 de xuño, (prorrogable ata o 30 de xuño) podendo entregar tamén o ANEXO II DA AUTODECLARACIÓN que permitirá saber, de ter praza de usuario, se teñen dereito á gratuídade ou ben pagar algunha das cuotas estipuladas dependendo da renta do ano 2016: 1 € - 2,5 € - 4,5 €.

Os impresos para solictude de praza e o Anexo II da Autodeclaración poderanse conseguir na secretaría do Centro ou mesmo descargalos nalgún dos seguintes enlaces.

Solicitude de praza de usuario de comedor

Modelo de Autodeclaración Anexo II

Instrucións da Consellería COMEDORES

Instrucións da Consellería TRANSPORTE

 

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN  COMO COLABORADORES/AS VOLUNTARIOS/AS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2017/18.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2017-2018, colabroar nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar poden cubrir e presentar a solicitude na secretaría deste Centro. O prazo para presentar a solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 7 de xullo. Podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, dende o 1 de setembro ata o 21 de decembro de 2017. 

O  modelo de solicitude pode recollerse no centro ou descargalo no seguinte enlace:

* IMPRESO PARA SOLICITUDE DE COLABORACIÓN NO COMEDOR ESCOLAR 2017-2018  

 

SOLICITUDE DE USO DO TRANSPORTE ESCOLAR EXCEPCIONAL NAS PARADAS DE MENOS DE 2 KM.

Os pais/nais do alumnado usuario do transporte escolar das paradas a menos de 2 km do Centro (Sixto, Ventorro, Muíños, Guntín, Os Pasos, O Rañego, Barbeitas) que aínda non o fixeran deberán pasar polo Colexio, como máximo do ata o 30 do presente mes de xuño, en horario de mañá, para entregar a solicitude de autorización do uso do transporte escolar, como xa fixeron en cursos pasados.

Modelo Solicitude usuario excepcional

 

ALUMNADO de 6º QUE FINALIZA OS ESTUDOS DE PRIMARIA

As familias do alumnado que cursou 6º de Primaria no presente curso 2016-2017 e promociona á ESO, poderán pasar polo Centro do 3 ao 7 de xullo para recoller o Historial Académico, que en calquera caso poderán facelo noutras datas.

 

FORMALIZACIÓN DE MATRICULA DO NOVO ALUMNADO 2017-2018

Recórdase aos pais/nais/titores legais do NOVO alumnado matriculado neste centro para o curso escolar 2017-2018 (INFANTIL 3 ANOS, INFANTIL 5 ANOS e 1º PRIMARIA) que o prazo para a formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

No momento de formalizar a matrícula tamén poden presentar, de estimalo oportunO, as solcitudes de axudas para libros e material –estas, co límite do 23 de xuño-, de usuario e axuda de comedor escolar ou de transporte de menos de 2 km.

INFORMAMOS TAMÉN QUE O CURSO ESCOLAR 2017-2018 COMEZARÁ O LUNS 11 DE SETEMBRO DE 2017, ÁS 9:30 HORAS.

 


 

CONVOCATORIA AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2017-2018

 

Ven de publicarse no DOG a Orde onde se convoca a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao seguinte alumnado:

Fondo solidario: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. 

Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE.

Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º. 

 

Lugar e prazo de presentación de solicitudes:

·   Poderán presentar solicitudes os pais/nais/titores/as dos alumnos/as matriculados no centro no curso 2017/2018 (todo o alumnado admitido, con independencia da renda per cápita da unidade familiar) (a distibución dos libros de texto dispoñibles no fondo solidario do centro efectuarase por orde inversa á renda per cápita).

·  As solicitudes deberán presentarse en soporte papel, preferentemente na secretaría do centro.

·  A solicitude será ÚNICA para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2017/2018, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. Se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase una solicitude en cada un dos centros.

·  O prazo de presentación ata o día 23 de xuño de 2017 (este incluído).

·  A solicitude deberá estar asinada polo pai/nai/titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos esixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo comprométese a conservar en bo estado e devolver ao finalizar o curso os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.

Documentación a achegar:

·  Copia do Libro de familianaque figuren todos os membros da unidade familiar. A situación familiar tida en conta será a reflectida a 31 de decembro de 2015. No caso de non coincidir co libro de familia poderase presentar: sentenza xudicial de separación ou divorcio; certificado de convivencia; informe dos servizos sociais…

·  No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar certificado emitido polo órgano competente. (Certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade)

A publicación da listaxe provisional do fondo libros será o 7 de xullo.

A Publicación da listaxe definitiva do fondo libros será o 10 de xullo.

Os VALES das axudas para 1º e 2º e para o material escolar serán entregados entre o 3 e o 7 o de xullo (ambos inclusive).

Os lotes de 3º, 4º, 5º e 6º entregaranse o primeiro día de clase do vindeiro curso 2017-2018 (previsiblemente o día 11 de setembro).

Para máis información dirixirse á web do centro ou á secretaría do mesmo.         

 

Contía das AXUDAS LIBROS (1º e 2º Primaria), Axudas Material Escolar (1º,2º,3º,4º,5º,6º) e Distribución do Fondo de libros (3º, 4º, 5º e 6º)

AXUDAS

(RENDA PER CÁPITA

DO ANO 2015)

= ou < a 5.400

1º e 2º EP

170 euros

2º e 4º ESO

180 euros

>5.400 e 

= ou < 9.000

1º e 2º EP

90 euros

2º e 4º ESO

104 euros

MATERIAL ESCOLAR

= ou < 5.400

50 euros

(O alumnado de Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: 

250 euros, con independencia da renda pér capita)

 

 

FONDO LIBROS

RENDA = ou < 5.400

6 LIBROS

RENDA = ou < 9.000

4 LIBROS

 

 

 

  Para os efectos de determinar a renda per cápita familiar, terase en conta a situación persoal e familiar a 31 de decembro de 2015. Os membros da unidade familiar que presentasen declaración do IRPF sumarán os recadros da base impoñible xeral 380 e base impoñible de aforro 395 da mesma. O RESULTADO DIVIDIRASE ENTRE O Nº DE MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR.

No caso de non presentar declaración teranse en conta os ingresos netos de todos os membros computables da unidade familiar durante o exercicio 2015.

Ademáis coa sinatura da solicitude a persoa solicitante declara baixo a súa responsabilidade que se encontra ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente ningunha débeda coa Administración Pública da Comunidade Autónoma. 

Pregamos prema nos seguintes enlaces para informarse dun xeito máis detallado:

Enlace 1 (sede electrónica)
Enlace 2 (información Xunta)
Enlace 3 (información Consellería)

 Documentos para descargar:

 • Modelo solicitude
• Orde da convocatoria


 

 

REVISTA ESCOLAR 2016-2017

 

Distribuir contido