Observatorio de constelacións
Boa noite familias!!
O prometido é deuda e velaquí vos presento a actividade que comezamos o pasado venres... o noso observatorio de constelacións!! Imos a comezar recordando o material que empregaremos.
Tesoiras cartulina canutillo de papel hixiénico celo, cola ou gomas elásticas plantillas( entrada anterior)
Unha vez seco o canutillo que pintamos o venres anterior, procedemos a colocar coidadosamente a plantilla con cada unha das constelacións. No meu caso deixei uns pequenos pliegues que me axudaron a hora de pegar con celo a plantilla.
Outra opción sería empregar cartulinas negras para crear o noso canutillo aínda que persoalmente non me gustou tanto o resultado dado que queda moito mais flexible e é máis complexa de pegar plantilla.
Como poderedes observar na seguinte imaxe, se colocamos o rolo de papel hixiénico cara unha luz xa podemos ver a figuriña que máis tarde sairá proxectada. Neste caso a plantilla escollida foi a da constelación de escorpio.
Chegados a este punto é preciso que coa axuda dunha agulla ou dun punzón fagamos un buratiño xusto enriba do punto. Este paso é moi importante xa que se nos pasamos picando, a figura resultante non será a perseguida.
Finalmente este foi o resultado...
Osa maior
Escorpio
Aínda que se pode observar claramente o tipo de constelación que representa, nas nas dúas imaxes saen os puntiños duplicados. Isto é debido a que empreguei a lanterna do teléfono polo que se utilizades unha máis sinxela esto non ocorrerá.
Espero que desfrutedes moito coa elaboración desta actividade.
Un saúdo