Blogues

CALENDARIO DE FEBREIRO

FESTA DE ENTROIDO

MERENDAS AO SOL

PROGRAMA DE RADIO COEDUCA

Xa temos nas nosas mans o resultado do Obradoiro de Igualdade de COEDUCA, organizado pola nosa AMPA. O programa de radio veu cargado de aprendizaxe e de novas experiencias, desenvolvendo no alumnado habilidades e competencias comunicativas. Tamén se traballaron valores de igualdade e respecto polas oportunidades da muller na sociedade. 

Sen dúbida, esta actividade deixa un recordo imborrable que esperamos repetir pronto!

 

Podedes escoitar o programa clicando na seguinte imaxe:

CHARLAS DE EDUCACIÓN NUTRICIONAL

Este venres visitounos Javier para impartir unha actividade complementaria de educación nutricional. No marco do programa "Sana el hoy" recibimos unhas charlas formativas e gamificadas, co obxectivo de achegar boas prácticas nutricionais e adquirir hábitos que condicionarán a saúde alimentaria dos nosos escolares.

A nosa AMPA organizou esta xornada chea de aprendizaxe e novas curiosidades, que de seguro quedarán no recordo de todo o alumnado. Encantounos!

 

 

O ANIVERSARIO DE AITANA

O pasado mércores celebramos o aniversario da nosa compañeira Aitana. Desfrutamos dunha riquísima torta e das apertas que inmortalizaron a súa primeira década.

Parabéns!

RESERVA DE PRAZA 1º EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

 

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o  día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Antía Cal Vázquez ten preferencia na reserva de praza para 1º da ESO no IES Basanta Silva de Vilalba. Para facela efectiva deberá presentar:

-SOLICITUDE TELEMÁTICA, a través da Sede Electrónica accedendo a: 

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A&ano=2022&numpub=1&lang=es con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital.

-SOLICITUDE PRESENCIAL no despacho de dirección do colexio nos horarios de atención ao público. (Deben entregala os pais/nais ou titores legais).

Engadir copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e as persoas proxenitoras

O prazo de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Pódese descargar a solicitude facendo click --> AQUÍ

 

Adxúntase con esta publicación esta información en castelán e a solicitude.

INICIAMOS O 2º TRIMESTRE

Seguimos coa nosa aventura, despois da maxia do nadal e dun descanso merecido, arrancamos de novo.
Nesta semana recuperamos costumes e rutinas, pero tamén descubrimos o paso dos reis polo colexio.
Repasamos as nosas vacacións e ao longo destes días montamos e colocamos os novos xoguetes, creando novos recantos.

Tamén recibimos a unha nova compañeira, uníndose á nosa pequena familia. Con ela continuamos o noso proxecto, viaxando á cultura peruana. Benvida Heidy!

Reiniciamos as gañas e a ilusión por seguir aprendendo e desfrutando!

Clicade na imaxe para ver o vídeo resumo da semana.

ORGANIZACIÓN DO 2º TRIMESTRE

Despois das festas e do descanso navideño, iniciamos o 2º trimestre con toda a ilusión e as gañas por seguir completando a nosa bagaxe. Compartimos con vós a seguinte presentación, clicade na imaxe para acceder a ela, na que se inclúe a seguinte información:

  • Organización temporal das actividades e conmemoracións previstas.
  • Normas de convivencia escolar.
  • Avance do proxecto do centro.

Arrancamos!

 

 

ORGANIZACIÓN XANEIRO

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer