Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

Xefatura de estudos

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICOS CELEBRADA NO CURSO 2010-11

Aínda que a diferencia de media do Centro non resulta relevante, obsérvase que en calquera caso está sempre por enriba da media de Galicia e do grupo ISEC.
Con todo, os titores de 4º nivel, avaliaron dificultades e fallos, sacando as seguintes conclusións:
  • Resulta excesiva a realización de dúas probas seguidas cunha duración de dúas horas e media e vinte minutos de descanso, pois o grao de atención, interese e concentración é máis baixo a partir dos primeiros trinta minutos.
  • A realización da proba no noso centro (74 alumnos en 4º) nunha soa sala, distrae e da lugar a despistes, creando un ambiente pouco adecuado.
  • Nos cadernos de Competencia en Comunicación Lingüística hai lecturas que dan pé a confusión pola súa ambigüidade; acótanse en exceso as respostas e non permiten expresarse creativamente. En expresión escrita os resultados están nun nivel moi inferior aos realizados na aula ao longo do curso.
  • Nos cadernos de Competencia Matemática obsérvase unha distribución que obriga ao alumnado a ter que voltar de forma excesiva a páxinas anteriores para resolver a cuestión, co que se despista e perden interese nos contidos das cuestións prantexadas e contestando incluso aleatoriamente.
  • Nos cadernos de Competencia no Coñecemento e na Interacción co Mundo Físico, plantéxanse uns temas que non lle son atractivos, polo que o desinterés é notorio, contestando con desgana e coa sensación de só cubrir o expediente sen razoar as repostas.
  • Finalmente dicir que estas probas non as consideramos significativas para coñecer as competencias dos nosos alumnos por estar fóra da realidade das aprendizaxes na aula. Os tempos de realización e a posta en escea é totalmente allea e inadecuada para nenos e nenas destas idades. Realízanse cando aída falta un mes para rematar o temario e obríganos a desenvolver os últimos temas con presa, sen fixar contidos e creando un ambiente de estrés e nerviosismo no grupo de alumnos.
  • Confiamos que a Consellería vexa así mesmo estas deficiencias e sexan máis axeitadas na próxima avaliación co que se mellorarían os resultados non só no noso centro, senón a nivel xeral.
Pinchar nos arquivos para acceder a información.

FOBIA ESCOLAR

CONVOCATORIA de actividades de formación en linguas estranxeiras 2011

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 3.730 prazas para realizar
actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2011.

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.

by Dr. Radut