Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2019-2020

 

INFORMACIÓN  IMPORTANTE

PRAZO

Aberto do 1 ao 20 de Marzo

NORMATIVA DE ÁMBITO AUTONÓMICO

Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 245 do 26 de decembro de 2012).

 

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 53 do 15 de marzo de 2013).

 

Corrección de erros da Orde do 12 de marzo.

 

DOCUMENTACIÓN QUE SE PRECISA

1.    Anexo II de solicitude de admisión

Presentarase unha única solicitude, dirixida á dirección do centro.Para quen a queira cubrir a man, poderá descargala aquí a partir do día 1 de Marzo ou recollela directamente no centro.

Tamén poden cubrir o formulario de admisión a través do menú Solicitudes - Admisión - Crear. Feito iso poden optar por:

  • Se dispoñen de certificado dixital ou Chave365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.
  • Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo solicitado en primeiro lugar.

A solicitude presentarase no centro que se solicite en 1º lugar. Nela poderán relacionarse outros seis centros, por orde de preferencia.

Na columna “puntuación” da solicitude (Anexo IIos solicitantes cubrirán os datos numéricos con claridade, poñendo un “0” onde non haxa puntuación. Posteriormente deberán acreditar este baremo coa documentación pertinente.

Alumnado con Necesidades Educativas Específicas. Na solicitude os pais, nais ou titores legais deberán manifestar se optan a unha praza para alumnado con necesidades educativas específicas, achegando, se fora o caso, a documentación que acredite as circunstancias alegadas.

Os Centros expedirán unha copia selada e con data de entrega por cada solicitude presentada a quen o solicite.

As solicitudes presentadas fóra de prazo perderán prioridade en relación coas presentadas no prazo establecido e serán remitidas á comisión de escolarización.

 

2.    O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude (Anexo II) de admisión a seguinte documentación:

o    Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a consulta.

o    Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a: libro de familia ou DNI

o    Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo II.

o    Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se e o caso.

o    Condición de familia numerosa e/ou monoparental, se procede.

o    Xustificantes de concorrencia de minusvalía no alumno/a a matricular ou en titores/as ou irmáns do alumno/a, se é o caso.

o    Folla de empadroamento de toda a unidade familiar

 

Recomendamos entregar toda a documentación acreditativa de méritos puntuables no momento de presentación da solicitude de admisión para aplicar o baremo correspondente no caso de haber máis solicitudes que prazas.

 BAREMO:

Cando finalice o prazo de presentación de solicitudes, se a demanda supera a oferta de prazas, abrirase un prazo para que se presente a documentación xustificativa dos méritos alegados. A non presentación dalgún deles suporá a renuncia explícita a ser baremado no criterio correspondente.

1.- Documentación acreditativa dos criterios de puntuación alegados:

Domicilio: (Certificación de domicilio familiar expedida polo Concello de Ames con un ano de antigüidade)

Criterios de: Traballo, discapacidade... (Documentos acreditativos)

Irmáns no centro: Certificación da secretaría do centro.

Criterio do centro: 1 punto por solicitar admisión en centro público, en 1º lugar.

  2.- Datos referidos á renda. Cando se solicite puntuación por renda deberán valorar o seguinte: Suma das casiñas 412 e 435 da declaración de 2017, dividida entre o número de membros da unidade familiar a 28-2-2019.

Año IPREM
Mensual
IPREM Anual
(12 pagas)
IPREM Anual
(14 pagas)
2017 537,84 € 6454,03 € 7519,59 €
http://www.irpf.eu/iprem.html

3.- Empate na puntuación En caso de empate na puntuación aplicaranse sucesivamente os criterios de desempate establecidos no art. 29 da Orde do 12 de marzo de 2013.

PUNTUACIÓN BAREMO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2019/20

1.- Criterio  proximidade   do domicilio familiar ou proximidade do lugar de traballo (SON EXCLUÍNTES)

a)    Proximidade do domicilio familiar:

 1º. Se se atopa na área de influencia do centro: 6 puntos.

2º. Se se atopa nas áreas limítrofes á área de influencia do centro: 3 puntos.

b)    Proximidade do lugar de traballo:

 1º. Se está situado dentro da área de influencia do centro: 4 puntos.

 2º. Se está situado nas áreas limítrofes á área de influencia do centro: 2 puntos.

 

2.- Criterio renda anual per cápita da unidade familiar (DEBEN AUTORIZAR A CONSULTA DE DATOS)

 De non formularse esta autorización, a solicitude valorarase con 0 puntos neste criterio de admisión.

A valoración da renda anual per cápita da unidade familiar realizarase con referencia ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) correspondente ao exercicio fiscal ao que se refire o punto 1 deste artigo.

 4.- criterio da condición de familia monoparental

 Esta circunstancia acreditarase mediante fotocopia do libro de familia, certificado de convivencia, resolución xudicial de separación, divorcio ou medidas paterno-filiais ou convenio regulador.  A valoración deste criterio é de 2 puntos.

 5.- criterio de discapacidade

a) Por discapacidade da alumna ou alumno: 4 puntos.

b) Por discapacidade dunha/un das/dos proxenitoras/es ou titoras/es: 3 puntos.

c) Por discapacidade dalgunha/un das/dos irmás/áns da alumna ou alumno: 1 punto por cada unha/un delas/es.

 6.- criterio complementario aprobado polos centros

 Por solicitar en 1º lugar un centro público: 1 punto

Puntuación total e criterios de desempate

1. A puntuación total acadada conforme os criterios e valoración establecidos nos artigos precedentes decidirá a orde de admisión.

2.  No caso de empate na puntuación final, resolverase atendendo á maior puntuación obtida en cada un dos referidos criterios atendendo a seguinte orde de prelación: 

 a) Existencia de irmás ou irmáns matriculadas/os no centro.

 b) Nai, pai ou titoras/es que traballen no centro.

 c) Proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo de nai, pai ou tito‑ ras/es.

 d) Renda anual per cápita da unidade familiar.

 e) Condición de familia numerosa.

 f) Condición de familia monoparental.

 g) Concorrencia de discapacidade na alumna ou alumno, na nai, pai ou titoras/es ou nalgunha/un irmá ou irmán.

h) Expediente académico do alumnado, no seu caso.

i) Criterio establecido polo centro educativo.

3.- Comisión de escolarización: Se o número de solicitudes fora maior que a oferta de prazas, os centros remitirán estas solicitudes á Comisión de Escolarización.

 

OFERTA DE POSTOS ESCOLARES: PREVISIÓN DE VACANTES PARA O CURSO 2019/20

NIVEL EDUCATIVO PRAZAS PERMANENCIAS VACANTES
4º EI (3 ANOS) 75 ------- 66+9**
5º EI (4ANOS) 75 52 23
6º EI (5 ANOS) 75 54 21
1º E PRIMARIA 75 70 2+3**
2º E PRIMARIA 75 77 0
3º E PRIMARIA 75 73 2
4º E PRIMARIA 75 71 4
5º E PRIMARIA 75 74 1
6º E PRIMARIA 75 75 0

** PRAZAS RESERVADAS PARA ALUMNADO CON NEAE. SI ESTAS PRAZAS NON SE CUBREN, OFERTARANSE COMO VACANTES NO PROCESO ORDINARIO.

 

PRAZOS DE TODO O PROCESO  DE ADMISIÓN

CALENDARIO para todo o proceso de admisión 2019/20, cos prazos.

Calendario do proceso de admisión para o curso 2019/20
Reserva de praza  Do 1 ao 15 de febreiro
Listaxe asignación prazas centros adscritos  Antes do 28 de febreiro
Publicación de vacantes 1 de marzo
Presentación de solicitude de admisión  Do 1 ao 20 de marzo
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  Antes do 25 de abril.
Publicación de listaxes definitivas  Antes do 15 de maio
Formalización de matrícula  Do 20 ao 30 de xuño

ÁREA DE INFLUENCIA

Publícase a zona de influencia deste centro, coa relación de rúas e de lugares incluídos. Xúntanse os mapas correspondentes.

 

 

CENTROS ADSCRITOS

Os centros adscritos a este centro son: EEI de Covas, que comparte adscripción co CEIP de BAROUTA.

Así mesmo, o Ceip A Maía está adscrito a IESP de Ames.

PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO. (P.E.C.)

Poden consultar o Proxecto Educativo do Centro (PEC) pulsando aqui.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS

 Este centro oferta os seguintes servizos complementarios:

SERVIZO ORGANISMO DE QUEN DEPENDE
Transporte CEIP A Maía- Consellería de Educación
Comedor Concello de Ames
Bos días cole Concello de Ames
Tardes Divertidas Concello de Ames
Actividades extraescolares ANPA, Concello de Ames e CEIP A Maía

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA.

Do 20 ao 30 de xuño

OUTRAS INFORMACIÓNS

 Para máis información diríxanse á Secretaría ou á Dirección do centro. Tamén poden acceder á nosa páxina web:http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/

Ou acceder á páxina da Consellería de Educación con información sobre admisión 2019/20.

 

Bertamiráns, 28 de febreiro de 2019

A DIRECTORA

Mª Isabel Abelleira Bardanca

 



Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

blog | by Dr. Radut