Estimadas nais, pais familias, para facilitar a continuidade do proceso de aprendizaxe do alumnado fóra do ámbito escolar, os equipos docentes e o restante profesorado elaborarán propostas de actividades para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios.
En breve teremos habilitada unha aula virtual/entorno/plataforma para o alumnado de educación infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria. Mentres non estea operativa, seguide estas recomendacións.
Recomendacións e tarefas para estes días.
#Euquedonacasa
- Proposta do departamento de orientación para o alumnado
- Consellos a ter en conta durante o periodo de permanencia na casa
- Proposta para o alumnado de educación infantil:
O equipo de educación infantil considera que esta etapa non permite a realización de tarefas telemáticas polo que recomendamos actividades xenéricas e habituais tales como: xogo simbólico e de construción, lectura e visualización de contos, recortado e pegado, debuxo, modelado e coloreado. Aínda así, ao longo destes días iremos facendo propostas.
- 4º de Educación infantil (3 anos)
Proposta de secuenciación de actividade diaria
Actividades de lóxica matemática
Proposta de experimentos para facer na casa
Listaxe de contos infantís que se poden ler e traballar na casa
Pautas para traballar os contos na casa
Relixión católica: Recomendacións para 4º de educación infantil
- 5º de Educación infantil (4 anos)
Proposta Acividades (30 Marzo) 1-2
Relixión católica: Recomendacións para 5º de educación Infantil
- 6º de Educación infantil (5 anos)
Proposta para actividades na casa
Relixión católica: Recomendacións para 6º de educación Infantil
Lingua Inglesa Educación Infantil
- Propostas para o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria
Ao longo dos vindeiros días iremos poñendo máis tarefas
- Nivel de 1º de Primaria
- Tarefas para 1º A:Información Ciencias Socias, Naturais, Lingua galega, Lingua castelá, Matemáticas
- Educación Física
- Inglés: Cargaranse en Edmodo até que a Aula Virtual do centro estea 100% operativa.
- Música
- Relixión
- Nivel de 4º de Primaria
- Educación física: Ioga Ioga2 Respiración
- Inglés
- Música: Aquí tedes, como xa fixemos no anterior trimestre, unhas fichas para que os vosos fillos e fillas fagan mirando polo libro. Trátase de que ao tempo que as fan repasen o aprendido nas clases. Tamén poden seguir a practicar as cancións de frauta. Espero que lles gusten e que sigan traballando!
- Proposta para o alumnado de 5º e 6º de educación primaria E-Dixgal
Nos vindeiros días o profesorado titor e especialista irá subindo tarefas á plataforma.