Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

Animación á lectura

Anxo Moure contacontos medioambiental: a música das árbores.

   O Equipo de dinamización da Biblioteca programou para o 24 de abril,  despois do día do libro, a visita dun contacontos-animador-ecoloxista e pacifista: Anxo Moure. Foi para educación infantil e para os de 2º de primaria do colexio e os rapaces pasárono xenial. Os de 2º de primaria estiveron lendo e traballando o libro do "Caramulo". As aulas de educación infantil leron o libro "O carballo con botas" e fixeron actividades relacionadas con esta historia e que xa vos irán contando nos blogs de infantil e na web do cole. Ver máis no blog da Biblioteca.

   En este montaxe de video intentouse recoller en apenas uns minutos unha moi pequena parte do que fixo Anxo para os nenos.

En este outra montaxe tedes fotos durante  o contacontos.

No día do libro: unha porta, unha aventura!

Para conmemorar o  Día do libro que se celebrou o 23 de abril, o Equipo de Dinamización da Biblioteca propuxo  que cada clase decorase a súa porta como se fose a portada dun libro. Pequenos e maiores traballaron para transformar as súas portas. Eles e elas foron os que escolleron os libros para traballar... Esta montaxe ofrece unha visita por tódalas portas do colexio de primaria e infantil. (Para ver a entrada completa entrade na Web da Biblioteca)

Como nas portadas dos libros, cada porta ofrece unha historia e moitas aventuras. Pasade!

Día do libro: unha porta, unha lectura!

   O Equipo de Dinamización da Biblioteca propuxo para conmemorar o  Día do libro que se celebra hoxe 23 de abril, que cada clase decorase a súa porta como se fose a portada dun libro. Pequenos e maiores traballaron para transformar as súas portas.

  En esta montaxe xa podedes ver como quedaron as portas de infantil. (en breve subiremos as de primaria)

Anxela Loureiro: "Choiva de ras" na Maía

O xoves 28 de marzo os alumnos de 3º de primaria recibiron a visita de Ánxela Loureiro. A súa obra“Choiva de ras” foi a que traballaron os nenos nas clases cos seus titores e trátase dunha ventura protagonizada por animais, chea de música e humor, que afonda nos valores da amizade, a solidariedade e o respecto. Ánxela deleitounos coa súa guitarra tocando as canción do libro.

Ver máis información sobre a escritora e a súa obra no blog da Biblioteca.

 

Mercadillo solidario: trocando xoguetes por libros!

 

Os Equipos de Normalización Linguística e de Dinamización da Biblioteca colaboraron na organización deste MERCADILLO SOLIDARIO no Nadal. Fíxose un intercambio de libros, usados pero en bo estado, por xoguetes que foron entregados para a Oficina de Voluntariado do Concello de Ames.

   Os libros foron donados pola Biblioteca do centro e polas aulas e  empaquetados en primaria polos profes e os rapaces que colaboran na Biblioteca. Colocáronse dous postos de intercambio, en primaria e en infantil, que foron todo un éxito.

  

  Moitas gracias a todos polos xoguetes entregados que de seguro serviron para alegrar a moitos rapaces!.

 

As cabazas do Samaín

   

SAMAIN         

   No cole o celebramos coa “Mostra de cabazas e produtos do outono”. Dende o colexio queremos agradecer o entusiasmo e colaboración das familias, pois  grazas aos seus traballos podemos realizar esta actividade, que serve para actualizar e vivir as nosas tradicións .

    Este ano cambiamos de escenario e realizouse na cristaleira do 2º andar. A biblioteca quixo participar mostrándonos  libros que fan referencia a esta época do ano e fixemos a súa lectura nun ambiente moi axeitado.

   Un vistazo á creatividade da exposición das cabazas nestes videos e nas presentacións en PDF adxuntas:

   E ademáis os equipos de dinamización de biblioteca e extraescolares colaboraron para facer unhas sesións de contacontos a cargo da profesora Mavi. Sobre todo os máis pequenos quedaron encantados!

Antonio García Teijeiro e "Poemar o mar": Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. 2017

  Antonio García Teijeiro (Vigo 1952) acaba de obter o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil  2017 pola súa obra  "Poemar o mar".

 
   O premio está concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deportepara distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado que esté editada en España durante o ano 2016.
 
Ler máis sobre o autor e o premio no blog da Biblioteca premendo AQUÍ
 

Aviso desde a Biblioteca

Estimados pais/nais:

            

    Durante este curso escolar, os alumnos e alumnas de 1º de Educación Primaria estréanse como usuarios autónomos da Biblioteca Escolar. Aínda que xa fixeron uso dela durante a súa etapa de Infantil acompañados polo profesorado, a partires de agora poden visitala durante os recreos e facer uso do servizo de empréstito a domicilio. Por este motivo, e para un mellor funcionamento do mesmo, pregámoslles fagan un seguimento dos libros que levan para a casa, intentando que os devolvan dentro do prazo indicado nunha das primeiras páxinas. Asi mesmo intentaremos que os coiden e respecten como un ben común a ser disfrutado por todos/as.

 

   Agardando que nos beneficiemos deste e outros servizos da biblioteca, reciban un cordial saúdo.

 

                                              O Equipo da Biblioteca Escolar.

 

Rasi visita aos alumnos de 2º

   Os alumnos de 2º recibiron na Biblioteca a visita de RASI, a mascota dos libros "La pandilla de la ardilla" da editorial SM que estiveron a ler nas clases. A visita de Rasi, que nos chegou desde un colexio de Astorga, foi todo un éxito!           Ver máis no blog da Biblioteca +

Jacobo Fernández Serrano cos alumnos de 2º

  Os nenos e nenas de 2º  recibiron fai uns días a visita de Jacobo Fernández Serrano autor de "A pedra e as formigas", e agora queren compartir con vos este video cunha montaxe das fotos da sesión.

 

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.

by Dr. Radut