Animación á lectura

Rasi visita aos alumnos de 2º

   Os alumnos de 2º recibiron na Biblioteca a visita de RASI, a mascota dos libros "La pandilla de la ardilla" da editorial SM que estiveron a ler nas clases. A visita de Rasi, que nos chegou desde un colexio de Astorga, foi todo un éxito!           Ver máis no blog da Biblioteca +

Jacobo Fernández Serrano cos alumnos de 2º

  Os nenos e nenas de 2º  recibiron fai uns días a visita de Jacobo Fernández Serrano autor de "A pedra e as formigas", e agora queren compartir con vos este video cunha montaxe das fotos da sesión.

 

Destinos literarios desde a Biblioteca

 

  O pasado 24 de outubro foi o día das Bibliotecas escolares e todo o Centro se implicou na proposta do Equipo de escoller DESTINOS LITERARIOS  e facer postes indicadores con sinais que os indicasen.  Ver máis no blog da Biblioteca +

Este foi o resultado. Grazas a todos por colaborar!

Os postes indicadores están agora nas entradas dos edificios de primaria e infantil. 

Agustín Fernández Paz

   Desde o Ceip A Maía o noso sentido adeus ao grande Agustín  Fernández Paz. Fai moitos anos que prestou desinteresadamente o seu nome para a nosa Biblioteca escolar e sempre nos sentimos agradecidos e orgullosos de levalo e seguirá sendo así. Continuaremos incansablemente espallando a lectura baixo o noso/teu lema “Onde hai unha biblioteca, hai unha luz que traspasa todos os muros. Coma un faro, expande ao seu redor ondas de imaxinación e liberdade” (Agustín Fernández Paz)

 

Grazas mestre!

(A nosa Biblioteca Escolar tamén se despide de Agustín: ler +)

BIBLIOPATIO

   No colexio inauguramos un novo espazo  lector e lúdico: o BIBLIOPATIO, que será utilizado polos rapaces no recreo, na hora de ler e nas ocasións que o precisen. Delimitado con alfombra, cintas, plantas, é un espazo recollido que esperamos sexa unha nova zona de disfrute lector. Ten de fondo a obra gráfica que fixeron os alumnos de 6º o curso pasado no taller de arte urbano.

Contos para o Día Internacional do BICO

   Ás veces os telexornais traen noticias curiosas: resulta que hoxe é o DÍA INTERNACIONAL DO BICO. Así que desde a Biblioteca lembraron un  precioso conto que se lles conta aos pequenos (Bicos, bicos)  sobre como son e que lles parecen os bicos... Fixeron unha seleción de contos de BICOS na que non están todos os que son pero si son todos os que están.

    Premede no enlace para  LER  MÁIS +

 

   

     ...e un bico "de cine"

      

 

 

Bo Nadal desde a Biblioteca!

Desde a Biblioteca desexámosvos Bo Nadal:

 
"...un  Nadal  que amose
 como vai a vida             
un Nadal que cure         
con paz as feridas         
 
un Nadal 
                                    que abrigue
un Nadal  
                             turrón!
un Nadal 
                                     que acougue!
un Nadal   
                              canción!"
 

Exposición fotográfica sobre Neira Vilas

  Nos paneis da  Biblioteca e nos corredores do piso de arriba montouse unha exposición fotográfica sobre a visita de Xosé Neira Vilas ao noso centro. Tamén se puxeron algúns dos libros que forman parte do noso fondo bibliográfico. O libro de visitas, no que nos deixou unhas palabras, e os libros que nos adicou, tamén son mostras da súa agarimosa presenza entre nós. 

PROXECTO LECTOR DE CENTRO

O proxecto lector de centro é un documento deseñado para desenvolver a medio prazo no que, a partir da análise do contexto en materia de lectura, se articulan todas as intervencións que se van realizar no centro en relación coa lectura, a escritura e as habilidades informativas, coa participación do profesorado das distintas áreas, materias e niveis, incorporando a biblioteca escolar e as bibliotecas de aula como recursos fundamentais para a súa posta en marcha. 

Distribuir contido