ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023
A Consellería de Educación anuncia que desde o vindeiro martes día 1 e ata o 21 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2022/23, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como para aqueles alumnos de Educación Infantil e Educación Primaria que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.
PRAZO DE ADMISIÓN: 1 AO 21 DE MARZO
Pódese cubrir a solicitude na aplicación admisión alumando ou de forma presencial cubrindo un anexo que se lle facilitará no centro.
No seguinte enlace podedes ver a documentación a presentar.
23 de Febreiro- Día de Rosalía de Castro
O alumnado de 5º resúmenos a vida de Rosalía de Castro e recítanos un dos seus poemas máis famosos:"Adiós ríos, adiós fontes".
Hoxe, a clase de infantil estivo na biblioteca vendo o vídeo dos seus compañeiros e traballando a figura de Rosalía.
Visita do #DígochoEu
Hoxe tivemos a visita do equipo do #DígochoEu. Gravamos un capítulo do seu programa co alumnado de 1º e 2º Primaria. Que gran experiencia vivimos hoxe! Foi un auténtico pracer compartir un rato con eles!
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
VEN A COÑECERNOS!

WANGARI MAATHAI- PLAN PROXECTA
Empezamos a traballar no Plan Proxecta co título Donas de sí. Este mes investigamos a figura de Wangari Maathai, premio Nobel da Paz. Aquí vos dexamos unha mostra do traballo realizado.
AS MOCHILAS VIAXEIRAS EMPRENDEN A SÚA AVENTURA
Esta semana emprenderon viaxe as mochilas viaxeiras. Cada semana irán visitando cambiando o seu destino, e quizá o seu contido? Que encontrarán os nenos e nenas dentro?
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »
