Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

Secretaría

Devolución dos libros de texto do curso 2016/17

 

Na semana do 19 ao 23 de xuño, todo alumnado beneficiario de libros de texto, deberá devolvelo ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2017/18. O prazo máximo para devolvelos será o 23 de xuño 2017.

CONDICIÓNS DE DEVOLUCIÓN

  1. Os libros deben ser devoltos en bo estado, forrados, sen marcas de lapis, bolígrafo, etc. e sen nome (por favor retírenlle as etiquetas co nome do alumno ou alumna).
  2. A devolución faise  só na secretaría do centro.
  3. Si os representantes legais do alumnado así o  desexan e o solicitan, recibirán un documento de «recollida» dos libros de texto efectivamente devoltos.

A falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2017/18.

As familias que libremente queiran doar os libros de texto de 3º ou 4º adquiridos con fondos propios, para incorporar ao fondo solidario de libros do centro, poderán facelo nas mesmas datas e coas mesmas condicións de devolución.

Bertamiráns, 12 de xuño de 2017

 

A DIRECTORA

 

Mª Isabel Abelleira Bardanca

REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE O PASO DO ALUMNADO DE 6º AO IES

Estimadas nais, pais, familias,

O luns 19 de xuño, ás 16:30h, na biblioteca do CEIP A MAÍA,  convocámosvos a  unha reunión informativa coa Directora do IESP de Ames, na que se vos dará información sobre o paso do alumnado de 6º de educación primaria a 1º da ESO;  así como se intentará dar resposta ás dúbidas e inquedanzas que vos poidan xurdir sobre o paso dos vosos fillos e fillas a esta nova etapa educativa.

 

Bertamiráns, 12 de xuño de 2017

A DIRECTORA

 

 

Mª Isabel Abelleira Bardanca

Folleto informativo para alumnado de 3 anos

FOLLETO INFORMATIVO PARA NAIS E PAIS  DE ALUMNADO DE 3 ANOS

(Premer na imaxe)

 

Premer na imaxe para ver os documentos e as informacións entregadas

INFORMACIÓN PARA FAMILIAS DE ALUMNADO DE NOVO INGRESO EN 4º DE INFANTIL (3 ANOS). CURSO 2015/16

Información sobre a 1ª reunión de setembro de 2015 e  o periodo de adaptación.

RELACIÓN PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2015-2016

Para acceder á relación provisional de admintidos, prema no curso correspondente

 

     EDUCACIÓN  INFANTIL                                                                EDUCACIÓN PRIMARIA                                                                                  
4º EDUCACIÓN INFANTIL 1º EDUCACIÓN PRIMARIA
5º EDUCACIÓN INFANTIL 2º EDUCACIÓN PRIMARIA
6º EDUCACIÓN INFANTIL 3º EDUCACIÓN PRIMARIA
  4º EDUCACIÓN PRIMARIA
  6º EDUCACIÓN PRIMARIA

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL COMPLEMENTARIO PARA O CURSO: 2014-15

 (PINCHAR NOS TÍTULOS PARA ACCEDER AO LISTADO)

 

LIBROS E MATERIAL DE 1º          LIBROS E MATERIAL DE 2º           LIBROS E MATERIAL DE 3º

                                                                                                                                    

 

LIBROS E MATERIAL DE 4º         LIBROS DE 5º: DIXITAIS                  LIBROS E MATERIAL DE 6º

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

Está aberto o prazo de solicitude de axudas para a adquisición de libros de texto. As solicitudes deberán presentarse no centro, unha vez cuberto o ANEXO I que se pode recoller en conserxería ou baixalo no seguinte enlace da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Máis información

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.

by Dr. Radut