"12 DE XUÑO: DIA MUNDIAL CONTRA O TRABALLO INFANTIL 2020"

Ola blogueir@as!

   Permitideme que hoxe vos fale un pouquiño dun tema pouco grato que, en principio, suponse erradicado de moitos paises chamados do primeiro mundo pero para o que, ata non hai moitos anos, non había leis que o prohibisen e, ainda hoxe en día, habéndoas na maioría, existen paises nos que, ou ben se mira para outro lado ou a persecución desta práctica execrable non é todo o efectiva que debería...

   Fálovos como ben podedes adiviñar polo título do artigo, da explotación que supón o traballo infantil e a da sorte que supón que vivamos nesa parte do mundo que ten leis eficientes que o  persiguen e impiden...

  O feito de que un neno poida asistir a clases (ainda que sexan como nos toca agora, non presenciais); relacionarse e xogar como neno cos seus iguais; ter en definitiva un proceso de crecemento físico e psiquico e de formación plena como persoa que lle sirva para defenderse no futuro no mundo adulto; é todo un logro das nosas sociedades avanzadas que debemos celebrar.

   Pero igualmente non debemos esquecer que é un logro ainda por alcanzar en outras moitas que non disfrutan dos avances sociais e económicos dos que nos gozamos...

   Para ter isto presente, non está de máis que vexamos este pequeno vídeo que nos introduce nun mal endemico en moitos paises chamados do terceiro mundo. Estes paises que, por desgraza, a pesares de dispoñer de leis que o poden perseguir, sofren unhas circunstancias económicas terribles, onde moitas familias humildes están inmersas nun circulo vicioso de pobreza, que os obliga a apoiar a súa precaria economía familiar no traballo dos máis pequenos o cal impide, de facto, a súa desaparición e a perpetuación de pais a fillos desta forma de explotación consentida, como mal menor, polo seu contexto social.

   Cando vexamos con orgullo e ledicia aos nosos fillos, netos, sobriños... xogar e aprender na escola, desfrutar da súa nenez en plenitude; recordemos pois a aqueles que están privados desa alegría e loitemos porque a poidan compartir con nós algun día non moi lonxano. É unha cuestión de xustiza social:

https://www.youtube.com/watch?v=aqQunOlVhKo

 

jcarlosp@edu.xunta.es

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer