Escolares, Ed. Infantil, Idioma estranxeiro, Ed. Física, Ed. Musical, Ed. Primaria

Xogos fin de curso

Como remate aos actos programados para o día de fin de curso, 21 de xuño, todo o alumnado do centro realizou varios xogos, de xeito rotativo. Cada 5 minutos rotaban dun xogo a outro pasando deste xeito por todos os xogos programados.

O alumnado de  primaria participou nos seguintes xogos: Roubar a cola, as botellas, o pano, o brilé, o xogo das cadeiras con aros e corre corre que te pillo. Ademais os de primeiro en substitución do brilé realizaron un circuíto con zancos.

O alumnado de infantil realizou os seguintes: o paracaídas, buscando casa e carreira de sacos.

 

FOTOS

 

Cinderella

O pasado 21 de xuño e como parte da programación dos actos de fin de curso, o alumnado de cuarto de primaria, representou en inglés a obra "CINDERELLA".

Noraboa artistas.

Podedes ver as fotos e o vídeo nas respectivas galerías:

FOTOS

VÍDEOS

Despedímos cunha presentación da obra.

 

Iniciación ao piragüísmo

O pasado 20 de xuño, o alumnado de quinto e sexto de primaria realizou unha xornada de iniciación ao piragüísmo, pola ría de Ares. Esta actividade estivo organizada en colaboración co clube de remo "FIRRETE" de Pontedeume.

Unha xornada lúdica e instrutiva pois visitamos lugares descoñecidos para o noso alumnado e o máis importante fixémolo dende un punto de vista novidoso, observamos a costa dende o mar e non como estamos acostumados.

Tedes as fotos na galería de imaxes:

FOTOS.

Despedímonos cunha pequena presentación da xornada.

 

Hansel and Gretel

O martes 11 de xuño, o alumnado de terceiro de educación primaria, representou a obra de teatro "HANSEL  AND  GRETEL", en inglés.

FOTOS

VÍDEOS.

Despedímonos cunha pequena presentación da xornada.

Campamento de Inmersión Lingüística: Os Peares

 Inmersión lingüística<br />
        Os Peares

 

Para acceder as fotos do campamento precede no seguinte enlace:

Fotos

 

Premendo no seguinte enlace podedes acceder aos vídeos dalgunhas das actividades

 Vídeos

 

Saída Fragas do Eume

Dentro do noso PDI de centro "As Fragas do Eume", realizamos unhas saídas co alumnado para estudar a fauna e flora do Parque Natural "Fragas do Eume". Contamos para a realización da saída coa colaboración de monitores especializados que traballan no Parque.

Unha saída moi interesante para concienciar ao noso alumnado da necesidade de conservación da flora e fauna das Fragas do Eume.

Para ver as fotos, premede no seguinte enlace: FOTOS.

Dixámosvos cunha pequena presentación da saída.

 

Eumeolimpiadas 2019

Como en anos anteriores, o alumnado do noso centro participou nas "Eumeolimpiadas", xornadas polideportivas organizadas polo Concello de Pontedeume. Isto representa unha boa ocasión para interactuar e convivir co resto do alumnado do concello.

 

Todo o alumnado participa nun xogo colectivo, que varía en función do curso participante (3º balontorre, 4º fútbol, 5º balonmán e 6º baloncesto) e varios individuais: pentasalto, circuito de habilidade, lanzamento de balón e carreira de relevos. Este ano o alumnado de sexto de primaria realizou un xogo de orientación por parellas en vez dos xogos individuais. Unha experiencia moi interesante.

 

 

 

Rematamos as xornadas cun "macroaeróbic".

 

 

 

Tedes as fotos das xornadas nos seguintes enlaces:

 

 

 

TERCEIRO

 

 

 

CUARTO

 

 

 

QUINTO

 

 

 

SEXTO

 

 

 

Coma sempre deixámosvos cunha pequena presentación das xornadas.

 

Musicreques

O pasado mércores, 28 de novmebro, Alma e Loreto integrantes do grupo "MUSICREQUES", interpretaron para todo o noso alumnado diversos obras de teatro con monicreques musicados, con música en directo.

Grazas.

Tedes as fotos no seguinte enlace:

FOTOS

 

Eumeolimpiadas 2018

Como en anos anteriores, o alumnado do noso centro participou nas "Eumeolimpiadas", xornadas polideportivas organizadas polo Concello de Pontedeume. Isto representa unha boa ocasión para interactuar e convivir co resto do alumnado do concello.

Todo o alumnado participa nun xogo colectivo, que varía en función do curso participante (3º balontorre, 4º fútbol, 5º balonmán e 6º baloncesto) e varios individuais: pentasalto, circuito de habilidade, lanzamento de balón e carreira de relevos.

 

Rematamos a xornada cun "macroaeróbic".

 

Tedes as fotos das xornadas nos seguintes enlaces:

 

TERCEIRO

 

CUARTO

 

QUINTO

 

SEXTO

 

Coma sempre deixámosvos cunha pequena presentación das xornadas.

 

Eumeolimpiadas 2017

Como en anos anteriores, o alumnado do noso centro participou nas "Eumeolimpiadas", organizadas polo Concello de Pontedeume. Isto representa unha boa ocasión para interactuar e convivir co resto do alumnado do concello, aínda que este ano participaron unicamente os centros públicos de Pontedeume.

Todo o alumnado participa nun xogo colectivo, que varía en función do curso participante (3º balontorre, 4º fútbol, 5º balonmán e 6º baloncesto) e varios individuais: pentasalto, circuito de habilidade, lanzamento de balón e carreira de relevos.

 

Rematamos a xornada cun "macroaeróbic".

 

Tedes as fotos das xornadas nos seguintes enlaces:

 

TERCEIRO

 

CUARTO

 

QUINTO

 

SEXTO

 

Coma sempre deixámosvos cunha pequena presentación das xornadas.

Distribuir contenido