Reclamación ás cualificacións finais ou decisións de promoción

A normativa vixente contempla que as decisións ás cualificacións e a promoción poden ser obxecto de reclamación por parte das familias. A normativa que regula este procedemento é a Orde de 2 de marzo de 2021. En resumo, os pasos a seguir, en caso de disconformidade coa decisión adoptada polo equipo docente son os seguintes:

  1. Presentación da reclamación por escrito ante a dirección do centro dentro dos dous  días hábiles desde a publicación das cualificacións.
  2. A reclamación trasládase á xefatura de estudos que á súa vez traslada á persoa titora e ao equipo docente do alumno/a para a súa revisión.
  3. En caso de reafirmación na decisión adoptada a familia pode aínda trasladar a reclamación á xefatura territorial correspondente.

Achéganse modelos de reclamacións e mapa conceptual coas fases do procedemento.

 

AdxuntoTamaño
V-O0203221-D110321 Reclamación cualificacións.pdf464.2 KB
Mapa conceptual reclamacións.pdf16.2 KB
Modelo reclamación cualificación.pdf225.08 KB
Modelo reclamación promoción.pdf85.26 KB