Música

Jorge interpretando coa armónica para 5º e 6º

   Jorge, o profesor de música, interpretou para os rapaces de 5º e 6º varias cancións coa armónica. Entre elas esta peza da banda sonora composta en 1952 por Victor Joung para a película "O home tranquilo" de John Ford.

"Tres hojitas madre" polos alumnos de 3º

   Coordinados pola profe de música Mercedes, os alumnos de 3º debuxan e cantan un clásico do cancioneiro popular, "Tres hojitas madre". 


 

"A historia extravagante de Hipo & Gavante": debuxos do concerto

O pasado 16 de marzo asistimos á representación desta obra interpretada pola Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela.

 Antes de ir ao concerto, traballamos tanto a parte musical como o conto. Entre todos fomos completando as rimas e adentrándonos na historia. Á  volta do concerto e nas  clases de plástica cos titores e titoras  de 2º nivel, fixeron  debuxos  sobre o conto. Podedes velos premendo AQUÍ  e tamén nesta imaxen .

    Esta suite sinfónica composta por Cristóbal López Gándara no ano 2014 sobre o conto de Nono Granero do mesmo título,  conta as peripecias dun Hipopótamo que, cansado de vivir no mesmo recodo do río, decide tomarse unhas vacacións no mar para cambiar de aires e onde se fai amigo dun bogavante ao que lle gusta moito o café.

    O alumnado tamén dispón do libro  ("A historia extravagante de Hipo e Gavante” ) na biblioteca do colexio para lelo ou poder levalo a casa e seguir disfrutando desta  maravillosa historia.

CONCERTO: "A historia extravagante de Hipo & Gavante"

   Xa se achega o novo CONCERTO!. Será o vindeiro 16 de marzo no Auditorio de Galicia. Asistiremos á seguinte representación: A historia extravagante de Hipo & Gavante interpretada pola Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela,  con narración de Nono Granero, o autor do conto.

   Recomendamos o seguinte libro para un mellor aproveitamento e disfrute do concerto.

 

"A historia extravagante de Hipo & Gavante"

Autor: Nono Granero Moya

Editor: Canica Books

E para máis información premede nestas ligazóns:

http://www.compostelacapitalcultural.com/detalles/18024/eventos.html

https://www.youtube.com/watch?v=BgX2wj-ARFc

 

 

Unha Ópera de Rossini: Guillermo Tell

 

 

    Os pasados 30 e 31 de outubro os nenos e nenas de 5º e 6º niveis, asistiron no Auditorio de Galicia á representación da ópera Guillermo Tell. Traballamos previamente á asistencia ao concerto a partir da unidade didáctica. Durante o curso adentrámonos no mundo da ópera, e como final, os alumnos e alumnas de 5º e 6º fixeron redaccións (algunhas das cales están nos arquivos adxuntos) e tamén debuxos.

Obradoiro de ECO PERCUSIÓN

      Os pasados días 28, 29 e 30 de setembro tivemos un obradoiro de música, ECO PERCUSIÓN, en distintas sesións e espazos do colexio, magníficamente impartido polo músico cubano Edel, para os nenos e nenas de 2º a 6º cursos, no que, entre outras cousas, tiveron a oportunidade de tocar a batería ademais de escoitar diferentes ritmos interpretados polo percusionista como  bossa-nova,  paso dobre,  valse ou o reggaeton e tocar ritmos en eco,  empregando material de reciclaxe. Todo iso contaxiados polo entusiasmo de Edel pola música e pola percusión. 

 E algúns dos traballos dos rapaces:

 

  

Concerto de armónica para 6º: por Jorge Bernal

   Concerto de armónica na Biblioteca para os alumnos e alumnas de 6º a cargo do profe de Música Jorge Bernal.

 

Os nenos que viviron e debuxaron o Holocausto. Debuxos dos nenos do ghetto

    Por se é de voso interese e queredes achegarvos á esta exposición, desde a área de  Educación Artística ( Educación Musical) e co único ánimo de contribuír a un mundo mellor, o que implica coñecer a historia pasada, non esquecela nunca, tela  presente cada día  e transmitirllela aos nosos fillos e fillas, nenos e nenas, que sen dúbida serán o noso, pensemos, xusto e pacífico futuro, deixando ao voso criterio e consideración como pais e nais, contar, como e cando,  esta parte escura da nosa historia reciente. LER O ARTIGO COMPLETO CON TODA A INFORMACIÓN SOBRE ESTA EXPOSICIÓN RECOMENDADA POLO DEPARTAMENTO DE MÚSICA  PREMENDO AQUÍ +

EXPOSICIÓN : "Los niños que vivieron y dibujaron el Holocausto".

   A EXPOSICIÓN  ‘Os nenos que viviron e debuxaron o Holocausto. Debuxos dos nenos do ghetto de Terezín’ PERMANECERÁ ABERTA no  claustro alto de Fonseca ata o 24 de febreiro en horario de luns a venres de 9.00 a 21.00 horas e os sábados ata as 13.00 horas.

 

EXPOSICIÓN : "Os nenos que viviron e dibuxaron o Holocausto".

   Por se é de voso interese e queredes achegarvos á esta exposición, desde a área de  Educación Artística ( Educación Musical) e co único ánimo de contribuír a un mundo mellor, o que implica coñecer a historia pasada, non esquecela nunca, tela  presente cada día e transmitirllela aos nosos fillos e fillas, nenos e nenas, que sen dúbida serán o noso, pensemos, xusto e pacífico futuro, deixando ao voso criterio e consideración como pais e nais, contar, como e cando,  esta parte escura da nosa historia reciente.

EXPOSICIÓN : "Los niños que vivieron y dibujaron el Holocausto".

 A Comunidade Xudea de Galicia, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, o Centro de Linguas Modernas da USC, o Centro Checo de Madrid e a Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela,  organiza no  claustro alto de Fonseca a exposición: "Los niños que vivieron y dibujaron el Holocausto".

   Nesta exposición poden verse  33  debuxos  dos nenos e nenas que viviron no campo-gueto de Terezín entre 1940 e 1945, durante a Segunda Guerra Mundial, campo que cumpría unha función principalmente propagandística para o réxime nazi.

   A mestra e artista Frield Dicker-Brandeis impartiu clandestinamente clases e ensinou a debuxar e a expresarse a través das obras plásticas a estes nenos e nenas para sobrelevar a tremenda situación que lles tocou vivir naquel campo-gueto, desplegando así toda a súa humanidade que unida a unhas grandes dotes artísticas e amplo coñecemento da psicoloxía infantil, funcionou como unha terapia, que sen dúbida, resultou inmensamente valiosa para os nenos e nenas de Terezín. Frield Dicker-Brandeis pouco antes de ser deportada xunto co seu home, escondeu os debuxos sabendo que quizais algún día terían valor e non só  artístico. E así foi. Consérvanse como  testemuña do Holocausto Xudeu, máis de 4000 debuxos, moitos deles no Museo Xudeu de Praga, dos aproximadamente 15.000 nenos que  pasaron por Terezín.

   Alí en Terezín, foi representada a ópera Brundibár de Hans Krása, compositor xudeu  tamén recluído en Terezín e con libreto do prolífico e polifacético Adolf Hoffmeister. Brundibár foi representada en Terezín unhas 55 veces polos nenos e nenas  que incluso nunha ocasión, durante unha inspección da Cruz Vermella Internacional na que cantaron ante os delegados das organizacións que visitaron Terezín. Recentemente,  unha desas nenas que cantou no coro  de Brundibár, Dagmar Lieblová, estivo en Santiago de Compostela  impartindo unha conferencia  e asistindo ás representacións desta ópera no Teatro Principal de Santiago e  tamén en Vigo, sendo así testemuña viva, do  Holocausto Xudeu.

 

 

 

A EXPOSICIÓN  ‘Os nenos que viviron e debuxaron o Holocausto. Debuxos dos nenos do ghetto de Terezín’ PERMANECERÁ ABERTA  ata o 24 de febreiro en horario de luns a venres de 9.00 a 21.00 horas e os sábados ata as 13.00 horas.

 

BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA:

Goldman Rubin, Susan (2000). Fireflies in the Dark: The Story of Friedl Dicker-Brandeis and the Children of Terezin. New York: Holiday House

 

Ligazóns:

·         Xornal USC

http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2017_02/noticia_0008.html

 

 

 

Departamento de  Educación Artística ( Educación Musical)

Bandanza, concerto da Banda Municipal de Santiago para 3º e 4º

    Seguindo a liña de que ao longo da Educación primaria, os nenos e nenas asistan a concertos didácticos de distintos estilos e agrupacións, nesta ocasión o venres 15 de abril,  os alumnos de 3º e 4º terán a oportunidade de disfrutar da música interpretada pola Banda Municipal de Santiago nun concerto titulado "BANDANZA", acompañados nesta ocasión por unha parella de bailaríns profesionais.

    Este concerto seguro servirá de motivación para coñecer e apreciar, non só esta agrupación tan importante na música galega, senón tamén para descubrir e achegarse ao mundo dos bailes de salón.

   Esperamos que sirva tamén de impulso para que, neste terceiro trimestre, os nenos e nenas realicen na clase de música algunha danza colectiva, popular ou tradicional. É, quen sabe, quizais algún día, algún neno ou nena  vos sorprenda...

    Podedes ver máis información na páxina de Compostela Cultural- Didáctico, premendo neste enlace.

 

 

Distribuir contido