Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

4º Curso

Visita de 4º ao Dolmen de Dombate e ao Castro da Cidá de Borneiro

 

  Os alumnos e alumnas de 4º de primaria  visitaron o 29 de maio o Dolmen de Dombate e o Castro da Cidá de Borneiro en Cabana de Bergantiños.

  Os alumnos fixeron actividades e tiveron unha visita guiada. Achegáronse así a unha parte importante da nosa historia. O monumento megalítico de Dombate foi usado entre o ano 3.800 a.C. ata o 2.700 a.C.  e o Castro da Cidá estivo habitado entre os séculos VI a.C. e o I d.C.. Viñeron encantados!

 

Concerto Didáctico no auditorio para 4º: O Crebanoces de Chaikovski

O trimestre pasado os alumnos e alumnas de 4º nivel asistiron no Auditorio de Galicia ao concerto didáctico do Crebancoces de P.I. Tchaikovsky, interpretado pola Real Filharmonía de Galicia xunto coa compañía de monicreques PER POC.

Como sempre que imos a un concerto didáctico, preparamos na clase de música a asistencia ao mesmo e despois fixeron estes debuxos. Tedes máis información no PDF adxunto.


Os de 4º aterrorizan os corredores... polo Samaín

  Polo Samaín  os alumnos e alumnas de 4º decoraron  os corredores con arañas, bruxas e esqueletos disfrazados.

Unha charla de Arqueoloxía de Rafael Penedo para os alumnos de cuarto

  O día 11 de outubro, Rafael Penedo, arqueólogo de profesión e pai de Ana veulles dar unha charla aos alumnos de cuarto sobre esta ciencia que estuda as culturas, artes, monumentos e obxectos da antiguedade. Tamén lles trouxo restos arqueolóxicos.

  Foi moi interesante. Moitas grazas por compartir esta charla cos rapaces!

 

"Rafael Penedo  é licenciado en Xeografía e Historia -especialidade de Prehistoria e Arqueoloxía- pola Universidade de Santiago de Compostela, é Xefe da Sección de Arqueoloxía nos Servicios Técnicos de Arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

    "Ao longo da súa carreira exerceu como arqueólogo en proxectos de investigación e prospeccions arqueolóxicas, profesor  e ten publicacións en revistas científicas especializadas".

 

Os monicreques de 4º

  Os alumnos e alumnas de 4º fixeron nas clases de plástica estos monicreques con planchas de espuma, roupa reciclada, pelotas, moi diversos accesorios, moito tempo, unha enorme cantidade de  imaxinación e sobre todo moitísimo traballo!

Excursión de 4º a Baroña e Axeitos

  O pasado venres 9 en horario de mañán os alumnos de 4º e os seus profesores visitaron o Castro de Baroña (un asentamento celta da idade de ferro no Concello de Porto do Són ocupado entre os séculos I A.C. e I D.C.) e o Dolmen de Axeitos  un monumento megalítico no Concello de Riveira  cunha antiguidade de case 7000.

Concerto de violonchelo e guitarra para os de 4º

  Antón e Xosé  déronlles aos alumnos de 4º un concerto de violonchelo e guitarra.

  Para saber máis destes dous instrumentos de corda (un de corda frotada e outro de corda pulsada) premede nos seus nomes.

 

Alumnos de 4º coas súas camelias "Rosalía de Castro"

Os alumnos e as alumnas de 4º despois de plantar as súas camelias Rosalía de Castro:

Árbores de Nadal de 4º

    Os alumnos e alumnas das tres clases de 4º fixeron estas árbores de Nadal con recortes de papel metalizado. Brillantes!

 

 

 

Composicións de Outono e Samaín dos alumnos de 4º de primaria

  

    Os alumnos e as alumnas de 4º de primaria realizaron estas composicións sobre o Outono e o Samaín.

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

by Dr. Radut