INFORMACIONS DE INTERESE PARA AS FAMILIAS

INFORMACIÓNS DE INTERESE PARA AS FAMILIAS

ENTREGA DOS LOTES DE LIBROS

Todas as familias do alumnado que dispuxo de libros de texto no presente curso escolar procedentes das axudas de libros (VALES) (4º e 6º de Primaria), así como ás do alumnado que dispuxo de libros procedentes do fondo solidario (PRÉSTAMO) (3º e 5º de Primaria) que deberá facer entrega do seu respectivo lote de libros.

Para elo, o día 22 de xuño, último día lectivo, o alumnado antes mencionado deberá deixar o lote na súa aula. Unha vez comprobado que todo está en regla, por parte do Centro indicarase na aplicación correspondente que a devolución foi efectuada correctamente para que podan optar de novo no fondo do curso 2016-2017.

Se por calquera circunstancia, algún alumno/a non puidera facer efectiva a entrega o día 22, aínda poderá facelo ao día seguinte, 23 de xuño.

 

RECOLLIDA DO VALE DAS AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO 2016-2017

Informamos a todos os que presentaron solicitude de axudas para os libros de texto do alumnado que vai cursar 1º ou 2º de Primaria, así como todos os que solicitaron axudas para material escolar (1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria) que poden pasar a recoller os vales correspondentes entre os días 1 e 8 de xullo en horario de mañá.

 

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO 2016-2017

Informamos a todos os que presentaron solicitude para o fondo solidario dos libros de texto do alumnado que vai cursar 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, que entre os días 1 e 8 de xullo será exposta no tablón de anuncios e na páxina web do Centro a relación coa lista ordenada do alumnado con dereito a que se lle asigne un lote. Este será entregado nos primeiros días do mes de setembro, en todo caso, a partir do día 12, primeiro día de calse.

Os libros que non figuren nos lotes deberán ser encargados polas familias nas librerías ou ben conseguilos por outros medios.

Os que aínda non presentaron a solicitude e queiran facelo, teñen de prazo ata o 23 de xuño.

 

AXUDAS PARA COMEDOR ESCOLAR-ANEXO II DE AUTODECLARACIÓN (RENTA 2015)

Lémbrámoslles ás familias do alumando que solicitou praza de usuario que, preferentemente, entre o 20 e o 30 de xuño, poderán cubrir e entregar o ANEXO II DA AUTODECLARACIÓN que permitirá saber se teñen dereito á gratuídade ou ben pagar algunha das cuotas estipuladas dependendo da renta: 1 € - 2,5 € - 4,5 €.

 

SOLICITUDE DE USO DO TRANSPORTE ESCOLAR NAS PARADAS DE MENOS DE 2 KM.

Os pais/nais do alumnado usuario do transporte escolar das paradas a menos de 2 km do Centro (Sixto, Ventorro, Muíños, Guntín, Os Pasos, O Rañego, Barbeitas) que aínda non o fixeran deberán pasar polo Colexio, como máximo do ata o 30 do presente mes de xuño, en horario de mañá, para entregar a solicitude de autorización do uso do transporte escolar, como xa fixeron en cursos pasados.

 

ALUMNADO de 6º QUE FINALIZA OS ESTUDOS DE PRIMARIA

As familias do alumnado que cursou 6º de Primaria no presente curso 2015-2016 e promociona á ESO, deberán pasar polo Centro do 1 ao 8 de xullo para recoller o Historial Académico.

 

FORMALIZACIÓN DE MATRICULA DO NOVO ALUMNADO 2016-2017

Recórdase aos pais/nais/titores legais do NOVO alumnado matriculado neste centro para o curso escolar 2016-2017 (INFANTIL 3 ANOS e 1º PRIMARIA –procedentes da ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL) que o prazo para a formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

No momento de formalizar a matrícula tamén poden presentar, de estimalo oportuno, as solcitudes de axudas para libros, axuda para material, de usuario e axuda de comedor escolar ou de transporte de menos de 2 km.

 

O CURSO ESCOLAR 2016-2017 COMEZARÁ O LUNS 12 DE SETEMBRO DE 2016, ÁS 9:30 HORAS

BOAS VACACIÓNS!!!