Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

CIRCULAR INFORMATIVA

CIRCULAR 4/2018_19

 

Estimadas nais, pais,  familias,

Á volta destes días non lectivos de maio ( 30 e 31), xa entramos no último mes de curso. Quero transmitirvos varios avisos importantes sobre os seguintes aspectos:

1.- Axudas para libros e material e participación en fondo libros, lembrade que o prazo  rematará o día 21 de xuño de 2019 (este incluído).

2.- Devolución dos libros do fondo solidario:

Prazo:

3º de educación primaria: mércores 19 de xuño.

4º de educación primaria: xoves 20 de xuño.

Lugar e horario de devolución:

Secretaría do centro. De 9:05 a 14:05

Condicións para a devolución:

·         Deben devolvelos os pais, nais, titores legais do alumnado.
·         Os libros teñen que estar en bo estado.
·         Forrados.
·         Sen marcas de lapis, bolígrafo, rotulador, etc.

·         É  obrigatorio retirarlle as etiquetas co nome do alumno ou alumna.

 Non se recollerá ningún libro que non cumpra estas condicións

Si o pai, nai ou representante legal do alumnado  o solicita, poderáselle xerar un documento de “recollida” dos libros de texto efectivamente devoltos.

3.- Solicitude de transporte escolar para o curso 2019-20.

Dende o 10 ao 20 de xuño poderase presentar a solicitude na secretaría do centro. Poderase descargar o modelo de solicitude na web do centro ou recollela directamente en secretaría, en ambas opcións estará dispoñible dende o día 9 de xuño.

Lembrade que o servizo de transporte hai que renovalo todos os cursos.

4.- Campaña anual de recollida de roupa para a fundación Glorr

Igual que en cursos anteriores, faremos a campaña de recollida de roupa en xuño. Si desexades colaborar podedes traer as bolsas con roupa entre o día 3 e o día 5 de xuño e depositalas en conserxería. Tamén avisar de que hai moitísima roupa extraviada (chaquetóns, plumíferos, xerseis, sudadeiras, etc.) e, si ninguén vén a recuperala, doarase á fundación.

5.- Entrega de boletíns e remate das clases

O curso rematará o 21 de xuño de 2019 e os boletíns informativos coas cualificacións do alumnado entregaranse ese mesmo día.

6.- Recollida do historial académico do alumnado de 6º de educación primaria.

Desde o luns 1 de xullo e durante todo o mes, poderedes recoller  o historial académico do voso fillo ou filla. Debedes pasar por secretaría, e asinar a recollida. Horario de atención: de luns a venres, de 10:30h. A 13:00h.

Dende o centro enviamos unha copia do historial ao centro de educación secundaria en que prosiga os seus estudos o alumno ou a alumna, por pedimento do centro de educación secundaria.

 

Bertamiráns, 29 de maio de 2019

 

 

A DIRECTORA

 

Mª Isabel Abelleira Bardanca



Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

blog | by Dr. Radut