O NOSO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O NOSO DÍA DAS LETRAS GALEGAS "As linguas son de quen as habita", con este lema quixemos traballar todos xuntos o día das Letras Galegas, e sobre todo a homenaxeada deste ano, María Victoria Moreno.

Nas fotos que se poden ver a continuación pódense contemplar os diferentes traballos que realizamos en cada aula e como estes nos serviron para descubrir infinidade de cousas como por exemplo que María Victoria amaba Galicia e porque escolleu o galego, como decidiu vivir a súa vida e como buscaba a igualdade, a súa paixón polos animais, as súas profesión... Traballamos e gozamos descubrindo a súa biografía, embarcándonos nunha viaxe que nos levou ao longo da súa vida pescudando sobre a súa paixón. Descubrimos diferentes obras dela e contemplamos a beleza e valores que nelas existe...

En definitiva podemos dicir que coñecimos a unha muller loitadora, chea de valores, cunha obra rica e maravillosa... e por iso decidimos que se quedaría con nos na entrada do noso cole para recordarnos todo o que descubrimos con ela :)

Pero a mellor maneira de saber un pouquiño máis dela e que preguntedes aos vosos pequenos/as e compartades con eles o NOSO DÍA DAS LETRAS GALEGAS ;)