1º Ciclo, 2º Ciclo, 3º Ciclo, Admisión Alumnado, Becas e axudas, Calendario, Centros adscritos, Documentos, Documentos, Ed. Infantil, Ed. Primaria, Horarios de Clase, Horarios xerais, Lexislación, Libros de texto, Listado de admitidos, Matrícula, Prazos, Programa de Gratuidade, Secretaría, Trámites, Transporte, Vacantes, Zona de influencia

Inicio de curso 21-22

Inicio do curso 21-22

Estimadas familias, benvidas ó novo curso escolar.

Informamos que estamos organizando o curso nas reunións iniciais de coordinación e elaboración de documentación necesaria.

Adiantamos que o comezo de curso será o 9 de setembro no seguinte horario de ENTRADA:

PRIMARIA: entrará entre as 9:15 e as 9:30 por orden de chegada. As familias deixarán ó alumnado no bica e arrinca, sinalado ó efecto polo Concello, supervidados polos mestres de garda. O alumnado baixará do vehículo e  entrará directamente no recinto escolar para evitar aglomeracións, tanto de vehículos como de persoas.

INFANTIL: entrará no seguinte horario:

  • 4º de infantil, unha vez rematado o período de adaptación entrarán ás 9:45.
  • 5º de infantil ás 9:40.
  • 6º de infantil ás 9:35.

SAÍDA: a saída será escalonada do seguinte xeito:

  • INFANTIL:

4º DE INFANTIL: 14:00 H.

5º DE INFANTIL: 14:05 H.

6º DE INFANTIL: 14:10 H

  • PRIMARIA:

1º DE PRIMARIA: 14:15 H.

2º- 3º DE PRIMARIA :14:18 H.

4º DE PRIMARIA: 14:21 H.

5º DE PRIMARIA: 14:24 H.

6º DE PRIMAIRA: 14:28 H

LEMBRADE:

  • O alumnado de infantil poderá entrar acompañado dun só proxenitor.
  • O xoves 10 de setembro non haberá clases por ser festivo local.

Nas proximas datas seguiremos publicando os documentos necesarios para unha boa organización do curso.

Grazas pola vosa comprensión e colaboración.

SERVIZO DE MADRUGADORES

SERVIZO DE MADRUGADORES

Estimadas familias dende o Concello de Pontedeume comunícase a apertura do plazo para realizar a inscrición en MADRUGADORES para o vindeiro curso 2021-2022.

A inscrición realizarase entre o 16 de agosto e o 3 de setembro.

Tedes toda a información no seguinte enlace: Madrugadoras/es

No seguinte enlace podedes descargar a folla de inscrición: INSCRICIÓN

LISTA LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022

 

 

Premede no título para acceder ao listado de libros

Fondo solidario libros de texto

Fondo solidario libros de texto

 

O xoves 20 de maio, publicouse na páxina da consellería de Cultura, Educacición e Universidade a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2021 (este incluído).

Para máis información

Aplicación fondo libros (para a presentación telemática da solicitude)

Páxina da Consellería.

Resumo

Anexos I e II (para a presentación presencial)

Matrícula 2021-2022

Matrícula 21 - 22

LISTADO DEFINITIVO DE ADMITIDOS: todo o alumnado que solicitou praza no CEIP Plurilingüe de andrade, resultou admitido. Para comprobar o estado da súa solicitude pode consultar a aplicación Admisión Alumnado.

 

MATRÍCULA:

O prazo para realizar a matrícula para o vindeiro curso 2021 - 2022 abrangue dende o 20 ao 30 de xuño.

 

Documentación:

  • Fotocopía da tarxeta sanitaria.
  • Fotocopia da cartilla de vacinas.
  • Certificado médico. NON é necesario en papel oficial.
  • 4 fotografías tamaño carné (só para o alumnado de Infantil).

 

Anexos:

Si é posible traian este impreso (Anexo III) cuberto.

 

Admisión alumnado

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS

Estimadas familias, informámoslles que todo o alumnado que solicitou praza no CEIP Plurilingüe de Andrade, para o curso 2021-2022, resultou admitido.

A listaxe provisional podedela consultar na aplicación "Admisión do alumnado" ou chamando ao centro.

A listaxe definitiva sairá antes do 16 de maio.

Grazas a todos/as pola vosa confianza.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Do 1 ao 22 de marzo.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:

Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrar na aplicación Admisión alumnado, despois seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:

Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a Admision alumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións,... Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).

Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

2. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

Anexo II (Galego)

Anexo II (Castelán)

 

Para máis información:

XORNADA PORTAS ABERTAS

PORTAS ABERTAS

 

O vindeiro día 1 de marzo ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o curso académico 2021-2022.

 

Este ano, por mor da situación epidemiolóxica que estamos a vivir, NON podemos organizar a xornada de portas abertas, como as que fixemos en cursos pasados. Temos que ter en conta que o obxectivo prioritario do centro agora mesmo é minimizar no posible os riscos de infección do Covid-19 para alumnado, profesorado e demais persoal do centro.

Sen embargo, co fin de dar a coñecer o noso centro ás familias interesadas, dende a radio escolar “Loro Lareto”, a rapazada de 5º e 6º de primaria, realizou un programa de radio (vídeo-reportaxe), con reporteiros espallados polo centro, coa intención de mostrar as familias as liñas prioritarias que guían a nosa actividade educativa e as instalacións nas que esta se desenvolve.

Lembrade que toda a información relacionada coa admisión do alumnado irá aparecendo na páxina web. Ademais tamén podedes chamar, en horario de mañá, ao número 881930473.

 

Nas vindeiras datas publicarase toda a información relacionada co proceso de admisión, así coma o calendario a seguir.

 

 

Distribuir contenido