Skip to Content

Comedor escolar curso 2019/2020

Seguindo o disposto na instrución 3/2019 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 7 de xuño do 2019, infórmase de que todo aquel alumnado que vaia facer uso do comedor escolar durante o próximo curso debe entregar a correspondente autodeclaración (Anexo II da citada instrución que consta en documentos adxuntos).

Non precisan presentar autodeclaración o alumnado en situación de exclusión social, en acollemento, con discapacidade igual ou superior ao 33% e que pertence a familias vítimas de terrorismo ou violencia de xénero.

Seguindo o disposto nesta instrucción temos concedidas 14 prazas.

O derradeiro día para presentar a autodeclaración será o 11 de setembro, tendo en conta o disposto na devandita instrución. De xeito que se deberán ir entregando o antes posible para facilitar as xestións relacionadas co tema.

AnexoTamaño
Instrucion_3-2019_dos_comedores_de_xestion_indirecta_curso_19-20.pdf468.5 KB
correccion_erros_instrucions_2_e_3_2019_2).pdf505.94 KB
Decreto 132 2013 do 1 de agosto.pdf790.21 KB


blog | by Dr. Radut