Día do libro

 Ola de novo. Aproveitando que hoxe se celebra o Día do Libro, gustaríame facervos unha proposta de lectura que pode contribuir a aliviar o tedio destas longas tardes de confinamento, a parte de fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequechos.

  A miña recomendación vai dirixida polo tanto a grandes como a pequenos porque creo que cada un deles poderá sacar proveitosas ensinanzas adaptadas ao seu entendemento a parte do propio placer da lectura das curiosas aventuras e do gran sentido común que desprende a nosa persoñaxe elexida...

  E esta lectura non é outra que a dun clásico de todos ben coñecido: "O pequeno príncipe", tamén coñecido como "O principiño" de Antoine Saint-Exupéry.

  Esta curiosa e entrañable personaxe amosanos, de entrada, como é posible vivir nun planeta diminuto (realmente un asteroide), tan pequeno como nos agora no pequeno planeta das nosas casas e como, ao mesmo tempo, pode ser feliz coidando das súas escasas -pero para él valiosas- pertenzas: unha rosa (o seu ben máis querido), uns volcans e pouco máis... 

  Así, con él, aprendemos a darlle o seu valor a aquelas cousas que son realmente importantes e necesarias para nós neste momento, esas que merecen realmente o tempo que gastamos nelas agora, e esperemos que para sempre...

  Bueno non quero alongarme moito máis e facerme pesado, así que vos deixo co "principiño", que podedes ler co@s vos@s fill@s estas tardes de primavera no noso encerro obrigado, pero non inutil, e coa esperanza de poder sair pronto dos nosos asteroides a explorar de novo o espacio exterior como acaba facendo o noso pequeno amigo...

Aquí tedes o enlace que nos leva a revisitar este clásico:

http://www.agirregabiria.net/g/sylvainaitor/principito.pdf

 

AnexoTamaño
El-Principito-frases-e-imagenes-24.jpg43.6 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer