Escolares

Os monicreques de 4º

  Os alumnos e alumnas de 4º fixeron nas clases de plástica estos monicreques con planchas de espuma, roupa reciclada, pelotas, moi diversos accesorios, moito tempo, unha enorme cantidade de  imaxinación e sobre todo moitísimo traballo!

Excursión dos alumnos de 5º a A Coruña

    O día 12 de xuño os alumnos e alumnas de 5º fixeron unha excursión á cidade da Coruña. Visitaron a Torre de hércules, o Monte San Pedro (coa cidade ao fondo na foto). Noutra foto están diante do obelisco. Visitaron  o Museo  de Ciencia e Tecnoloxía onde subiron á cabeza dun avión Boeing 707. (Para ver as fotos en grande premede nos ficheiros adxuntos). E para ver máis fotos da actividade entrade na Galería.

     Tamén fixeron actividades de grupo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Retratos de María Victoria Moreno

     Retratos de María Victoria Moreno realizados polos alumnos de 1ºC para o Día das Letras Galegas.

"A historia extravagante de Hipo & Gavante": debuxos do concerto

O pasado 16 de marzo asistimos á representación desta obra interpretada pola Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela.

 Antes de ir ao concerto, traballamos tanto a parte musical como o conto. Entre todos fomos completando as rimas e adentrándonos na historia. Á  volta do concerto e nas  clases de plástica cos titores e titoras  de 2º nivel, fixeron  debuxos  sobre o conto. Podedes velos premendo AQUÍ  e tamén nesta imaxen .

    Esta suite sinfónica composta por Cristóbal López Gándara no ano 2014 sobre o conto de Nono Granero do mesmo título,  conta as peripecias dun Hipopótamo que, cansado de vivir no mesmo recodo do río, decide tomarse unhas vacacións no mar para cambiar de aires e onde se fai amigo dun bogavante ao que lle gusta moito o café.

    O alumnado tamén dispón do libro  ("A historia extravagante de Hipo e Gavante” ) na biblioteca do colexio para lelo ou poder levalo a casa e seguir disfrutando desta  maravillosa historia.

Saída de 5º: Museo de Historia Natural e SGAE

  O venres, 23 de febreiro, os alumnos e alumnas de 5º de primaria  fixeron unha saída ao Museo de Historia Natural, o Luis Iglesias, en Santiago. Ao rematar, foron á SGAE, á Praza do Obradoiro e á Porta Santa, na Praza da Quintana. Por último, antes de volver ao autobús para regresar ao colexio, descansaron nun parque de Vista Alegre.

   Nesta presentación tedes algunhas fotos da saída e o texto redactado pola alumna Inés Peña. Premede na imaxe para abrila.

Os de 1º foron ver "OSIÑO" no teatro Principal

       

   Os alumnos e alumnas de 1º de primaria fixeron unha saída en bus a Santiago para ver no Teatro Principal a representación de  "OSIÑO".  Na obra, a cargo da Compañia Trompicallo, vemos como transcurre a vida  de Osiño, súa nai e os amigos que vai facendo, nun anaquiño da fraga, e como esta se vai transformando coas diferentes estacións. Un fermoso soño para nenos e nenas que lles encantou!. Tanto alumnos como profesores disfrutaron coa obra e o paseo polas rúas de Santiago.

Ficha artística:            

Autores:         Marian Glez./ Luís Glez./ Sabela Amado/ Kevin Stewart

Dirección:      Kevin Stewart

Titiriteiros:    Sabela Amado Rojo / Marian González / Luís González

Deseños técnicos e artísticos:         Trompicallo

Músicas:         Ignacio Sanz

 

 

Os piratas de 2º

   Os piratas de 2º C de primaria estiveron quentando motores durante a semana previa para celebrar o Entroido.

"A danza da choiva"

 

  A semana pasada os alumnos de 1º de primaria asistiron na Aula de Cultura do Concello a  representación da "Danza da choiva", un espectáculo da compañía de teatro Elefante elegante

"A DANZA DA CHOIVA trata un tema serio a través dunha posta en escena poética e visual: Que acontecería se de súpeto deixáse de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre? Esta é a pregunta que coloca a DANZA DA CHOIVA, un espectáculo sen palabras onde conviven o teatro xestual, a danza, a manipulación de obxectos e os monicreques".

Autoría, Dramaturxia, Escenografía e Dirección María Torres e Gonçalo Guerreiro

Interpretación María Torres e Gonçalo Guerreiro

Deseño de Iluminación Dani Pais

Coreografías Ánxela Blanco

Música Mano Panforreteiro

Vestiario Marcia Edleditsch

No Pazo do Faramello

 Aínda que con algo de retraso queremos completar unha entrada anterior da visita dos alumnos de 5º ao Pazo do Faramello.

  Neste PDF tedes algunhas das fotos realizadas durante a visita ao Pazo co xardín do recordo e ao seu entorno.

Punto de Igualdade

  Dentros dos actos pola igualdade e contra a violencia de xénero que se realizan no Concello de Ames, está a creación dunha Biblioteca sobre o tema, que foi presentada, entre outras, pola directora do Centro de Información á Muller de Ames (CIM), María Teresa Arufe. Con esta iniciativa que se chama PUNTO DE IGUALDADE búscase promover a través destes libros o respecto, a igualdade e a seguridade en si mesmas das alumnas e alumnos do Concello para que sexan capaces de cambiar  o mundo no que viven.

(no PDF adxunto están recollidas algunhas fotos da presentación)

Distribuir contido