Novidades en canto ao período de admisión e matrícula
Bo día!
Segundo a Resolución do 5 de maio de 2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e de Xustiza pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria en Galicia (DOD 06 de maio de 2020); o período de admisión e matrícula para o vindeiro curso queda configurado da seguinte maneira:
- Presentación das solicitudes de admisión: do 11 ao 18 de maio de 2020.
- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
- Publlicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
- Reclamacións contra as listaxes provisonais: 3 días hábiles contados dende o día seguinte a súa publicación.
- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
- Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 de xullo de 2020.
Un saúdo