Primaria

Obradoiro de ECO PERCUSIÓN

      Os pasados días 28, 29 e 30 de setembro tivemos un obradoiro de música, ECO PERCUSIÓN, en distintas sesións e espazos do colexio, magníficamente impartido polo músico cubano Edel, para os nenos e nenas de 2º a 6º cursos, no que, entre outras cousas, tiveron a oportunidade de tocar a batería ademais de escoitar diferentes ritmos interpretados polo percusionista como  bossa-nova,  paso dobre,  valse ou o reggaeton e tocar ritmos en eco,  empregando material de reciclaxe. Todo iso contaxiados polo entusiasmo de Edel pola música e pola percusión. 

 E algúns dos traballos dos rapaces:

 

  

A galiña azul de Carlos Casares

   Esta semana das Letras Galegas o cole encheuse de galiñas... en homenaxe a Carlos Casares e a súa galiña azul.

 

Recitando a Rosalía de Castro

      Vídeo de recitado dunha parte dos poemas de Cantares Galegos para conmemorar o día de Rosalía. Elaborado polo alumnado do CEIP A Maía de Bertamiráns.

    Video Clip do poema: "Cantarte hei Galicia" feito polo alumando de 4º, 5º e 6º do CEIP A Maía.

(Ambos videos están no blog de primaria )

Violencia de xénero e acoso escolar

   Ao longo da semana pasada membros da GARDA CIVIL  impartiron ao alumnado de 5º e 6º unhas CHARLAS SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO E ACOSO ESCOLAR. Estas charlas forman parte do Plan Director, un concerto entre a Consellería de Educación e a Garda Civil.

 

  

Canta o cuco: Os poemas de Manuel María con Uxía, Magín Blanco e Inacio Vilariño para 2º e 3º

 

   Os alumnos e alumnas de 2º e 3º de primaria asistiron na Casa da cultura de Bertamiráns a unha audición musical con Uxía, Magín Blanco e Inacio Vilariño. A obra era CANTA O CUCO, unha representación dos poemas musicados de Manuel María o autor a quen e lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas. Ademáis Inacio encargábase da escenografía, cambiando o escenario a cada momento. Os poemas están editados por Galaxia no libro-CD Canta o cuco na casa de Manuel María e conta coas fermosas ilustracións de Leandro Lamas.

    Os rapaces pasárono moi ben!

 Nesta montaxe están as fotos da saída

e algunhas das cancións de UXÍA E MAGÍN

Recitando a Rosalía

    O alumnado de primaria homenaxea a Rosalía de Castro con este recitado dos seus poemas:

Estas son algunhas das fotos que se sacaron durante a preparación do video e imaxes da vida e obras da escritora:

Unha imaxe de parte do equipo técnico no "making of"

Os alumnos e alumnas de 5º tamén participaron nun programa de Radio Ames:

"Música, baile e instrumentos na tradición galega" no Auditorio e visita ó Mupega

 O venres os alumnos de 5º de primaria fixeron unha saída a Santiago para visitar o Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) e o Auditorio. Neste escrito a alumna Natalia Paz de 5ºC, cóntanos como lles foi.

  No Auditorio asistiron a un concerto de "Música, baile e instrumentos na tradición galega" a cargo de Pablo Carpintero que fixo o deseño do concerto, a presentación, gaitas e outros instrumentos, das pandereteiras "Ars Antiqua" (Sonia Albor, Montse García-Santamarina, Rosa Sánchez, Raquel de la Fuente e Fátima Ruzo) e o grupo de baile do centro Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras dirixido por Luís Prego.

 Aquí están os alumnos de 5º no MUPEGA

Xosé Neira Vilas, un rapaz de aldea no Ceip A Maía

  Onte finou o escritor Xosé Neira Vilas autor de “Memorias  dun neno labrego”, o libro máis lido e traducido da literatura galega que comeza con estas palabras“Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen dis, un ninguén…”.

  Con motivo do 50 aniversario da publicación das memorias de Balbino, no ano 2011 o escritor visitou o noso Centro, conversou cos rapaces do 3º ciclo e adicoulles os seus libros. Nesta ligazón co blog da Biblioteca  podedes ver como transcurreu a visita e lembrar a Don Xosé.

Powered by Drupal - Design by artinet