AXUDAS A LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO CURSO 2017-2018

Convocatoria axudas adquisición libros de texto e material escolar para o curso 2017-2018

 

Ven de publicarse no DOG a Orde onde se convoca a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao seguinte alumnado:

Fondo solidario: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE.

Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º. 

 

Lugar e prazo de presentación de solicitudes:

·   Poderán presentar solicitudes os pais/nais/titores/as dos alumnos/as matriculados no centro no curso 2017/2018 (todo o alumnado admitido, con independencia da renda per cápita da unidade familiar) (a distibución dos libros de texto dispoñibles no fondo solidario do centro efectuarase por orde inversa á renda per cápita).

·  As solicitudes deberán presentarse en soporte papel, preferentemente na secretaría do centro.

·  A solicitude será ÚNICA para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2017/2018, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. Se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase una solicitude en cada un dos centros.

·  O prazo de presentación ata o día 23 de xuño de 2017 (este incluído).

·  A solicitude deberá estar asinada polo pai/nai/titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos esixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo comprométese a conservar en bo estado e devolver ao finalizar o curso os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.

Documentación a achegar:

·  Copia do Libro de familianaque figuren todos os membros da unidade familiar. A situación familiar tida en conta será a reflectida a 31 de decembro de 2015. No caso de non coincidir co libro de familia poderase presentar: sentenza xudicial de separación ou divorcio; certificado de convivencia; informe dos servizos sociais…

·  No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar certificado emitido polo órgano competente. (Certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade)

A publicación da listaxe provisional do fondo libros será o 7 de xullo.

A Publicación da listaxe definitiva do fondo libros será o 10 de xullo.

Os VALES das axudas para 1º e 2º e para o material escolar serán entregados entre o 3 e o 7 o de xullo (ambos inclusive).

Os lotes de 3º, 4º, 5º e 6º entregaranse o primeiro día de clase do vindeiro curso 2017-2018 (previsiblemente o día 11 de setembro).

Para máis información dirixirse á web do centro ou á secretaría do mesmo.        

 

Contía das AXUDAS LIBROS (1º e 2º Primaria), Axudas Material Escolar (1º,2º,3º,4º,5º,6º) e Distribución do Fondo de libros (3º, 4º, 5º e 6º)

AXUDAS

(RENDA PER CÁPITA

DO ANO 2015)

= ou < a 5.400

1º e 2º EP

170 euros

2º e 4º ESO

180 euros

>5.400 e

= ou < 9.000

1º e 2º EP

90 euros

2º e 4º ESO

104 euros

MATERIAL ESCOLAR

= ou < 5.400

50 euros

(O alumnado de Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%:

250 euros, con independencia da renda pér capita)

 

 

FONDO LIBROS

RENDA = ou < 5.400

6 LIBROS

RENDA = ou < 9.000

4 LIBROS

 

 

 

  Para os efectos de determinar a renda per cápita familiar, terase en conta a situación persoal e familiar a 31 de decembro de 2015. Os membros da unidade familiar que presentasen declaración do IRPF sumarán os recadros da base impoñible xeral 380 e base impoñible de aforro 395 da mesma. O RESULTADO DIVIDIRASE ENTRE O Nº DE MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR.

No caso de non presentar declaración teranse en conta os ingresos netos de todos os membros computables da unidade familiar durante o exercicio 2015.

Ademáis coa sinatura da solicitude a persoa solicitante declara baixo a súa responsabilidade que se encontra ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente ningunha débeda coa Administración Pública da Comunidade Autónoma. 

Pregamos prema nos seguintes enlaces para informarse dun xeito máis detallado:

Enlace 1 (sede electrónica)
Enlace 2 (información Xunta)
Enlace 3 (información Consellería)

 Documentos para descargar:

  Modelo solicitude
 Orde da convocatoria