Normalización lingüistica

Os poemas de Rosalía na Maía

 

Mercadillo solidario: trocando xoguetes por libros!

 

Os Equipos de Normalización Linguística e de Dinamización da Biblioteca colaboraron na organización deste MERCADILLO SOLIDARIO no Nadal. Fíxose un intercambio de libros, usados pero en bo estado, por xoguetes que foron entregados para a Oficina de Voluntariado do Concello de Ames.

   Os libros foron donados pola Biblioteca do centro e polas aulas e  empaquetados en primaria polos profes e os rapaces que colaboran na Biblioteca. Colocáronse dous postos de intercambio, en primaria e en infantil, que foron todo un éxito.

  

  Moitas gracias a todos polos xoguetes entregados que de seguro serviron para alegrar a moitos rapaces!.

 

Xogos populares na Maía

Neste ano dedicado a Don Antonio Fraguas Fraguas, non podíamos deixar de lado os xogos populares. O EDNL  do centro  organizou esta actividade de xogos populares. Están realizados en madeira por Cándido Mascato. "Os xogos Populares no Grove", que así é como se presentan, son unha colección que inclúe elementos de lanzamento, habilidade e taboleiro que garantizan a diversión e o entretemento e fomentan a cultura popular. Aprendimos a valorar outro tipo de xogos sinxelos que se saen dos comerciais.

 
 
 

PROXECTANDO en VERDE: Aula virtual e códigos QR

   Ao longo do curso os alumnos participaron nun traballo en común, proposto desde o Equipo de Normalización a todo o Claustro, sobre todas as árbores e as plantas que temos no colexio... e por fin está rematado. Chámase "PROXECTANDO en VERDE"  e na  AULA VIRTUAL desta web tedes a disposición de todos o resultado da investigación sobre todas as especies do inventario. Agora, desde os máis pequenos de infantil ata os maiores, son pequenos expertos na súa especie. Decoráronse ademáis as portas das aulas coas especies traballadas.

  Tamén se colocaron sinaladores a carón de cada especie co seu nome e  un código QR elaborado polo equipo de TICS desde o que podedes acceder a toda a información recollida.
Algunhas das portas: 
 
 
Algúns dos carteis:
 

Tendal de poemas e paxaros no paseo fluvial de Bertamiráns

        

Os alumnos e alumnas dos centros educativos de Ames participaron nesta proposta do EDNL  do Concello. Fixemos un tendal de poemas cos paxaros no paseo fluvial de Bertamiráns, na travesía do Porto no Milladoiro e no monte escolar de Carballo.

   Dous alumnos de cada clase foron elexidos por sorteo para representar aos seus compañeiros e levar os poemas que agora están pendurados das árbores para que disfrutedes lendo estos versos ilustrados.

Rosalía vive na Maía

 Mostra dos poemas de Rosalía de Castro que ilustraron os alumnos. Como seguro que xa os vistes, están  pendurados polo patio de entrada  do noso colexio, situado no medio das terras que a inspiraron e que a escritora percorreu desde o seu nacemento en  1837 no Camiño Novo, do Concello de Conxo, hoxe Praza de Vigo do Concello de Santiago de Compostela ata o seu pasamento en Padrón no ano 1885.

Premede na imaxe para ver os traballos pendurados no patio.

 

O Entroido en Galicia

Exposición dun traballo coordinado polo EDNL sobre o Entroido en Galicia, con información recopilada polos alumnos do ceip A Maía e materiais (murais e pantallas) elaborados por eles. A mostra está ubicada no segundo andar do colexio.

Exposición Retrospectiva do Entroido galego

 

Unha exposición retrospectiva de fotografías do Entroido galego aportadas polas familias do colexio. Reflicten as nosas referencias socioculturais, os Entroidos de antes e o porqué das actuais celebracións. Moitas grazas a todos os que aportástedes este pequeno anaco da historia do Entroido ao longo do tempo e por toda Galicia (incluso algunhas de fora).  Pódese ver na entrada do edificio de Primaria.

Tendal de poemas: entre ríos e camiños

 

  O alumnado de infantil e primaria de Ames participou nunha intervención artístico-poética ao aire libre. Fixeron siluetas de pezas de roupa en lonas nas que por un lado escribiron poemas e polo outro puxeron as ilustracións feitas en cada aula.

  Na organización e coordinación da actividade colaboran os ENDLG dos centros de participantes, a Aula da Natureza e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames.

    A temática foi a Natureza e os poemas eran de escritores en lingua galega ou de producción propia. As pezas colgáronse en distintos parques de Ames en tendales facilitados polo Concello (máis información premendo aquí para ver a súa páxina). A idea era facer disfrutar aos veciños de Ames coa poesía. Esperamos que vos gustasen!

 

    Dous alumnos de cada aula, elexidos por sorteo, foron os representantes dos seus compañeiros para tender estas pezas poéticas. Premendo no issuu de abaixo veredes en detalle os poemas dos alumnos de infantil.

 

 

 

Chegan algúns dos poemas sementados

 

   Ata o día de hoxe, 2 de xuño, a actividade “Sementando Poemas” tivo os seus froitos, e esperamos que non sigan a chegar poemas en novos lugares inesperados. Tivemos as seguintes noticias:

  • Sandra deixou un no comedor do CEIP A Barouta (Ames)

  • Paco atopou un na Illa do Refuxio en Oroso. (non se pode ver ben por baixa resolución)

  • Hugo deixou un no Pazo da Peregrina en Bertamiráns (Ames)

  • Gloria deixou un na Área Recreativa de Sigüeiro.

  • Flor e Silvia non nos din do lugar pero atoparon tamén poemas. (non se pode ver ben por baixa resolución, se podedes probade a enviar a foto de novo, por favor)

     Se vos fixades o de Paco e o de Gloria son o mesmo, e o de Iria e Flor tamén, que seguen a viaxar, onde acabarán? Saberémolo?

    

 

                                        

Grazas pola vosa colaboración e seguide a sementar cultura.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP A Maía.

 

Distribuir contido