Novas anteriores

II GALA FIN DE CURSO

O venres 21 de xuño celebramos a GALA FIN DE CURSO.

Teremos a actuación do noso grupo de teatro e os actos de graduación das promocións de infantil e primaria.

Imos vivir unha tarde chea de emocións!

Vémonos no auditorio municipal ás 19:00 h. Non faltes!

OBRADOIRO "OS BRINQUEDOS DE ANTES"

Continuando coas actividades de conciliación para as familias, o vindeiro luns 20 de maio imos organizar un obradoiro para os cativos.

 

Trátase dun obradoiro de xogos e xoguetes tradicionais, elaborados con materiais naturais e de refugallo. Inscríbete e participa!

O TEATRO NA NOSA ESCOLA

Ademais de coa representación teatral, os nosos cativos desfrutarán tamén con un pequeno obradoiro de cociña.

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS PEDIÁTRICOS

 

O vindeiro venres 12 de abril agardámosvos para aprender a afrontar diferentes situacións de emerxencia. Estades todos convidados a participar!

 

 

CAMPAMENTO DE SEMANA SANTA

 

Estas vacacións de Semana Santa imos ter de novo un campamento no cole, con obradoiros de robótica e creación artística. Inscríbete xa!

 

 

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN INFANTIL

 

Continuando coas charlas de formación para adultos, este venres 22 de marzo, ás 19:30 h,  teremos a Lidia Folgar no noso cole para falarnos de alimentación infantil.