Inicio de Sesión

Conmemoracións

Enterro dos Mecos

O pasado venres 20 de febreiro, celebramos no centro, o "Enterro dos MECOS". Coma todos os anos despois de feitas as acusacións e lido o testamento, procedimos a súa queima para seren purificados.

Tedes as fotos da xornada na GALERÍA DE FOTOS.

Tamén podedes ver o vídeo premendo no seguinte enlace: ENTERRO DOS MECOS.

Entroido 2015

Este ano, no CEIP Plurilingüe de Andrade, celebramos un "Entroido MARIÑEIRO", todas as actuacións están relacionadas co "MAR".

  • O alumnado de infantil fixo unha inmersión ao "fondo de bikini" no mar de "Bob Esponxa".
  • Os de primeiro mergulláronse baixo o mar para apreciar as verdes algas e os peixes de todas as cores.
  • Os de segundo  introducíronnos no marabilloso mundo das medusas co seu "baile das medusas".
  • O alumnado de terceiro e cuarto, transformados en "polbos de mar", bailaron o "baile do peixe".
  • Para rematar  os de quinto e sexto fieron unha representación xestual de cantigas populares galegas referentes ao mar.

Despois das actuacións tivo lugar un xantar de convivencia, onde toda a comunidade educativa degustaou as receitas, típicas destas datas, aportadas polas familias.

GRAZAS a todos pola vosa colaboración.

Coma sempre tedes todas as imaxes na Galería de fotos e tamén os vídeos. Podedes acceder dende os seguintes enlaces: FOTOS  VÍDEOS

Coma sempre deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.

Día da Paz 2015

Este ano adicamos o Día da Paz a coñecer un pouco mellor á paquistaní Malala Yousafzai, galardoada aos 17 anos co Premio Nobel da Paz, pola defensa do dereito á educación das mulleres.
O alumado de 6º curso presentounos un pequeno resumo sobre a súa vida. Despois fisemos unha lectura colectiva do libro "Querida Malala".
Para rematar cantamos unha canción arabe que fala de amor e paz.
Rematamos cun acto final no que compartimos os traballos realizados na área de Artística . Cada neno/a levará como agasallo o traballo realizado por un compañeiro ou compañeira do colexio.

Tedes as fotos e os vídeos nas respectivas galerias. Podedes acceder dende os seguintes enlaces:  FOTOSVÍDEOS

Coma sempre deixámosvos cunha pequena reportaxe da xornada.

FELIZ DÍA DA PAZ 2015.

NADAL 2014

NADAL MARIÑEIRO.

Este ano, coma en anos anteriores, celebramos o festival de Nadal, que nesta ocasión tivo como temática "o mar".

O alumnado de infantil interpretou o "Belén no fondo do mar".

O alumnado de primeiro interpretou" o circo", con animais mariños.

Os de segundo cantaron "Nadal no fondo do mar".

Os de Terceiro convertíronse en rapairos na praia de Doniños.

Cuarto interpretou unha "Fábula marítima".

Quinto e sexto no seu "Belén mariñeiro" interpretaron a peregrinación de Xosé e María pola vila de Pontedueme ata que os mariñeiros déronlles acubillo.

FELIZ NADAL.

Tedes as fotos e os vídeos nas respectivas galerías. Podedes acceder dende os seguintes enlaces: FOTOSVÍDEOS.

Deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.

7ª Festa da Froita autóctona

O pasado xoves 30 de outubro, celebramos no centro a 7ª festa da Froita autóctona. Nesta ocasión adicada a D. Carlos Fornos, falecido hai uns meses e que fora presidente da AGFA e un dos impulsores desta festa.

Nesta ocasión o alumnado do centro, por cursos traballou sobre unha froita e desvelounos os seus beneficios.

Toda a representación xirou en torno a un telexornal presentado polo alumnado de sexto de primaria, cpntando coa axuda dos reporteiros (tamén alumnado de xesto), desprazados aos distintos eventos e que nos deu boa conta dos distintos traballos realizados polos diferentes cursos.

Por suposto contamos coa colaboración do AGFA do Eume que organizou o concurso de froita con agasallos para todos os participantes. Do mesmo xeito agradecemos a colaboración do ANPA que entregou os premios ao concurso de cabazas.

Temos que facer especial mención a pequena homenaxe feita a Carlos Fornos, e agradecer a presenza e colaboración da súa familia. Podedes ver a presentación de homenaxe no seguinte enlace: CARLOS FORNOS.

Grazas a todos pola vosa colaboración.

Coma sempre tedes as fotos na GALERÍA de FOTOS  e os vídeos na GALERÍA DE VÍDEOS.

Deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.

Letras Galegas 2014

Como todos sabedes o 17 de maio commemórase o día das "LETRAS GALEGAS". Este ano adícanse a "Xosé María Díaz Castro"

No CEIP Plurilingüe de Andrade fixemos diferentes actos durante toda a semana para celebrar este día:

O martes 13 o alumnado de sexto presentounos un vídeo coa vida e obra de Xosé Mª Díaz Castro. A continuación o resto do alumnado contestou a unha serie de preguntas sobre a vida e obra do poeta homenaxeado.

O mércores o alumnado ilustrou mediante debuxos a vida e obra do autor. O alumnado do 2º e 3º ciclo visionou un documental sobre o poeta.

O xoves celebramos un concerto conmemorativo do día das letras Galegas. Contamos coa colaboración dos profesores do conservatorio Isabel e Francisco e coa colaboración da aula de música "Xario". Neste día houbo dúas partes, en 1º lugar un concerto do alumnado da aula de música e posteriormente os o alumnos dos diferentes ciclos recitaron diferentes poemas da obra de Xosé Mª "NIMBOS" e cantaron diferentes cancións. Rematamos a xornada cantando todos xuntos a obra realizada polo alumnado do "IES Poeta Díaz Castro" de Guitiriz, "Esa Lus", adicada ao poeta chairego.

Para rematar o venres realizamos unha romaría, onde participou todo o alumnado do centro. Grazas as familias pola súa colaboración.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Tedes as fotos das celebracións na galería do cole no seguinte enlace: FOTOS.

Do mesmo xeito podedes ver os vídeos: VÍDEOS.

Coma sempre deixámosvos cunha pequena presentación dos actos.

Maios 2014

O pasado mércores, 30 de abril, como en anos anteriores, celebramos os maios, festa con moita tradicción na nosa comarca.

Nesta ocasión o profesorado e o alumnado, coa inestimable colaboración das familias, elaboramos tres maios. Educación Infantil participou cun "PALLEIRO", 1º e 2º ciclo de primaria elaboraron un "CRUCEIRO" e o 3º ciclo "O MONASTERIO DE CAAVEIRO".

Despois da presentación dos maios o alumnado contou cancións tradicionais para conmemorar esta data.

Así mesmo participamos no concurso dos maios organizado polo Concello de Pontedeume e, co maio "Monasterio de Caaveiro", acadamos o 2º puesto.

Tedes as imaxes das diferentes xornadas na galería: Maios Andrade. Maios Pontedeume.

Tamén podedes ver os VÍDEOS

Deixámosvos cunha presentación da xornada.

23 de abril. Día do libro.

O pasado 23 de abril, "Día do libro e dos dereitos de  autor", commemoramos esta data cunha actividade moi especial para nos, "APADRIÑA UN LECTOR". Nesta ocasión o alumnado de 6º, 5º e 4º, apadriñou ao resto do alumos do centro e leulle un libro. Cada padriño tiña unha chapa identificativa e uns marcapáxinas que regalou aos seus afillados.

 

Podedes atopar as imaxes na GALERÍA.

Tedes os vídeos na GALERÍA DE VIDEOS.

Deixámosvos cunha reportaxe da xornada.

FELIZ DÍA DO LIBRO.

Enterro dos Mecos 2014

O pasado 7 de marzo, venres, enterramos a "Bruxa Curuxa" e ao "Mago Pirado".

En primeiro lugar o alumnado de 6º fixo un pouco de hostoria sobre esta festa, despois de ler o testamento paseamos aos Mecos en procesión ata o lugar onde foron queimados polos males que fixeron.

Podedes ver as imaxes da xornada na GALERÍA.

Tamén tedes o vídeo na GALERÍA DE VÍDEOS.

Deixámosvos cunha presentación da celebración.

)

Entroido 2014

O pasado 28 de febreiro celebramos no centro o festival de Entroido. Nesta ocasión disfrazámosnos de musicais.

Os de Infantil interpretaron o "Twist de Cleopatra".

Os do 1º ciclo de primaria o "Rei león".

Os do 2º ciclo de primaria "Alice in Wonderland".

Os do 3º ciclo de primaria "Sorrisos e bagoas" obra que consta de catro actos: "As notas musicias", "Baile do Tirol", Bals vienés" e "Adeus".

Rematamos coa degustación das larpeiradas aportadas polas familias: freixos, orellas, ....

Coma sempre tedes as fotos na galería no seguinte enlace: FOTOS.

Tamén podedes ver so vídeos das actuacións: VIDEOS.

Ata o próximo ano, deixámosvos cunha presentación do festival.