Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

Primaria

Gañadoras do deseño da mascota e o logo do Equipo TIC A MAÍA

  Desde Dinamización de  TICs fixérase a proposta dun concurso para elixir a mascota  e o logo do Equipo. A información está no BLOG.
  Sofía (3ºC) e Lara (6ºC) son as gañadoras do deseño da mascota e o logo do Equipo TIC A MAÍA respectivamente!. Por certo a mascota chámase TICO
  
 
  A directora do cole e o coordinador TIC entregáronlles a cada unha uns auriculares Bluetooth como agasallo. Agardamos que os disfruten!
 
 Os  participantes recibiron unha chapa cos deseños gañadores de cada categoría.
 Parabéns as gañadoras e moitas grazas ao resto do alumnado!
 
 Podedes ver máis información no blog do equipo de TICs.
 

Mostra floral do Corpus

  Os alumnos e alumnas de relixión de primaria crearon esta mostra   inspirados nas alfombras florais do Corpus. É un diseño feito por eles e empregaron tanto elementos naturais (flores de hipéricos, flores secas de hortensias, froitos, café, sales tinxidas de cor, brotes verdes das tuias...) como outros artificiais (témperas, papeis de cores, cartulinas, celofán, virutas etc...)

 

"Jack and the Giant". Teatro en inglés para 1º e 2º

  Os alumnos e alumnas de 1º e 2º asistiron o venres na Aula de Cultura de Bertamiráns á representación da obra "Jack and the giant!"  representada pola compañía de teatro en inglés FACE 2 FACE.

  O argumento deste conto popular inglés é o seguinte: Jack, un rapaz de familia humilde intercambia a vaca da súa familia por unhas fabas máxicas. As fabas medran pola noite e convértense nunha xigantesca árbore. Jack escala a árbore ata chegar a un palacio nas nubes onde vive un xigante...

Baile de Entroido. Sesión de Primaria

 Os rapaces, rapazas e profesorado de primaria (aquí están os de 5º e 6º) disfrutaron do seu baile de Entroido...

 

Xogos colaborativos no Día da Paz e a non Violencia

O Día da Paz e a non Violencia conmemorouse no centro cunha serie de xogos colaborativos e non competitivos nos que todos saían gañando... Unha actividade que foi coordinada polo Equipo de Convivencia e na que todos participaron.

Saída Didáctica: "SOMOS IGUAIS, SOMOS DISTINTOS"

   En breve está prevista unha nova saída didáctica, esta vez cunha temática distinta, para que así os nosos alumnos e alumnas acudan ao logo da Educación Primaria, a distintos tipos de espectáculos, que resulten deste xeito máis motivadores e enriquecedores para a súa formación, non só artística, senón tamén como persoas.

   Nesta ligazón tedes a información sobre a saída:

https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/somos-iguais-somos-distintos

"Porqué non ser amigos?"

  Un traballo para o Día da Paz feito polos  alumnos de relixión sobre a canción "Porqué non ser amigos?" de hombres G e el canto del loco.

Desexando un feliz 2019!

   Por motivos técnicos, non demos subido antes esta felicitación dixital coas postais elaboradas polos nenos. ...pero sempre chegan a tempo para desexarvos a todos un feliz e próspero ano 2019!

Debuxando a porta violeta de Rozalén

   Os alumnos e alumnas de  Relixión de 5º e 6º de primaria empregaron a canción de Rozalén para pintar unha porta violeta contra a violencia de xénero.

              

               

Cinema Crianza

  

   Varios grupos de primaria, e os maiores de infantil, asistiron á proxección dunhas curtametraxes internacionais no festival internacional de cine infantil CINEMA CRIANZA. Este é o segundo festival que se celebra en Ames, para promover o gusto polo cine, a capacidade crítica e a alfabetización audivisual entre os rapaces. Despois, os maiores fixeron unha valoración das curtas vistas que podedes ler no PDF adxunto.

Resumo feito por Gabriela López:

O RETRATO DE ELIKA. Trataba sobre unha rapaza pequena que expoñía na súa clase o país da súa nai, Irán.

 INSPIRACIÓN. Un neno que lle gustaba moito o parkour  pero tiña unha dificultade  porque non tiña 4 dedos dunha man pero mostroulles as persoas  que todo e posible se te o propoñes

 A VOZ DE NARGES. Unha nena de Irán quería cantar na mesquita mais só podían os homes, a ela non lle importou e fixo o que pudo para parecerse a un neno e ao final  cantou.

 O PRINCIPIÑO. Cando somos pequenos a os nenos solen regalarlles coches e as nenas bonecas, pero en Suecia mostráronos que no só as boneca son para nenas ou os coches para nenos

 FHEDI. A  dicir verdade esta foi a miña curtametraxe favorita , trata sobre un neno que na escola fanlle acoso escolar mais el non llo di a ninguén ,pasa o tempo e empezaron a sair os moratóns , golpes , material roto...... E el seguía sen dicir nada .

 

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.

by Dr. Radut