Conmemoracións

Bos días familias!!

O venres pasado foi o Día Mundial do Medio Ambiente e hoxe é o Día Mundial dos Océanos polo que para celebrar estas conmemoracións que están tan interrelacionadas deixo a vosa disposición os seguintes contos:

1.-  El dragón Rufus: huracán de plásticos.

2.- Operación recogida de plásticos del mar.

3.- Aquatika.

NOTA: se premedes enriba dos títulos podedes acceder directamente ao link. Se o preferides, no arquivo adxunto poderedes atopar este conto en versión pdf e en diferentes idiomas.

Gustáronvos? Son ben fermosos e transmítennos un montón de valores... verdade?? A continuación vou a deixarvos unhas propostas de actividades relacionadas con estes contos.

1.-  Aquatika: creación do noso océano.  Para iso necesitaremos unha caixa de cartón, pedriñas, témperas, tanza,... finalmente, dos arquivos adxuntos poderedes extraer os peixes os cales debedes colorear e recortar para posteriormente introducilos dentro da caixa. 

imaxe extraída da rede

2.- Crear unha figuriña cos protagonistas dos contos. No meu caso pareceume interesante realizar un pompón do pulpiño Grimpo e para iso estou a seguir o seguinte tutorial: pompón pulpo.

Se quixésemos por exemplo facer a tortuguiña Chelo podemos elaborala empregando materiais de refugallo como podedes ver na seguinte imaxe:

imaxe extraída da rede

Neste caso utilizaron botellas pero podemos empregar tamén caixas dos ovos ou cáscaras de noces  para construír o caparazón.

3.-  Bucar na rede imaxes reais nas que se poidan visualizar a traumática situación dos nosos mares para crear pancartas nas que mostredes o voso descontento.

Animádevos e enviádeme as vosas creacións ao correo do cole para posteriormente subilas a esta páxina e que deste xeito poidan ser visualizadas polos vosos compañeiros.

Un saúdo!!!

 

 

AnexoTamaño
conto en diferentes idiomas.pdf4.04 MB
peces 1.jpg223.32 KB
peces.jpg425.71 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer