Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

5º Curso

5ºB. Composicións de Outono

  Os alumnos de 5ºB deixáronse levar pola súa imaxinación e fixeron estas composicións de Outono empregando follas, froitos secos, paos...

Jorge interpretando coa armónica para 5º e 6º

   Jorge, o profesor de música, interpretou para os rapaces de 5º e 6º varias cancións coa armónica. Entre elas esta peza da banda sonora composta en 1952 por Victor Joung para a película "O home tranquilo" de John Ford.

Excursión dos alumnos de 5º a A Coruña

    O día 12 de xuño os alumnos e alumnas de 5º fixeron unha excursión á cidade da Coruña. Visitaron a Torre de hércules, o Monte San Pedro (coa cidade ao fondo na foto). Noutra foto están diante do obelisco. Visitaron  o Museo  de Ciencia e Tecnoloxía onde subiron á cabeza dun avión Boeing 707. (Para ver as fotos en grande premede nos ficheiros adxuntos). E para ver máis fotos da actividade entrade na Galería.

     Tamén fixeron actividades de grupo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Saída de 5º: Museo de Historia Natural e SGAE

  O venres, 23 de febreiro, os alumnos e alumnas de 5º de primaria  fixeron unha saída ao Museo de Historia Natural, o Luis Iglesias, en Santiago. Ao rematar, foron á SGAE, á Praza do Obradoiro e á Porta Santa, na Praza da Quintana. Por último, antes de volver ao autobús para regresar ao colexio, descansaron nun parque de Vista Alegre.

   Nesta presentación tedes algunhas fotos da saída e o texto redactado pola alumna Inés Peña. Premede na imaxe para abrila.

No Pazo do Faramello

 Aínda que con algo de retraso queremos completar unha entrada anterior da visita dos alumnos de 5º ao Pazo do Faramello.

  Neste PDF tedes algunhas das fotos realizadas durante a visita ao Pazo co xardín do recordo e ao seu entorno.

Punto de Igualdade

  Dentros dos actos pola igualdade e contra a violencia de xénero que se realizan no Concello de Ames, está a creación dunha Biblioteca sobre o tema, que foi presentada, entre outras, pola directora do Centro de Información á Muller de Ames (CIM), María Teresa Arufe. Con esta iniciativa que se chama PUNTO DE IGUALDADE búscase promover a través destes libros o respecto, a igualdade e a seguridade en si mesmas das alumnas e alumnos do Concello para que sexan capaces de cambiar  o mundo no que viven.

(no PDF adxunto están recollidas algunhas fotos da presentación)

Saída de 5º pola contorna

Este curso o Centro vai a tratar de elaborar o proxecto "Proxectando en verde" levado a cabo dende o Equipo da Biblioteca en colaboración co de Normalización e co resto dos Equipos Dinamizadores do centro.

Para elo o alumnado de 5º de Primaria fixemos unha saída a contorna onde traballamos os seguintes puntos:

-Bosque autóctono e foráneo

-Muíños do rego de Ameneira

-Recuperación da vexetación no monte de Lamiño (queimado no ano 2010).

- Aldea de Castrigo (fonte, muíño,...)

 

Elaboramos un traballo e recollemos mostras para seguir traballando neste tema na aula.


AVISO REUNIÓN 5º DE PRIMARIA

Ás familias do alumnado de 5º

    Os profesores titores de 5º de primaria convocan unha reunión informativa conxunta sobre o curso  E-DIXGAL.

    A continuación haberá unha reunión en cada titoría para tratar distintos temas de interese.

        DATA: 12 DE SETEMBRO

        HORA: 16:30

        LUGAR: BIBLIOTECA DO CENTRO

                                    Un cordial saúdo

                                               Os titores de 5º

Os alumnos de 5º visitan Campolameiro e os muiños da Barosa

   Os alumnos e alumnas de 5º visitaron a ÁREA ARQUEOLÓXICA DO COMPLEXO DE CAMPOLAMEIRO, que conta coa reconstrución dun poboado da Idade de Bronce feito cos materiais orixinais da época e onde percorreron o parque para ver uns dos PETROGLIFOS mellor conservados de Europa no seu emplazamento orixinal. Despois participaron nun taller de cerámica para traballar co barro e facer as típicas pezas da época castrexa. Para saber máis de Campolameiro premer AQUÍ.

  Máis tarde visitaron O PARQUE DA NATUREZA DO RIO BAROSA, un espazo natural do norte do concello de Barro, na provincia de Pontevedra, que conta con 12 muiños (varios deles rehabilitados) con varias fervenzas nun desnivel  de máis de 60 metros. O rio Barosa acaba rematando no rio Umia. Para saber máis deste espazo natural premer AQUÍ.

MÁIS FOTOS DESTA VIAXE NO VIDEO:

Un libro xigante do Quixote feito polos alumnos/as de 5º

     Os alumnos e as alumnas de 5º de Primaria fixeron este libro en formato xigante con ilustracións sobre o Quixote, para conmemorar os 400 anos da morte do seu autor Miguel de Cervantes.
Empregaron cartón de embalaxe para facer as páxinas que están cosidas con cordel para encuadernalo.  

     Está exposto na Biblioteca.

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

by Dr. Radut