Blogues

FESTIVAL NADAL 2019

Os nenos e nenas de infantil demostráronnos que son uns artistas, cantando, bailando e tocando instrumentos.

Para ver o vídeo de actuación de INFANTIL PREME AQUÍ

En 1º e 2º, recordáronnos aquelas cancións que bailaron as distintas xeracións en noitevella.

Para ver o vídeo da actuación  DE 1º E 2º PREME AQUÍ

  Os nenos e nenas de 3º fixeron un contacontos: "É Nadal neste curral".

 

Para ver o vídeo da actuación DE 3º  PREME AQUÍ

En 4º e 5º representaron a obra de teatro "O Nadal non é un conto".

 

E para rematar, os nenos e nenas de 6º, representaron un fragmento da obra "Charlie e a fábrica de chocolate".

 

 Para ver o vídeo da actuación de 6º PREME AQUÍ

Bo Nadal e Feliz 2020

CONTACONTOS

Onte tivemos no cole unha sesión de contacontos contra a violencia.

25N- Día Mundial Contras a Violencia de Xénero

Os nenos e nenas do Ceip Antonio Fernández López comprométense a facer da súa aula un espazo libre de violencia de xénero.

 

25N-POR UN MUNDO VIOLETA

Desde o Ceip Antonio Fernández López  rexeitamos a violencia, por iso sumámonos a loita contra a violencia de xénero elaborando un vídeo no que o alumnado interpreta a canción Que se acaben las lágrimas de Huecco. Todos xuntos loitamos  por un mundo violeta. Para ver o vídeo preme na imaxe.

 

Este ano tamén participamos en EQUALITER, un proxecto compartido por distintos colexios de Galicia que pretende ser unha "rede social" (rede de axuda, de apoio, de confianza...) para lembrarlles a todas as persoas quesofren violencia de xénero que non están soas. Preme na foto para ver o vídeo

 

AS FÁBRICAS DE 6º

Os nenos e nenas de 6º fixeron a súa versión da fábrica do libro de "Charlie e a fábrica de chocolate". 

 

 

RESOLUCIÓN DE CONFLITOS

 No noso cole estamos dispostos a resolver os conflitos que xorden entre nós. Para iso serguimos unhas sinxelas normas:

1. CALMARNOS.

 

2. ESCOITAR ATENTAMENTE AOS DEMAIS.

 

 

3. EMPREGAMOS UNHA LINGUAXE RESPETUOSA.

4. SABEMOS DEFENDER AS NOSAS POSICIÓNS RESPETANDO OS SENTIMENTOS DOS DEMAIS

 

 

 

5. SABEMOS PEDIR PERDÓN CANDO COMETEMOS UN ERRO.

 

 

6. PROPOÑEMOS SOLUCIÓNS, CHEGAMOS A UN ACORDO E CUMPLÍMOLO.

ALIMÉNTATE BEN

O noso colexio participa no programa "ALIMÉNTATE BEN" para fomentar hábitos saudables na comunidade escolar. Toda esta semana repartimos diferentes froitas entre todo o alumnado e profesorado.

 

A NOSA ÁRBORE DE OUTONO

Distribuir contido