IOGA EN FAMILIA
Ola blogueir@s!
Imos seguir recomendando as virtudes do ioga como exercicio que cumpre con dúas finalidades: pode ser unha actividade relaxante, que nos axude a desestresarnos depois da nosa xornada laboral; e ao mesmo tempo vigorizante, ao tonificar e exercitar músculos e articulacións dun xeito menos agresivo do que algúns deportes.
Sendo pois un exercicio entendido como de "baixa intensidade", sobre todo nos seus niveis iniciais, pode ter efectos tan beneficiosos como outros deportes ou actividades físicas, pero sen os riscos de lesións ou sobrecargas musculares e articulares que estes poden traer consigo. Polo tanto sería ideal tanto para grandes, con algun tipo de problema físico que lles impida realizar outro tipo de exercicio, como para pequenos, ao cumplir co requisito de non forzar nin inerferir no crecemento duns corpos, que ainda están en proceso de conformación tanto dos seus sistemas muscular como óseo.
Resumindo, o ioga podería axudanos pois, grazas á súa doble dimensión, de apaciguador da mente e tonificador do corpo.
E para elo podemos iniciarnos con exercicios sinxelos, aptos para calquera nivel físico do que gocemos despois do confinamento:
https://www.youtube.com/watch?v=1J8CRcoFekE
jcarlosp@edu.xunta.es
Anexo | Tamaño |
---|---|
10-Basic-Yoga-Poses (1).jpg | 37.32 KB |