ESTAMOS ORGULLOSOS DE VÓS
Os mestres e mestras queremos agradecerlle o seu traballo aos nosos heroes e heroínas.
GUÍA DE RECURSOS- ORIENTACIÓN
ACHÉGOVOS UNHA GUÍA DE RECURSOS INTERESANTES DA FUNDACIÓN Mª JOSÉ JOVE, CON CONSELLOS, RECURSOS AUDIOVISUAIS, EXERCICIOS.... PARA NENOS E NENAS E ADULTOS. ESPERO QUE VOS GUSTE.
Preme na imaxe para acceder a guía ou no enlace que deixamos a continuación para máis información:
https://www.fundacionmariajosejove.org/guia-de-recursos-yomequedoencasa-covid-19/
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN
Benqueridas familias. Queremos agradecervos o apoio ás distintas iniciativas que estamos a desenvolver nestes momentos tan duros. Estamos empezando o novo camiño e xa vedes que non é moi doado. Queremos compartir con vós as fotos que nos mandastes po vídeo de resistiré, porque internet as veces xóganos malas pasadas e os correos non chegan.
Estade moi atentos á páxina web porque seguiremos propoñendo actividades, e non vos esquezades do blog de Antolín, onde seguiremos propoñendo distintos retos.
RESISTIRÉ
Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración. #TODO VAI SAÍR BEN
RECOMENDACIÓN ACTIVIDADES COVICOARENTENA
Enviado por mctrasre o Dom, 22/03/2020 - 21:12É MOI IMPORTANTE QUE OS NENOS-AS NON PERDAN A SÚA RUTINA NORMAL PARA APRENDER E DESENROLARSE AÍNDA QUE ESTEMOS NUNHAS “VACACIÓNS FORZOSAS”
Aínda que hai moitas distracións, como a televisión ou internet, é importante que os nenos e nenas non perdan o ritmo dos seus estudos. Para acadalo, o primeiro é establecer un horario, especialmente pola mañá. O ideal sería respectar o horario do colexio.
Son moitas as actividades que os vosos profesores os irán mandando para que fagades paulatinamente. Eso sí, tamén merecedes un recreo, igual que no cole.
Sería convinte que os nenos-as tivesen un espazo donde se adicasen a estudiar sin distracións. Un espazo ordenado con boa luz e apartado de ruidos .
Ademais das numerosas actividades “lectivas” e dos retos formulados por “Antolín” aínda nos quedará tempo para levar a cabo outras tarefas :
Pintar : a pintura axuda a fortalecer a creatividade dos rapaces na casa, ademáis de entretelos por un bo rato. Dádelle folios, pinturas, rotuladores… incluso adicade parte do tempo a dibuxar cos vosos fillos-as, así fortalécese a relación.
Xogos de mesa: co uso da tecnoloxía quedaron atrás o parchís, a oca, a baralla…Nestes tempos de illamento unha boa alternativa para disfrutar, despexar a mente e fomentar a imaxinación, son os xogos de mesa.
Ler: si están comezando a ler, lede con eles un pouco cada día. Si xa saben, ofrecédelle un libro , un conto e escoitádeos . Non é aconsellable que lean en dispositivos móviles ou tablets.Incluso podedes crear o voso conto do “Coronavirus”
Exercicio: os nenos-as necesitan exercitarse para o seu desenrolo. Que salten, bailen…Esto axudarálles a dormir mellor e evitará o sedentarismo. Los niños necesitan ejercitarse para su desarrollo. Prepara cualquier lugar de la casa para que pueda practicar alguna actividad física, ya sea que salten, bailen o se estiren. Esto los ayudará a dormir mejor y evitara el sedentarismo.
Manualidades: con material de refugallo (tapas, botellas, las de cores, tela…)Podedes facer cantidade de cousas !
A todos nos tocou vivir unha experiencia nova de reclusión nas nosas casas pero debemos saber sacar proveito dela para volver ao cole con máis forza.
UN ENORME ABRAZO DENDE A CASA
AS MULLERES DA NOSA VIDA
O venres pasado colgamos o mural que fixemos con motivo do día da muller e queremos que tod@s o desfrutedes.
NOVAS INSTRUCIÓNS CORONAVIRUS
A Xunta de Galicia acaba de publicar novas instrucións en relación co COVID-19. Para máis información preme no enlace.
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- …
- seguinte ›
- última »