19 OUTUBRO- DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO DE MAMA
Dende o noso cole, sumámonos a conmemoración do #DíaContraoCancrodeMama para concienciar aos nenos da importancia da investigación e diagnóstico precoz desta enfermidade. Todo o alumnado escribiu mensaxes de ánimado para todas as mulleres loitadoras.
BECAS MEC
Enviado por mctrasre o Lun, 02/08/2021 - 20:55BECAS MEC PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
O Ministerio de Educación abriu o prazo da convocatoria das bolsas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, curso 2021 - 2022
Os destinatarios son os alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastorno grave de conduta, así como os alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 3 de agosto e remata o 30 de setembro de 2021.
Para máis información preme no enlace
LISTADO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022
Enviado por mctrasre o Ven, 02/07/2021 - 13:11PARA VER O LISTADO DE LIBROS DE TEXTO E MATRIAL ESCOLAR PREME NO ENLACE. LEMBRADE QUE SÓ ESTÁ O MATERIAL IMPRESCINDIBLE, DO TIPO E NÚMERO DE LIBRETAS, XA SE VOS INFORMARÁ UNHA VEZ EMPEZADO O CURSO.
OS ALUMNOS/AS DE 5º E 6º, ESTÁN NO PROGRAMA EDIXGAL, E NON PRECISAN LIBROS DE TEXTO.
SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR 2021-2022
As familias podedes presentar xa o modelo de autodeclaración do comedor.
PRAZO PARA FORMALIZAR A AUTODECLARACIÓN DE COMEDOR:
DO 1 AO 9 DE XULLO 2021 E DO 1 AO 9 DE SETEMBRO 2021
HORARIO DE 10h a 13h
Tamén podedes mandala por correo electrónico ao centro ceip.antonio.fernandez.lopez@edu.xunta.gal
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »
