Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

Escolares

Excursión 6º de Primaria a Manzaneda

   Os alumnos e alumnas de 6º remataron xa a primaria e andiveron polo colexio a despedirse de todo o mundo. Boa sorte rapaces na vosa nova andaina!.

  Podedes ver as fotos da excursión de fin de curso a Manzaneda premendo neste enlace ou na GALERÍA DA WEB.

 

Excursión 5º de Primaria á Fervenza do río Toxa

  Podedes ver as fotos da excursión dos alumnos de 5º a Fervenza do rio Toxa premendo neste enlace ou na GALERÍA DA WEB.

3º: Un Obradoiro de pan!

     Os alumnos de 3º  visitaron o espazo DOSPASOS. Participaron nun  obradoiro  onde aprenderon a amasar e facer pan seguindo as instruccións en inglés de Sarah Phillips. Unha bonita experiencia. 

Visita de 4º ao Dolmen de Dombate e ao Castro da Cidá de Borneiro

 

  Os alumnos e alumnas de 4º de primaria  visitaron o 29 de maio o Dolmen de Dombate e o Castro da Cidá de Borneiro en Cabana de Bergantiños.

  Os alumnos fixeron actividades e tiveron unha visita guiada. Achegáronse así a unha parte importante da nosa historia. O monumento megalítico de Dombate foi usado entre o ano 3.800 a.C. ata o 2.700 a.C.  e o Castro da Cidá estivo habitado entre os séculos VI a.C. e o I d.C.. Viñeron encantados!

 

Dúas actividades de 2º de primaria

  Esta montaxe recolle fotos de dúas das actividades nas que participaron os alumnos e alumnas de 2º de primaria: a visita de Anxo Moure (24 de abril) do que traballaron nas aulas o seu libro "Caramulo e a carpinteira dos soños", unha homenaxe á sabedoría das persoas que construían os xoguetes populares, e os xogos cooperativos pola Paz (30 de xaneiro).

Os alumnos de 2º despiden o curso en Marcelle

  Os alumnos e alumnas de 2º de primaria con Antonio, Jesús, Luis, Pura e Katy, pasaron un fantástico día de excursión de fin de curso visitando o Centro de Natureza de Marcelle. A visita, guiada polos monitores do parque pretende, ademáis de pasar un día divertido, sensibilizalos e motivalos a coidar e conservar a biodiversidade.


   No PDF adxunto está o mapa do recorrido polo parque e premendo nesta imaxe (da súa páxina) tedes as fichas dos animais que viron.

Maquetas dos alumnos de 3º para o ciclo da auga

  Os alumnos e alumnas de 3º realizaron estos DIORAMAS DE CAIXA  que representan o CICLO DA AUGA cos procesos de vaporización, condensación e precipitación. Un traballo  que mostra que a cantidade de auga da que dispoñemos no planeta é limitada e sempre é a mesma. Por tanto é un recurso que compre coidar e respetar!

Os alumnos de 1º visitan Fervenza do Toxa

 Os nenos e nenas de 1º fixeron unha saída de fin de curso á granxa escola da Fervenza do Toxa en Reboreda, Silleda. Coñeceron as características e coidados dos animais e interactuaron con eles, traballaron na horta ecolóxica e participaron no taller de pan. Pasárono en grande na visita. Nestas imaxes podedes comprobalo!

Sofía Oriana Infante: unha compositora no colexio!

"Neste curso no colexio temos a sorte de ter  a unha compañeira facendo unha substitución na materia de música: Sofía Oriana Infante. Nunha conversa sobre música  e a materia  que ela vai impartir, coméntame que ademais de mestra especialista en Educación Musical é tamén compositora. Recentemente compuxo a banda sonora da película Elisa y Marcela de Isabel Coixet, entre outros  traballos.

Propóñolle entón que lles dé unha charla aos alumnos e alumnas de 6º curso. Inmediatamente Sofía acepta e a organizamos antes de que remate a súa substitución. Non é unha oportunidade que xurda todos os días e non queremos desaproveitala. Os nenos e nenas  coñecen e teñen referencia de compositores e de mulleres músicas, pero non de compositoras e nos pareceu  unha excelente oportunidade de que coñeceran esta profesiónda man dunha compositora de actualidade.

 Durante a interesante charla que Sofía ofreceu aos nenos e nenas de 6º,  faloulles sobre os anos de estudos e de formación que esixe chegar a ser compositora e animounos a perseguir e persistir para conseguir os seus sonos. Tamén lles explicou como algúns  compositores/as non dispoñen dunha orquestra cando están a compoñer, senón que utilizan, previo pago, as “bibliotecas de sons”.  Os nenos/as comprobaron a través de exemplos prácticos que ela puxo, como a música nos transmite moita información e por iso é fundamental nunha película. Amosoulles un dos seus traballos e lles fixo reflexionar  finalmente, sobre a importancia de estudar, coñecer e prepararse para poder diferenciar e seleccionar, a boa música.

 Os nenos e nenas, que amosaron moito interese polo tema, ao final poideron facerlle preguntas a Sofía. Algunhas delas foron, por certo moi interesantes: que sentiches cando te escolleron para facer a banda sonora desa película? ou, se poideras escorller compoñer unha banda sonora, para que director a farías?

  Como vedes a charla resultou tremendamente proveitosa como xa esperábamos e desde aquí queremos darlle a Sofía as grazas unha vez máis".

Ligazóns:  

www.sofiainfante.wixsite.com/composer                                          

https://www.google.com/search?client=firefox-b-d&q=sofia+oriana+infante+souto

 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2018/06/06/xan-viano-componer-coixetferrolana-referentes/0003_201806F6C12993.htm

 

Un traballo de interiorismo dos alumnos de 6º: MAQUETAS

   Os alumnos e alumnas de 6º realizaron estas MAQUETAS DAS HABITACIÓNS. Un traballo de "interiorismo" no que non esqueceron ningún detalle!. Ampliade a pantaia completa para apreciar o traballo realizado en cada unha. As maquetas están expostas no corredor do 2º andar. 

 

 

 
Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.

by Dr. Radut