No DOG do 21 de maio de 2018 saiu publicada a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18. 1. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO Destinado ao alumnado de 3º e 4º de Primaria. 2. AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO Destinado ao alumnado de 1º e 2º de Primaria. Para rendas per cápita do ano 2016 inferiores a 9.000 €. 3. AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR Destinado ao alumnado de 1º, 2º, 3º 4º, 5º e 6º Primaria. Para rendas per cápita do ano 2016 inferiores a 5.400 €. NORMAS XERAIS O prazo de presentación de solicitudes rematará o 22 de xuño de 2018, inclusive.
A instancia será única para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2018-2019, podéndose cumplimentar das seguintes maneiras:
-De xeito manual, recollendo modelo na secretaría do centro ou a través deste enlace. -Na Aplicación Fondolibros, xerando así un número de solicitude e realizando a presentación ben na sede electrónica da Xunta de Galicia, ben de xeito presencial no centro. Documentación para a presentación:
A instancia única pode presentarse para: 1. PARTICIPAR NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DESDE 3º A 6º DE PRIMARIA Para ser beneficiario do fondo solidario de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto emprestados no curso 2017-2018.
Teranse en conta ás seguintes datas:
-Ata o 22 de xuño. Devolución nas respectivas aulas do centro dos libros emprestados.
-3 de xullo. Publicación da relación provisional cos libros adxudicados.
-4 e 5 de xullo. Periodo de reclamación á adxudicación provisional.
-6 de xullo. Publicación da relación definitiva de adxudicacións.
-Primeiro día de clase de setembro. Entrega dos libros asignados ao alumnado.
2. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS Para o alumnado de 1º e 2º de Primaria. Do 3 ao 6 de xullo. Entregarase o Vale aos solicitantes que teñen dereito ao mesmo.
3. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUSICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR Do 3 ao 6 de xullo. Entrega do Vale para material aos solicitantes que teñen dereito ao mesmo
CADRO RESUMO ENLACES DE INTERESE: MODELO DE SOLICITUDE ANEXOS I-II
|
|||